
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o director xeral da Vuelta a España, Javier Guillén, presentaron no Castelo de Maceda os datos referidos á repercusión económica e mediática que terá para a provincia de Ourense a celebración de catro etapas da 71ª edición da Vuelta en territorio ourensán. Segundo destacou Javier Guillén, o retorno económico da proba ciclista suporá en cinco días uns ingresos mínimos na provincia de Ourense de 2 millóns de euros, no que atinxe á hospedaxe, manutención, combustible e demais gastos que ocasiona a presenza das 2.500 persoas que integran a caravana da Vuelta a España, entre ciclistas, técnicos, persoal de apoio e de organización, seguridade e medios de comunicación, que contan xa con 1.198 xornalistas, fotógrafos e técnicos acreditados.
A audiencia total estimada en España é de 2,3 millóns de espectadores, mentres que no ámbito internacional, o ano pasado 390 millóns de persoas de todo o mundo seguiron a Vuelta a España en 190 países, sendo os máis destacados desde o punto de vista promocional Portugal, Francia, Bélxica, Holanda, Noruega, Dinamarca, Italia, Estados Unidos e Canadá.
A provincia de Ourense será a protagonista principal da 71ª edición da proba ciclista, pois o 10 % do percorrido da Vuelta correrase por estradas de Ourense (300 quilómetros), coa retransmisión da presentación no Balneario de Arnoia e a transmisión íntegra da primeira etapa, unha contrarreloxo entre o Balneario de Laias e o Parque Náutico de Castrelo de Miño, que suporá dúas horas de televisión en directo desde Ourense para todo o mundo, ampliándose nunha hora a cobertura televisiva que TVE viña ofrecéndose en anos anteriores, e que permitirá unha inmellorable promoción da provincia ourensá na celebración desta edición da Vuelta, denominada Ourense Termal Madrid.
Manuel Baltar dixo na presentación que esta liña de traballo de promoción e fomento do deporte na nosa provincia intégrase no Plan de mandato Ourense 15-19 da Deputación de Ourense, que abrangue iniciativas tanto para o deporte de base como de elite, e neste ano 2016, a alianza da institución provincial con La Vuelta sitúa á provincia de Ourense con especial protagonismo nunha das tres probas por etapas máis importante do mundo no ámbito do ciclismo.
O presidente do goberno provincial remarcou que La Vuelta é algo máis que deporte, e así o reflicten os datos económicos e eventos como os que celebraremos nas semanas previas ao comezo da Vuelta, con actividades relacionadas con La Vuelta Junior e como a reunión que se celebrará en xuño na estación de montaña de Cabeza de Manzaneda, na que se dará conta aos alcaldes dos concellos ourensáns polos que pasa a Vuelta a España da repercusión promocional que significará para os municipios a súa presenza en medios de comunicación de todo o mundo, reunión que servirá tamén para coordinar os dispositivos para o desenvolvemento da carreira, que este ano está especialmente ligada á nosa provincia, algo tremendamente positivo para o noso territorio, pois relaciona a imaxe de Ourense cunha proba deportiva de relevancia mundial, expresou Manuel Baltar.
Pola súa banda, Javier Guillén destacou a grande notoriedade que supón para Ourense a retransmisión da proba para todo o mundo, incluíndo ademais a presentación dos equipos, que terá lugar no Balneario de Arnoia o 18 de agosto, e subliñou a importancia de que La Vuelta se denomine Ourense TermalMadrid, co que elo supón de promoción tamén do termalismo para a provincia de Ourense.
Guillén comentou o grande reto que supón para a organización de La Vuelta mover diariamente toneladas de equipamento en 500 vehículos e a 2.500 persoas, que son as que integran a caravana da Vuelta, todo un desafío de coordinación no que se une deporte, promoción, turismo e comunicación dando como resultado un dos eventos máis seguidos polos espectadores e con maiores retornos económicos.
O acto de presentación de hoxe contou tamén coa presenza do alcalde de Maceda, Rubén Quintas; do xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez, e do asesor de Deportes da Deputación de Ourense, Bernardino González.
A presentación de equipos terá luar en Arnoia, sendo a primeira etapa unha crono entre Laias (Cenlle) e o Parque Náutico de Castrelo de Miño. A segunda etapa terá a súa saída na cidade de Ourense, a sexta etapa terá como meta a localidade de Luintra, e a sétima etapa sairá de Maceda. Catro etapas de máximo protagonismo ourensán, nas que a nosa provincia ofrecerá un gran escaparate ao mundo o vindeiro mes de agosto, co importante impacto mediático e promocional que elo supón nos máis de mil millóns de espectadores que se estima seguen a través dos medios de comunicación unha das probas ciclistas máis importantes do mundo.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.