
O Deputado de Medio Rural, Lino Rodríguez Onega, e o Alcalde de Cospeito, Armando Castosa, e o Presidente da Comisión Organizadora, José Darrriba, presentaron os actos con motivo da XXV Edición da Festa da Filloa en Muimenta, que terán lugar os días 29 de abril e o 1 de maio. Trátase dunha cita gastronómica e festiva que naceu no ano 1992 gracias a colaboración da Comisión de MOEXMU, para dar a coñecer un dos produtos típicos da Comarca da Terra Chá e de toda Galicia, a filloa.
Lino Rodríguez explicou que a Deputación achega 3.000 euros para impulsar esta cita, que xa conta co recoñecemento de Festa de Interese Turístico Galego. Sinalou que o ente provincial colabora con todos os eventos e celebracións que axuden a dinamizar o tecido asociativo da provincia, promovan a gastronomía, o patrimonio, o turismo e poñan en valor as nosas comarcas e as nosas tradicións.
O Deputado agradeceu o traballo desinteresado que realiza a asociación MOEXMU para revitalizar e impulsar este Concello. Nesta Festa participan máis de 200 persoas que realizan un traballo imprescindible e desinteresado para promocionar esta Festa por toda Galicia, remarcou.
Degustación de filloas
Nesta xornada, máis de 50 filloeiras elaboraran máis de 15.000 filloas, que contan cun prezo de 3 cada media ducia. A organización tamén terá preparadas racións de churrasco a 10 euros. Durante toda a xornada, os visitantes poderán desfrutar de exposicións de artesanía e produtos de calidade, degustación de filloas, sorteo de produtos, música en directo, baile tradicional e xogos tradicionais.
Venres día 29
A xornada festiva empeza este venres día 29, coa obra de teatro Sede de Mal, cos actores Luís Iglesias e Xavier Deive, no Centro Cultural de Muimenta, e contará tamén coa entrega de premios as gandeiras do pasado Concurso de MOEXMU.
Colaboración da Área de Cultura
O domingo día 1 de maio, ás 9 da mañá, ábrense as portas do recinto feiral, a partir do mediodía comezará a xornada festiva coa actuación do grupo de gaitas Entre Lusco e Fusco, que coordina a Área de Cultura da Deputación de Lugo. As 13:30 horas será a inauguración oficial da XXV Festa da Filloa, coa lectura do pregón a cargo de José Campos Uz, un veciño da parroquia de Bazar de 94 anos. Sobre as dúas da tarde entregaranse os premios do Concurso de Relatos e Debuxo. Máis tarde, as autoridades e os invitados percorreran os stands da Festa. Despois do xantar, a actuación musical correrá a cargo do grupo DE VACAS, dentro do programa Seráns Culturais que promove a Área de Cultura da Deputación. Haberá baile tradicional e a actuación de Jose Anido. As sete da tarde clausurase esta nova edición.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.