
O conxunto histórico de Tui acolle a XX Feira de Artesanía organizada pola concellería de Turismo do Concello de Tui co obxectivo de promover e difundir a actividade artesá e a restauración, así coma para apoiar a comercialización dos seus produtos. Tamén se persegue a dinamización do conxunto histórico de Tui, do centro comercial aberto e da cidade de Tui no eido comercial, social e cultural.
A feira será inaugurada o sábado, 30 de abril, ás 12h e poderá visitarse tanto o sábado coma o domingo, 1 de maio, de 12 a 22h. Na mesma van participar máis de 80 postos que se distribuirán polas rúas Ordóñez e Seixas e polas prazas do Concello e de San Fernando. Tamén se contará coa presenza da Asociación de Palilleiras do Baixo Miño e da Asociación Xuvenil e Cultural do Traxe de Tui.
Na rúa Ordóñez instalaranse os 36 artesáns con carta de artesáns inscritos, na Praza do Concello haberá antigüidades, e tanto na rúa Seixas coma na Praza de San Fernando estarán os postos de artesáns tanto de Tui coma de toda Galicia. A feira ten carácter solidario polo que cada participante, no momento da montaxe do posto, deberá facer entrega de 10 quilos de alimentos que serán doados a SOS Tomiño-Baixo Miño.
Todo o entorno da feira será decorado para a ocasión. Haberá artesáns traballando en vivo e na Oficina de Turismo, na Praza de San Fernando, poderase visitar unha exposición de fotografías antigas de artesáns tudenses. Non faltará a animación musical cos grupos Santa Columba de Ribadelouro, Seixos Albos de Areas, Refaixos e Polainas de Baldráns, as pandereteiras As DAbadía da Asociación A Insua de Caldelas, e Lembranzas da Terra de Guillarei que actuará o sábado, e San Xoán de Paramos, Inquedanzas de Pazos de Reis, O Mosteiro de Pexegueiro, Xuntanza de Randufe e San Fins de Rebordáns que o farán o domingo. Os nenos poderán disfrutar de inchables gratuítos durante a fin de semana, e amais o domingo a partir das 17h haberá animación infantil con En un Tris Tras.
Programa XX Feira de Artesanía
- Máis de 80 postos nas rúas Ordóñez e Seixas e nas prazas do Concello e San Fernando
- Sábado 30 e domingo 1 de 12 a 22h
- Sábado 30.
o Ás 12h inauguración
o Ás 12.00h Grupo folclórico Santa Columba de Ribadelouro
o Ás 13.00h Grupo folclórico Seixos Albos de Areas
o Ás 17.00h Grupo folclórico Refaixos e Polainas de Baldráns
o Ás 18.30h Grupo de pandereteiras As DAbadía da Asociación A Insua de Caldelas
o Ás 20.00h Banda de gaitas Lembranzas da Terra de Guillarei
- Domingo 1
o Ás 12.00h grupo folclórico San Xoán de Paramos
o Ás 13.00h grupo folclórico Inquedanzas de Pazos de Reis
o Ás 17.00h grupo folclórico O Mosteiro de Pexegueiro
o ÁS 17.00h animación infantil con En un Tris Tras
o Ás 18.30h grupo folclórico Xuntanza de Randufe
o Ás 20.00h grupo folclórico San Fins de Rebordáns
- Na Oficina de Turismo exposición de fotografías antigas de oficios artesáns
- Organiza: Concellería de Turismo do Concello de Tui
- Colaboran: Asociación de Palilleiras do Baixo Miño e Asociación Xuvenil e Cultural do Traxe de Tui
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.