
O delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega López, deu a benvida tanto aos organizadores Margarita Lozano Ruiz e Eliseo González López, como aos relatores e asistentes, entre os que estaban numerosos xornalistas de medios especializados, así como bloggers e profesionais do sector, produtores, distribuidores, sumilleres... Tras as palabras de benvida, Ónega lembrou as orixes vinateiras da súa familia, achegando algunha anécdota e desexou unha frutífera xornada en torno ao néctar dos deuses.
Entre os relatorios programados estaban: O Viño: Historia e Cultura e sinal de Identidade dos pobos, a cargo de Rafael del Rey, xerente da Fundación para a Cultura do Viño. Posicionamento de marca, internacionalización e e-commerce, por Rafael del Rey, director do Observatorio Español de Mercados do Viño. A comunicación e a prensa vitivinícola: a influencia dos líderes de opinión, por Michael Hormickel, presidente da Federación Internacional de Xornalistas do Viño e Brigitte Leloup, presidenta da Asociación de Catadoras de Europa. Modelos produtivos do Vello e do Novo Mundo: imos cara a unha maior ou menor regulación?, por Richard Halstead, Eugenio Pomarici, Anxo García, Jia Peng, Carlos Falcó e Amancio Moyano, presidente da Conferencia Española de Consellos Reguladores Vitivinícolas.
Na cata posterior ofrecéronse máis de trinta referencias de diferentes países, das cales máis do dez por cento correspondían a etiquetas de viños galegos, que ademais gozaron de moi boa acollida.
Este acto encádrase entre os que se organizan con motivo da celebración de EXPOFOODING World Conference Gastronomy and International Relations en Madrid.
Máis información en http://www.worldwineexperience.org/
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.