Notas de prensa

Posta en marcha da primeira cartografía das mulleres migrantes relacionadas coa música e outras artes en Galicia

Un consorcio formado por persoal investigador das tres universidades galegas, liderado desde a Universidade de Santiago de Compostela pola docente Luzia Oca e a ONG Ecos do Sur, están a traballar no proxecto ‘Mulleres á fronte dende o Sur Global. Investigación e intervención participativa en materia de desenvolvemento e igualdade a través da música’.

Trátase da elaboración dunha cartografía das mulleres migrantes relacionadas coa música e outras artes en Galicia O proxecto inspírase na experiencia do grupo de mulleres de orixe caboverdiana ‘Batuko Tabanka’ de Burela, e na potencialidade do xénero musical do batuko, tradición cultural na illa de Santiago, onde existen decenas de grupos de mulleres unidas pola súa práctica.

O proxecto, que conta co financiamento da Xunta de Galicia a través de Cooperación Galega, está a servir como referencia para identificar aquelas mulleres migrantes en Galicia relacionadas coa creación e transmisión musical, xa sexa de xeito profesional ou amateur, e outras artes escénicas, como teatro, danza, circo... para crear unha cartografía que as identifique e recolla as súas experiencias e propostas.

Desde a Universidade da Coruña participan as investigadoras Antía Pérez Caramés, Kenia Raquel Espiñeira González, Ángela Estefanía Tarrío Maneiro, Sarah Lamas, e Belén Fernández Suárez, quen explica “a relevancia de poñer en valor as producións culturais ligadas ás mulleres migrantes asentadas en Galicia e a necesidade de articular investigacións sociais que apliquen novas metodoloxías innovadoras (audiovisuais e sonoras) para dar a coñecer a riqueza cultural que vén da man das mulleres migrantes”.

O proxecto conta cunha primeira fase de traballo que se desenvolve en Galicia e Cabo Verde, e as persoas interesadas en participar no estudo poden inscribirse a través dunha páxina web. Deste xeito créase unha base de datos de grupos nas localidades do municipio de Ribeira Grande de Santiago, ao tempo que en Galicia se realiza outro rexistro de mulleres migrantes implicadas na música e outras artes escénicas, para crear unha cartografía que as identifique e recolla as súas experiencias e propostas. O obxectivo xeral do proxecto é desenvolver, a partir dunha investigación participativa, unha ferramenta metodolóxica aplicada para a intervención en materia de igualdade de xénero a través das expresións artísticas con mulleres migrantes.

Segundo explica a antropóloga Luzia Oca gonzález, coordinadora do proxecto, “o propio nome do proxecto é unha chiscadela de ollo á famosa expresión “Girls to the front!”, coa que cristaliza o movemento de punk feminista riot grrrl durante os anos noventa, unha chamada a que as mulleres ocupen os escenarios e a parte frontal nos concertos, de onde en tantas ocasións tiñan sido apartadas e desprazadas”.

Arquivo dixital

O conxunto dos datos recollidos integrará un arquivo dixital cos recursos e creacións musicais dos grupos de batukadeiras do municipio de Ribeira Grande de Santiago, coa vontade de ser ampliado posteriormente ao resto da illa e comunidades migrantes. O consorcio quere apoiar, deste xeito, o proceso de valorización do batuko que se está a desenvolver en Cabo Verde, contando coa colaboración e apoio do Instituto de Igualdade e Equidade de Género e a Organização de Mulheres de Cabo Verde.

O proxecto permite revisar de forma crítica, xunto cos grupos de mulleres (batukadeiras e migrantes), “cuestións vinculadas ás relacións e desigualdades de xénero, propondo a construción de alternativas igualitarias que faciliten os procesos de cambio social no camiño da igualdade de xénero”, matiza a profesora Oca. Capacitar os grupos de batukadeiras e migrantes para que difundan as súas creacións de forma independente, tanto a través do arquivo como por outros medios dixitais é outra das metas deste consorcio, alén de propiciar o xurdimento de estratexias individuais ou colectivas de superación das desigualdades e violencias que sofren as mulleres.

Universidade da Coruña (UDC), 2024-05-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

A USC impulsa un marco institucional para integrar a IA de maneira responsable, segura e transparente na docencia, na aprendizaxe, na investigación, na transferencia de coñecemento e na xestión universitaria. A iniciativa, aprobada en Consello de Goberno, articúlase a través dun regulamento de aplicación xeral ao que se suma o Plan de Formación en Intelixencia Artificial Responsable (FIAR).
O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES