Notas de prensa

Unha Volta ao Mundo en 10 días desde Celanova

A Fundación Curros Enríquez en colaboración co Concello de Celanova organiza nas semanas do 7 ao 11 de do 21 ao 25 de agosto unha ludoteca de verán impartida por Xurxemurxe Xestión Cultural. Destinada a nenos de entre 4 e 12 anos e cun horario de 10:30 a 13:30 realizaremos unha volta ao mundo en 10 días.

Co obxectivo de coñecer o noso planeta, os diferentes continentes e os lugares máis pintorescos polos que está conformada así como a súa cultura, clima, territorio, medio ambiente, sociedade, etc... levaranse a cabo diversas actividades relacionadas con países como Australia, Escocia, México, Italia entre outros.

Para inscribirse deberase contactar coa Fundación Curros Enríquez. Teléfono 646 026 421 ou fundacion@currosenriquez.es.

Entre as actividades que se desenvolverán no campamento de verá da Fundación Curros Enríquez inclúense:
- Talleres creativos
- Búsqueda o tesouro
- Xincanas
- Xogos populares
- Saídas e excursións
- Convivencias
- Cociña
- Actividades de animación á lectura

LUNS, 7 DE AGOSTO
Presentación e confección do mapa do mundo xigante e do caderno de bitácora e dos medios de transporte.

MARTES, 8
Taller creativo: confección do pasaporte.
Partimos de GALICIA: Bailes e xogos cantados.

MÉRCORES, 9
Chegamos a MÉXICO: cociñamos guacamole.

XOVES, 10
Imos ao SAHARA: Xincana polo deserto.

VENRES, 11
De expedición no AMAZONAS (Saída por Celanova): Búsqueda do tesouro.

LUNS, 21 DE AGOSTO
ORIENTE MEDIO: Taller creativo de papiroflexia e cerimonia do té xeado.

MARTES, 22
Toca ESCOCIA!: Xogos Highlands.

MÉRCORES, 23
Ciao ITALIA!: Cociñamos calzone.

XOVES, 24
Benvidos a AUSTRALIA!: Taller creativo: Didgerido e taller musical: Danza da choiva co Didgerido.

VENRES, 25
Aterramos en GROENLANDIA: Somos pingüiños!

Fundación Curros Enríquez, 2017-08-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES