
O Museo do Castro de Viladonga estrea páxina web e faino cun portal que permite realizar un percorrido polas súas salas de exposición permanente e acceder ás pezas máis destacadas da colección, a maiorÃa en formato tridimensional en movemento realizadas mediante fotogrametrÃa ou xiro 360º, o que permite contemplar os obxectos desde todos os ángulos.
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a ConsellerÃa de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria poñen en marcha a páxina co obxectivo de enriquecer a experiencia que supón a visita ao complexo, ofrecer información completa sobre as súas coleccións e contidos, asà como dar a coñecer entre a cidadanÃa o labor que vén realizando o museo.
Baseado nun deseño visual e adaptativo, o web abre cun vÃdeo que ofrece unha imaxe aérea de toda a estrutura do castro. Destaca no portal o apartado multimedia, con vÃdeos sobre a historia do castro, o seu contorno natural e as escavacións realizadas en anos anteriores. Este material audiovisual complétase cunha galerÃa fotográfica arredor das actividades desenvolvidas no museo, asà como da fauna e da flora do castro.
O portal tamén inclúe un enlace que dá acceso ao catálogo dixital das coleccións do museo xestionado pola Xunta de Galicia, na Rede Dixital de Coleccións de Museos de España Rede Dixital de Coleccións de Museos de España (Ceres).
Ademais, a páxina web está deseñada para facilitar a navegación desde móbiles e tabletas, cun deseño “responsive”, baseado en estruturas e imaxes fluÃdas que se adaptan ao tamaño da pantalla desde a que se visita a páxina.
Renovación do portal de Cultura
Este deseño adaptable para o seu uso desde dispositivos móbiles xa está tamén dispoñible para a páxina web de Cultura de Galicia, en http://cultura.gal. Entre as melloras que incorpora o novo sitio web da SecretarÃa Xeral de Cultura, que lle outorga maior protagonismo ás imaxes, acorde coas tendencias actuais, destaca a personalización de eventos da Axenda de Cultura de Galicia, asà como a posibilidade de ampliar información dispoñible sobre cada actividade, ao tempo que se facilitan os criterios de busca.
A renovación da web cultura.gal garante un acceso máis universal aos contidos desde calquera tipo de dispositivo, acorde co impulso dos servizos web en mobilidade e a adaptación das webs a esta demanda para facilitar unha navegación máis accesible, cómoda e satisfactoria para os usuarios e as usuarias.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.