
Na apertura da exposición participaron a directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, Ana Isabel Vázquez Reboredo; o director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade da Xunta de Galicia, Ildefonso de la Campa Montenegro; a vicepresidenta de BATA, Mónica Santos; así como dous integrantes da asociación que deron lectura a un manifesto.
Desde a Cidade da Cultura queremos ser un espazo aberto á participación activa dos axentes sociais, que a través de proxectos como este enriquecen a nosa oferta cultural e de eventos e nos fan ser unha Cidade da Cultura máis viva, integradora e aberta, sinalou Vázquez Reboredo. A directora xerente do Gaiás agradeceu tamén a BATA que nos achegue así, a través da arte, o día a día do colectivo de persoas con TEA, pois darlle visibilidade a persoas con capacidades diferentes axúdanos a entender mellor o seu modo de ver o mundo.
O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade remarcou o compromiso permanente e irrenunciable do Goberno galego coa discapacidade, traballando da man das asociacións e colectivos sociais. De la Campa quixo por en valor especialmente o traballo de BATA para mellorar a vida das persoas con TEA: O voso esforzo e dedicación infinita para sumar e superar atrancos e fronteiras demóstranos que as fronteiras están só nas nosas cabezas, remarcou.
Por último, a vicepresidenta de Autismo BATA, Mónica Santos, quixo agradecer o apoio institucional para pór en marcha esta exposición na que as persoas con TEA representan como ven o seu futuro e onde plasman os seus sentimentos e a súa forma de entender a vida: é un regalo poder amosalas en público e que as persoas que a visiten coñezan a súa realidade.
Rachar estereotipos
30 anos imaxinando futuros procura promocionar experiencias culturais positivas que permitan desenvolver a curiosidade e o sentido estético e crítico, ademais de rachar estereotipos e ideas preconcibidas e achegar á sociedade a mensaxe de que, cando as persoas contan cos medios axeitados, todas as metas son posibles
A mostra, que implica ás Consellerías de Cultura e Turismo e de Política Social, enmárcase no programa de actividades organizado pola asociación Autismo BATA con motivo do seu 30 aniversario, que se desenvolverá ao longo de todo o ano e que abrangue ámbitos como a cultura, o social ou o deportivo. A entidade celebra deste xeito os seus 30 anos acompañando a persoas con TEA e as súas familias nun camiño cheo de aprendizaxes e superación.
A Cidade da Cultura enmarca esta colaboración con BATA no obxectivo de promover a cultura como vía de integración social e desenvolvemento persoal, e no seu compromiso de abrir o programa de actividades e os espazos da Gaiás a todos tipo de públicos.
A exposición poderá visitarse de balde na Sala Eisenman da Cidade da Cultura ata o vindeiro mércores 17 de abril. Ademais, con motivo do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, as emblemáticas Torres Hejduk do complexo iluminaranse en azul durante toda esta semana.
A reposición dálle continuidade á aposta do Centro Dramático Galego por recuperar títulos do seu repertorio que manteñen a demanda do público máis alá da súa primeira exhibición. No caso de 'A serie clopen', as 33 funcións ofrecidas no Salón Teatro durante a súa estrea en 2025 reuniron arredor de 5.500 espectadores, antes de iniciar unha serie de representacións por outros espazos de Galicia e de Portugal. O regreso aos escenarios prodúcese despois do recoñecemento acadado pola produción nos Premios de Teatro María Casares, pois obtivo dous galardóns: Natalia Pajarito, como mellor actriz protagonista, e Marta Alonso Tejada, pola dirección de movemento.
O sábado 12 de setembro chegará un dos pratos fortes do ciclo: A Movida Viguesa e a Homenaxe a Golpes Bajos. Esta histórica xornada supón o regreso aos escenarios de artistas fundamentais para comprender a historia musical de Vigo e de Galicia. Bandas e músicos que naceron na cidade e que, desde aquí, conquistaron o panorama nacional e mesmo internacional. Reunir nun mesmo escenario a Golpes Bajos, Semen Up, Miguel Costas de Siniestro Total, Killer Barbies e Stoned at Pompei é moito máis que un concerto: é unha homenaxe a unha xeración irrepetible e a unha cidade que marcou unha época dentro da música española.