
A cerimonia de entrega do galardón terá lugar o 4 de xuño no marco da XXV Asemblea Xeral do Grupo Compostela de Universidades, que este ano acollerá a Universidade de Guadalaxara (México), e nela entregaráselle unha cuncha de ouro, emblema do Grupo Compostela de Universidades, e un premio en metálico de 6.000 euros brutos.
Perfil do galardoado
George Greenia é fundador do Instituto de Estudos das Peregrinacións e presidente de Alpha Delta Gamma Sociedade Nacional Honoraria de Estudos Medievais e do Renacemento, ambas establecidas na institución de educación superior William & Mary.
Autor de diversos libros de texto de aprendizaxe do español e numerosos artigos sobre o Medievalismo hispánico, na actualidade é editor no boletín e revista medieval La Crónica sobre lengua y literatura españolas de la División de Español Medieval de la Asociación de Lenguas Modernas e forma parte do consello asesor de Cadernos de Estudos Galegos do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (CSIC), así como do comité científico da revista de estudos xacobeos e da peregrinación Ad Limina da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo.
Entre as máis de vinte distincións e premios que ostenta cabe destacar a Encomenda da Orde de Isabel la Católica que outorga S.M El Rey de España e o premio Ángel del Camino concedido pola confraternidade Enxebre Orde da Vieira de expatriados galegos que apoian o Camiño de Santiago.
George Greenia é profesor emérito de Linguas Modernas, doutor en Linguas Romances pola Universidade de Michigan (1984) e director emérito do Programa de Estudios Medievais e Renacentistas de William & Mary.
Composición do xurado 2019
A reunión do xurado do XXIII Premio Internacional Grupo Compostela-Xunta de Galicia estivo presidida pola conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia, Carmen Pomar Tojo. Do xurado forman parte tamén o reitor da USC, Antonio López; o secretario xeral de Universidades da Xunta de Galicia, José Alberto Díez de Castro; o secretario xeral técnico de Educación da Xunta de Galicia, Jesús Oitavén; o presidente do Grupo Compostela de Universidades, Marek Kręglewski; o reitor da Universidade de Sevilla, Miguel Ángel Castro, e o vicerreitor de Educación Superior da Universidade de Monterrey, Carlos Basurto.
A secretaria executiva do Grupo Compostela de Universidades, María Teresa Carballeira Rivera, actuou como secretaria do xurado.
Premio Internacional Grupo Compostela-Xunta de Galicia
Dende a súa creación en 1997, o Premio Internacional Grupo Compostela-Xunta de Galicia galardoou a persoas e institucións senlleiras procedentes de diferentes eidos, como Jacques Santer (1997), Vaclav Havel (1998), Mohamed AlBaradei (2010), o Colexio de Europa (2012) ou Marcelino Oreja Aguirre (2017).
O Grupo Compostela de Universidades
O Grupo Compostela de Universidades (GCU) é unha asociación internacional sen ánimo de lucro, que traballa en favor da colaboración e promove o diálogo en todos os ámbitos da educación superior. O GCU comezou a súa andaina no ano 1994 e desde a súa creación foi crecendo ata unir ao seu camiño a máis de 60 universidades de todo o mundo. Todos os peregrinos do Grupo Compostela de Universidades comparten os valores de cooperación e integración desenvolvidos en torno ao Camiño a Santiago.
A reposición dálle continuidade á aposta do Centro Dramático Galego por recuperar títulos do seu repertorio que manteñen a demanda do público máis alá da súa primeira exhibición. No caso de 'A serie clopen', as 33 funcións ofrecidas no Salón Teatro durante a súa estrea en 2025 reuniron arredor de 5.500 espectadores, antes de iniciar unha serie de representacións por outros espazos de Galicia e de Portugal. O regreso aos escenarios prodúcese despois do recoñecemento acadado pola produción nos Premios de Teatro María Casares, pois obtivo dous galardóns: Natalia Pajarito, como mellor actriz protagonista, e Marta Alonso Tejada, pola dirección de movemento.
O sábado 12 de setembro chegará un dos pratos fortes do ciclo: A Movida Viguesa e a Homenaxe a Golpes Bajos. Esta histórica xornada supón o regreso aos escenarios de artistas fundamentais para comprender a historia musical de Vigo e de Galicia. Bandas e músicos que naceron na cidade e que, desde aquí, conquistaron o panorama nacional e mesmo internacional. Reunir nun mesmo escenario a Golpes Bajos, Semen Up, Miguel Costas de Siniestro Total, Killer Barbies e Stoned at Pompei é moito máis que un concerto: é unha homenaxe a unha xeración irrepetible e a unha cidade que marcou unha época dentro da música española.