Actualidad de Sociedad

Noticias sociedad

O xurado do XXIII Premio Internacional Grupo Compostela–Xunta de Galicia, reunido a pasada semana en Santiago de Compostela, decidiu recoñecer o académico e investigador George Greenia pola súa “fecunda traxectoria universitaria, vinculación con Galicia e contribución á difusión internacional do fenómeno xacobeo”. Ao comunicarlle a decisión, o premiado declarou que aceptaba este “xeneroso recoñecemento dos esforzos” realizados a través do Instituto de Estudos das Peregrinacións da William & Mary, unha institución con sede na cidade estadounidense de Williamsburg e centrada na “ investigación científica das viaxes de transformación persoal en todo territorio, tempo e tradición”.
A demora media das consultas de atención primaria en Galicia é de 2,79 días, mentres que a media de España sitúase en 4,77 días. Así se desprende dos datos correspondentes a 2018 do Barómetro sanitario, publicados polo Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social. Ademais, as persoas que acudiron a un centro de atención primaria do Sergas manifestan, nun 88,1% dos casos, unha valoración moi positiva (boa o moi boa) na atención recibida. A cidadanía galega valora a atención primaria da nosa comunidade con 7,47 puntos sobre 10 (7,31 no Sistema Nacional de Saúde), sendo especialmente apreciados a confianza e a seguridade que transmite o persoal médico (7,70) e enfermería (7,57).
No marco do proxecto multidisciplinar 'Sonoro empeño. A música nas Coleccións ABANCA e Afundación', ABANCA e Afundación organizaron unha extensa programación de actividades complementarias. Nesta ocasión presenta o ciclo de actividades 'Sábados musicais' dirixidos a nenos e nenas de entre 4 e 9 anos. Desenvolveranse todos os sábados do mes de abril. Esta proposta responde o propósito da entidade de potenciar as experiencias interactivas dentro das súas actividades para estender a programación máis aló da propia exposición, mostrando na práctica o diálogo permanente entre as distintas disciplinas artísticas, e desenvolver a actividade cultural fóra dos espazos onde se desenvolve tradicionalmente.
A Xunta de Galicia contará en 2019 con case 16 millóns de euros dentro do marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. Trátanse de 7,9 millóns de euros correspondentes ao exercicio 2019, máis os fondos transferidos en 2018, que acadan 8 millóns de euros. Galicia é a única Comunidade que prevé axudas económicas directas ás vítimas, axudas que supuxeron dende o ano 2009 máis de 27 millóns de euros e 4.000 beneficiarias. Galicia conta ademais cunha Rede de Información ás Mulleres, Centros de acollida, emerxencia e recuperación integral así como asistencia psicolóxica integral para todas as mulleres vítimas e para as súas fillas e fillos.
A Cidade da Cultura e a asociación Autismo BATA queren promover a integración social das persoas con trastorno do espectro autista (TEA) coa exposición 30 anos imaxinando futuros, que desde hoxe ata o 17 de abril pode visitarse na Sala Eisenman da Cidade da Cultura de Galicia. A mostra, que abriu as súas portas esta mañá coincidindo coa celebración do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, recolle unha escolma de máis de 35 obras entre lenzos, debuxos e pezas de cerámica, todas elas elaboradas por persoas con TEA. 30 anos imaxinando futuros procura promocionar experiencias culturais positivas que permitan desenvolver a curiosidade e o sentido estético e crítico.
Un grupo de alumnos do Centro Superior de Hostelería de Galicia veñen de impoñerse como vencedores da competición Talent Match dentro do programa Smart People, a competición interuniversitaria que premia cada ano as mellores ideas estudantís para afrontar os retos do sector turístico no que participaron máis de 300 estudantes de 16 centros universitarios. O equipo integrado por Carlos Amado, Carlos Ventoso, Juan Pérez e Pedro Prieto, alumnos de último curso de Diploma Superior en Xestión Hoteleira do CSHG venceu co seu proxecto 4 Rooms, unha innovadora idea que permite adaptar as instalacións dun hotel en función da demanda de aloxamento que se rexistra en cada momento.
A extensión da sinatura dixital e a súa integración con Minerva son parte das medidas para a implantación do Expediente Xudicial Electrónico en Galicia. En 2018 asináronse dixitalmente preto de 900.000 documentos nos xulgados galegos, unha cifra cinco veces superior á rexistrada o ano anterior. O incremento do uso da sinatura dixital está directamente relacionado co aumento de órganos xudiciais habilitados con esta funcionalidade, que pasaron de 2 a principios de 2017 a 136 ao remate de 2018. A integración da sinatura dixital co sistema Minerva que empregan xuíces, letrados e funcionarios, e con Fortuny, o sistema dos fiscais, facilita un maior uso da firma electrónica.
Esta medida activarase cunha chamada ao teléfono de información ás mulleres: 900 400 273, que pode ser realizada -24 horas, 365 días ao ano- pola propia vítima ou polas forzas e corpos de seguridade do Estado. Desde este teléfono poñeranse en contacto coa persoa da quenda de garda correspondente para garantir a presenza inmediata dun psicólogo ou psicóloga. No eido da asistencia e protección ás vítimas, aparecen novas medidas como o apoio aos menores orfos e ás vítimas gravemente feridas ou a inclusión de traballadores sociais nas Oficinas de Atención a Vítimas nos xulgados.
Ferrol contará antes do verán cunha unidade de diagnóstico e asesoramento das patoloxías derivadas da exposición ao asbesto de referencia para todos os pacientes que teñen cobertura do Sergas. Case a práctica totalidade dos casos destas patoloxías concéntrase na área sanitaria ferrolá. Nesta nova unidade vaise contratar un neumólogo, un profesional de enfermería e un auxiliar de enfermería, ademais dun auxiliar administrativo. Os obxectivos estratéxicos que persegue esta unidade son a ampliación da carteira de servizos, conseguir unha óptima coordinación asistencial con atención primaria, garantir a seguridade das intervencións ou fomentar a investigación clínica de alto nivel.
A Semana Santa galega vai gañando ano a ano en atractivo, como se pode comprobar no feito de que este ano se celebrará co maior número de festividades deste tipo declaradas de interese turístico. A nosa Comunidade conta con dúas festas recoñecidas coa máxima distinción que poden acadar no eido turístico. As de Ferrol e Viveiro son de Interese Turístico Internacional e seis máis son de Interese Turístico de Galicia: Betanzos, Cangas, o Santísimo Cristo de Fisterra, Mondoñedo, Paradela e Santiago de Compostela. A Semana Santa da capital galega estrearase este mesmo ano co recoñecemento de Interese Turístico de Galicia, tras telo acadado o pasado ano. Tamén outras localidades avanzan neste proceso, como é o caso da Semana Santa de Lugo.
| 146,1  de  390 | Siguiente »

Notas sociedad

O eido da investigación e outro dos campos nos que a USC ocupa un lugar preferente no último informe que vén de publicar a Fundación CyD. De feito, no ránking de 2016 de CyD, a USC figura entre o grupo das universidades españolas que presenta mellores rendementos.
Esta obra forma parte de la exposición “A paisaxe contra a parede” que el autor va a inaugurar en el Museo Provincial de Lugo el próximo 12 de mayo.
A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolleu a xornada “World Wine Experience. Un percorrido polos viñedos do mundo”, con varios relatorios sobre o pasado, presente e futuro do viño no mundo, cultura, comercialización e regulación, a cargo de expertos de referencia nacional e internacional, con posterior cata de viños de diferentes países incluíndo unha destacada presenza de viños galegos.
O secretario xeral de Política Lingüística participa en Vigo no acto conmemorativo da Galeguidade Empresarial onde se puxo de relevo o primeiro Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico 2015-2020 posto en marcha pola Xunta. Incídese na importancia de apoiar a inclusión da lingua na empresa.
O xornalista Miguel Ángel Aguilar recolle o galardón do XII Premio José Couso organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), o Club de Prensa de Ferrol e a Obra Social la Caixa. O xornalista premiado, Miguel Ángel Aguilar, sostén que “o primeiro compromiso do xornalista ten que ser coa vixencia das liberdades”.
Manuel Baltar e o director xeral da “Vuelta a España” deron a coñecer a repercusión promocional e económica que o evento suporá para a provincia, cun movemento de 2.500 persoas na caravana e cunha audiencia total estimada en España de 2,3 millóns de espectadores.
Queremos Galego reivindica cambios na lexislación que eviten decretazos como o do ensino ou sentenzas como a do TSXG. Marcos Maceira: “Vivir en galego é un dereito, non unha concesión”. “A escasa e limitada lexislación que ampara o galego non pode ser utilizada para atacar os espazos conquistados para a lingua pola sociedade”.
O Marisquiño defínese como unha marca con personalidade propia que lles achega aos seus seguidores unha ampla oferta cultural, coa música como complemento á programación deportiva. O festival, con 21 actuacións, repite como sede da World Cup Skateborading con 14 modalidades de deportes urbanos como o Flatland.
Distribuiranse nas rúas Ordóñez e Seixas e nas prazas do Concello e de San Fernando. Abre sábado 30 de abril e domingo 1 de maio de 12 a 22h.
A Deputación de Lugo impulsa a XV edición da Festa da Filloa en Muimenta coa achega de 3.000 euros. A Área de Cultura da Deputación tamén colabora, nesta cita, coa actuación do grupo de gaitas “Entre lusco e fusco”, e a actuación do grupo De Vacas.


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES