
A Universidade de Santiago de Compostela (USC) mantense entre as universidades públicas españolas con mellor rendemento no que atinxe a concesións de patentes e ingresos por licencias, segundo se deprende do último ránking sobre as institucións españolas que vén de publicar a Fundación CYD (Coñecemento e Desenvolvemento) e no que se recollen datos do conxunto de España. De feito, na elaboración deste estudo está incluÃdos datos de 66 universidades, ao tempo que se analizan un total de 948 titulacións pertencentes a 13 áreas ou ámbitos de coñecemento diferentes.
O citado traballo, que constitúe unha valiosa fonte de información sobre as caracterÃsticas máis salientables do sistema universitario español, sitúa a institución académica compostelá entre as universidades españolas con máis publicacións con impacto internacional e tamén no grupo de cabeza das institucións con máis investigacións citadas en patentes e tamén entre as que captan máis ingresos por licencias. Estes tres parámetros empregados pola Fundación CyD para a elaboración do seu ránking sobre a universidade española proban o compromiso e o bo facer da USC en canto a transferencia do coñecemento á sociedade se refire.
O eido da investigación e outro dos campos nos que a USC ocupa un lugar preferente no último informe que vén de publicar a Fundación CyD. De feito, no ránking de 2016 de CyD, a USC figura entre o grupo das universidades españolas que presenta mellores rendementos no que se refire a captación e liquidación de fondos externos para o desenvolvemento de actividades de I+D+i non ligados á transferencias correntes do Goberno. A produción artÃstica e o media de publicacións por profesor son outros dos Ãtems analizados nos que destaca a institución académica compostelá.
A proxección e a orientación internacional da USC son outras das caracterÃsticas que salienta a Fundación CyD no seu ránking sobre a universidade española, un traballo no que inclúe á de Santiago de Compostela entre as universidades que rexistran un maior número de publicacións de carácter e impacto internacional.
O carácter interdisciplinar de boa parte das investigacións e estudos que se desenvolven nos diferentes campus universitarios da USC é outra das fortalezas que a Fundación CyD atribúe á institución académica compostelá, que tamén destaca polo número de post doutores que forman parte do seu persoal docente e investigador, asà como pola media de sexenios de investigación obtidos polo corpo docente da universidade.
No capÃtulo correspondente a medir a taxa de éxito nos procesos de ensinanza e aprendizaxe, o caso da USC sitúase no grupo de cabeza das universidades españolas cuxo alumnado que completa programas de posgrao ou máster de dous anos de duración remata este perÃodo de formación con taxas de éxito máis altas.
A edición 2026 artéllase arredor dun formato expandido, con varias datas e localizacións ao longo da provincia, convertendo cada encontro nunha peza dun ecosistema cultural máis amplo. O 6 de xuño, en Expourense será a cita inaugural co rock lendario de Loquillo, o magnetismo vintage de Kitty, Daisy & Lewis e o fenómeno galego do momento, The Rapants. O 31 de xullo, na Praza da Veracruz do Carballiño a banda Burning, ofrecerá un concerto gratuÃto; e o 4 de outubro, no Pazo de Deportes Paco Paz, o festival culminará o regreso de Luz Casal a Ourense. Loquillo, icona indiscutible do rock estatal con case cinco décadas de traxectoria, chega en plena xira do seu último traballo Corazones Legendarios, cun directo que revisita os grandes éxitos dunha carreira tan influente como extensa.
Galicia pechou o primeiro trimestre deste ano con máis poboación empregada que hai un ano. Neste sentido, os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) publicados hoxe e relativos ao primeiro trimestre deste ano reflicten unha suba de 28.000 persoas ocupadas en relación ao ano pasado, lixeiramente superior á do conxunto do Estado e acadando, con 1.178.100, a cifra máis alta nun primeiro trimestre desde 2008. Ademais, a comunidade rexistra a maior taxa de emprego (49,30) nun primeiro trimestre en 18 anos e unha taxa de paro menor (8,96) que no conxunto de España (10,83). Ademais, as taxas galegas de paro feminino (9,51) e xuvenil (24,30) tamén son máis baixas que no conxunto do Estado.