//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias sociedad
O Conselleiro de Sanidade compareceu en rolda de prensa telemática para informar que o Sergas xa lle trasladou un informe ao Ministerio de Sanidade no que solicita o pase da comunidade galega á segunda fase da desescalada. Na compaña do director xeral de Asistencia Sanitaria, Jorge Aboal, e máis o subdirector de Información sobre Saúde e Epidemioloxía, Xurxo Hervada, Almuíña destacou as medidas de fortalecemento que incorporou nas últimas semanas o Sergas á hora de detectar e diagnosticar novos casos sospeitosos de infección por COVID-19, como a nova plataforma de seguimento de contactos de persoas infectadas ou o reforzo dos laboratorios de microbioloxía cos que xa se poden realizar 6.500 probas ao día.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 1.136, deles 283 son da área da Coruña, 72 da de Lugo, 190 da de Ourense, 56 da de Pontevedra, 328 da área de Vigo, 176 da de Santiago, e 31 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 15 permanecen en UCI, 92 están en unidades de hospitalización e 1.029 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.281 persoas curadas, rexistrándose 607 falecementos. O número de PCR realizadas é de 127.359.
A reapertura do comercio galego o 4 de maio (con cita previa e en establecementos de menos de 400 metros cuadrados) xerou dúbidas e inquedanzas na poboación galega, e por iso o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA), dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria, ven de desenvolver unha campaña informativa, coa entrega de recomendacións para a prevención ante o coronavirus. Esta información foi consensuada co sector a antes de ser enviada. A campaña de divulgación contempla o envío de elementos informativos, en forma de carteis ou folletos, que incluirán as recomendacións da Xunta, e se distribuirán en todos os establecementos para que os teñan nos mostradores ao dispor do público, ademais dunha acción en redes sociais empregando a etiqueta #SeguimosAdiante.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 1.171, deles 276 son da área da Coruña, 75 da de Lugo, 207 da de Ourense, 57 da de Pontevedra, 339 da área de Vigo, 182 da de Santiago, e 35 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 17 permanecen en UCI, 93 están en unidades de hospitalización e 1.061 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.204 persoas curadas, rexistrándose 607 falecementos. O número de PCR realizadas é de 126.758.
A xornada Apaixónate 2020 arranca hoxe a súa cuarta edición, que se desenvolverá durante toda a semana en modalidade en liña, con pequenas intervencións e relatorios de aproximadamente media hora de duración abertos a todos os docentes a través da súa aula de formación virtual, nos que participan recoñecidos profesionais de distintos ámbitos como o rural, a empresa, a ciencia, a comunicación ou as artes. A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, abriu hoxe a xornada cunha intervención virtual na que destacou que a paixón vai estreitamente ligada á motivación en calquera ámbito.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 1.199, deles 277 son da área da Coruña, 77 da de Lugo, 209 da de Ourense, 62 da de Pontevedra, 352 da área de Vigo, 187 da de Santiago, e 35 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 18 permanecen en UCI, 94 están en unidades de hospitalización e 1.087 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.155 persoas curadas, rexistrándose 606 falecementos. O número de PCR realizadas é de 125.832.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 1.510, deles 331 son da área da Coruña, 99 da de Lugo, 277 da de Ourense, 93 da de Pontevedra, 401 da área de Vigo, 244 da de Santiago, e 65 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 19 permanecen en UCI, 102 están en unidades de hospitalización e 1.389 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 8.820 persoas curadas, rexistrándose 604 falecementos. Trala revisión clínica dos casos, hai que engadir dous falecementos. Son un home de 70 anos e outro de 78 que estiveran ingresados no CHUS. O número de PCR realizadas é de 124.108.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 2.008, deles 494 son da área da Coruña, 122 da de Lugo, 320 da de Ourense, 107 da de Pontevedra, 478 da área de Vigo, 413 da de Santiago, e 74 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 22 permanecen en UCI, 111 están en unidades de hospitalización e 1.875 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 8.283 persoas curadas, rexistrándose 601 falecementos. O número de PCR realizadas é de 122.456.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 2.074, deles 516 son da área da Coruña, 117 da de Lugo, 321 da de Ourense, 108 da de Pontevedra, 512 da área de Vigo, 424 da de Santiago, e 76 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 21 permanecen en UCI, 123 están en unidades de hospitalización e 1.930 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 8.157 persoas curadas, rexistrándose 601 falecementos. O número de PCR realizadas é de 120.424.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 2.179 deles 532 son da área da Coruña, 124 da de Lugo, 333 da de Ourense, 110 da de Pontevedra, 565 da área de Vigo, 436 da de Santiago, e 79 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 22 permanecen en UCI, 144 están en unidades de hospitalización e 2.013 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 7.996 persoas curadas, rexistrándose 597 falecementos. O número de PCR realizadas é de 118.665.
O BNG organiza un acto simbólico diante do Museo Xelmírez para reivindicar a devolución ao patrimonio público as esculturas de Abraham e Isaac expostas na mostra adicada o Mestre Mateo, no Museo da Catedral de Santiago e califica de "vergoña democrática que os Franco sexan propietarios de dúas esculturas do Pórtico da Gloria" da catedral compostelana.
Alcaldes e representantes de cogobernos municipais do BNG denuncian o impacto negativo no redeseño do transporte escolar, liñas e horarios e un proceso sen diálogo e transparencia cos concellos e a Comunidade educativa. Para a portavoz do BNG, o novo plan de transporte da Xunta naceu como un recorte encuberto e o deterioro do servizo.
A Amtega e a Consellería de Cultura e Educación poñen en marcha o portal viladonga.xunta.gal para favorecer o acceso cidadá a este legado arqueolóxico e co obxectivo de enriquecer a experiencia que supón a visita ao complexo, ofrecer información completa sobre as coleccións e contidos do museo.
Nos 4.000 metros cadrados que ocupa a montaxe desta edición hai oco para tendas, food trucks, rampla de skate, concertos e coloquios sobre medicamento deportivo. Entre a oferta comercial, Artesanía de Galicia está a amosar o traballo de 33 obradoiros artesanais, co fin de achegar ao público visitante os produtos dunha artesanía galega innovadora, actual e colaborativa.
El Consejo Territorial de la ONCE en Galicia convoca la décima edición de los Premios Solidarios ONCE-Galicia, que tienen como finalidad reconocer a personas físicas o jurídicas que destaquen por su labor solidaria en su entorno de influencia, procurando la inclusión social de todos los ciudadanos, la normalización, la autonomía personal y la accesibilidad universal.
Os Espazos +60 de Afundación abrirán de novo as súas portas o vindeiro 1 de setembro, con novos programas que teñen como obxectivo poñer en valor o papel dos maiores na sociedade, ofrecer unha imaxe social desta poboación afastada de estereotipos e crear oportunidades para que as distintas xeracións estean conectadas.
La Asociación Castaño y Nogal presentó su proyecto estrella y los trabajos del VIII Campo de Trabajo Internacional, de carácter Medio Ambiental, que se está celebrando en Quintá de Cancelada (Os Ancares), en el que participaron voluntarios de Italia y España. En las ocho ediciones de los CTI han participado un total de 71 voluntarios de 17 países.
A feira Foz Market abría as súas portas no porto focense con food trucks, salón do automóbil, ocio infantil e actuacións musicais aos mediodías e polas noites. A entrada a Foz Market é gratuíta. Na súa apertura foi visitada polo alcalde de Foz, o presidente de ACIA/CCA de Foz e outros membros da corporación.
O vindeiro sábado, 12 de agosto, vaise celebrar a décimo cuarta edición da Festa do Percebe de Rinlo. O evento foi presentado este mediodía nese peirao. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, comentou que este vindeiro sábado, día 12 de agosto, volve a Ribadeo, particularmente volve a Rinlo, esta parroquia pequena, pero tan marabillosa que temos aquí en Ribadeo, a Festa do Percebe de Rinlo".
A Fundación Curros Enríquez en colaboración co Concello de Celanova organiza nas semanas do 7 ao 11 de do 21 ao 25 de agosto unha ludoteca de verán impartida por Xurxemurxe Xestión Cultural. Destinada a nenos de entre 4 e 12 anos e cun horario de 10:30 a 13:30 realizaremos unha volta ao mundo en 10 días.