Notas de prensa

Cargos municipais do BNG piden a paralización do novo Plan de Transporte da Xunta

Alcaldes e representantes de cogobernos municipais do BNG denuncian o “impacto negativo” no redeseño do transporte escolar, liñas e horarios e un proceso sen “diálogo e transparencia” cos concellos e a Comunidade educativa. Para a portavoz do BNG, o novo plan de transporte da Xunta naceu como “un recorte encuberto” e o deterioro do servizo.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón participou na reunión de alcaldes e representantes dos cogobernos municipais do BNG para abordar os problemas derivados do novo plan de transporte público implantado recentemente pola Xunta a través dun proceso sen “rigor e transparencia” polo que pediu a súa paralización e traballar “nun novo modelo” que satisfaga as necesidades da poboación.

Para a portavoz do BNG, o novo plan de transporte da Xunta naceu de maneira “trapalleira e sen dialogo” e cun único obxectivo, “un recorte encuberto” e o deterioro do servizo como constata o aluvión de denuncias presentadas neste primeiro mes.

Pontón criticou que tanto os concellos como a Comunidade educativa non foran informados pola Xunta do novo plan de transporte e que agora comprobamos, afirmou, a través dun proceso caracterizado por irregularidades como: “ cambio nas concesións, incumprimento dos pregos nas ofertas presentadas, a non realización de servizos, ou tarifas abusivas”.

Como grupo parlamentario, explicou, xa solicitamos toda a información relativa aos pregos e expedientes ás concesións pero a día de hoxe a Xunta non enviou ao Parlamento ningunha documentación, “non sabemos que ten que ocular Núñez Feijóo” e dende o BNG seguiremos reclamando esta documentación.

TRANSPORTE ESCOLAR

Ana Pontón lembrou que o novo plan suprime 600 liñas de transporte escolar que funcionaban con regularidade e eficacia pero a Xunta agora ofrece como alternativa a este servizo utilizar o transporte regular. Para o BNG, esta medida “é un paso atrás e un recorte no transporte público”, medida recalcou “non imos a aceptar”.

Pontón citou a instrución da Xunta para que condutores, condutoras e acompañantes poidan vetar a entrada nos buses de persoas adultas ou que Garda Civil deba realizar continuas inspeccións nos autobuses, “a propia Xunta é a que está creando unha alarma entre os usuarios e usuarias do transporte público”.

O BNG, anunciou Pontón traballará coas AMPAS para que a Xunta “dea marcha atrás na supresión de liñas de transporte escolar” porque, ao seu xuízo, non pode haber nenas e nenas de “segunda categoría” e defenderemos, tanto nos concellos como no Parlamento crear unha Mesa de diálogo polo transporte público coa presenza da Xunta, sindicatos, empresas, concellos, comunidade educativa para deseñar unha política de transporte moderno en Galiza”.

A portavoz do BNG apuntou que é preciso unha política de transporte que contemple o transporte de ría e por ferrocarril e combinalos coas liñas de transporte regular, “ese é futuro do transporte”.

OS CONCELLOS PIDEN UNHA MESA CON AXENTES IMPLICADOS PARA DISEÑAR UN NOVO PLAN

Pola súa parte, o alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez, en nome dos representantes municipais do BNG acusou á Xunta de poñer en marcha un novo modelo de transporte a través dun proceso que non contou coa necesaria comunicación e participación dos concellos. Os municipios, explicou o rexidor das Neves, non tivemos oportunidade de trasladar as necesidades e demandas dos usuarios e usuarias, “non se deu conta adecuada dese servizo” o que creou problemas sobre todo na poboación que habita o rural, afirmou.

Ademais, engadiu existe un gran número de parroquias afectadas por non poder transportar internamente á poboación dentro do concello, constatamos a “exclusión por idade” sobre todo no transporte escolar e maiores de 65 anos, non foron creadas “lanzadeiras” para o transporte comarcal que comunique o rural e as cabeceiras de comarca para posibilitar as comunicacións coas vilas e cidades, carecemos de regularización horaria que permita saídas e regresos do rural a zonas urbanas e tamén carecemos de “garantías de mantemento dos servizos preexistentes”.

Xosé Manuel Rodríguez incidiu na necesidade de crear unha mesa coa participación de todos os concellos para un novo deseño do transporte destinado a acadar, dende hoxe ao ano 2019 unha resposta integral en todo o territorio galego e nos permita, no inmediato, contar con todos os servizos necesarios para cubrir as necesidade da nosa poboación.

Gabinete de Comunicación do BNG, 2017-09-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (facela-fest-2026.jpg) O FaCeLa Fest reúne este ano a 18 bandas, encabezadas polos ingleses Temples, os galegos Triángulo de Amor Bizarro, os asturianos Australian Blonde e as madrileñas Shego. Completan o cartel o novo proxecto lucense The Foolans, Bernal, Axolotes Mexicanos, Los Palms, Pacífica, Ripship, Error 97, Sigilu, Filophóbicas, Toldos Verdes, Las Yhadys, Aeronave Adolescente, Fotocopia e Sapo Bufo. O escenario principal trasládase nesta edición á Sala Tebras pero haberá tamén concertos noutros espazos da cidade, como o Bar Facela, no barrio da Tinería.
Foto de la tercera plana (educacion-responsable.jpg) Galicia aposta por ampliar as melloras no ensino tamén ás etapas de ESO, Bacharelato e Formación Profesional con novas propostas en materia de ratios, atención á diversidade e horario docente, dentro da vía de diálogo aberta entre Xunta e sindicatos. As propostas, que se elevarán aos órganos pertinentes coa previsión de comezar a aplicalas desde o novo curso que arranca en setembro, abordan melloras nas ratios de estudantes por aula na ESO e no Bacharelato, na atención que se presta ao alumnado que máis o precisa e na configuración do horario do profesorado e das súas funcións.

Notas

O Espazo de intervención cultural NORMAL da UDC acollerá ata o 15 de setembro a exposición “A Coruña, porto negreiro”, unha mostra que propón unha revisión crítica da memoria colonial da cidade e ao seu papel no tráfico transatlántico de persoas escravizadas. Esta mostra expositiva fai un percorrido pola memoria colonial coruñesa e convida a recoñecer as pegadas que este legado deixou na arquitectura, na economía e no imaxinario urbano.
Seguir a 'tipsters' ou prognosticadores de xogos de apostas en redes sociais asóciase cunha maior intención de apostar entre adolescentes. Os menores que seguen a estas figuras amosan unha maior frecuencia de xogo e unha menor percepción do risco. Estas son algunhas da conclusións dun estudo realizado desde a Universidade de Vigo e a Universidad Miguel Hernández de Elche (UMH).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES