
Pomar subliñou que, no proceso de aprendizaxe, a capacidade dos docentes de transmitir esa paixón é fundamental para incentivar a curiosidade por saber e por coñecer por parte do seu alumnado e espertar o talento que cada un leva dentro.
Nestas xornadas, que por primeira vez se celebran de modo virtual debido ás circunstancias derivadas da pandemia da COVID-19, Carmen Pomar invita a comunidade educativa a participar dos distintos relatorios nos que imos escoitar historias de vida relacionadas con diferentes ámbitos, que contribúen a facer unha sociedade mellor, máis desenvolvida e máis solidaria e que abranguen experiencias moi distintas como a paixón polo rural, pola terra, pola ciencia, pola música, pola interpretación, pola palabra, ou polas tecnoloxías.
Relatores
Na xornada de hoxe interveñen tamén Juan Luis Méndez, director xeral de ViniGalicia, que exporá a vocación pola terra; e Alba Feijoo, directora de RealKiddys, cun relatorio sobre vocación polos máis peques.
Ao longo da semana, intervirán Dani Diéguez, Director do TEDx Xardín do Posío (vocación polos relatorios); Marta Darriba e Sevi Martínez, presentadores do Telexornal da TVG, que falarán da vocación pola información; o actor e presentador Antonio Garrido, que abordará vocación pola interpretación; Eladio Jardín, CEO do instituto de Marketing e Comunicación, para falar da vocación pola comunicación; Jéssica Rey, Directora de Marketing Casa Grande de Xanceda, que se centrará na vocación polo rural; Luis Taboada, CEO de Qbitia, vocación pola tecnoloxía; Elena Ferro, zoqueira e Premio Nacional de Artesanía, que exporá a súa vocación pola artesanía; Paco Castro, fraile franciscano, que se centrará na vocación e Camiño; Sonia Pazos, de Ibeiran Nanotechnology Laboratory, que nos falará da vocación pola ciencia; e Guadi Galego e Guillerme Fernández, que reflexionarán da música como vocación.
Xornada formativa
Impulsada pola Consellería de Educación e organizada pola Rede de Formación Permanente do Profesorado, esta xornada formativa púxose en marcha por primeira vez no ano 2017 no CIFP Politécnico de Santiago de Compostela, aberta a todos os docentes co obxectivo de reflectir a importancia da implicación persoal no camiño cara o éxito.
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, instou ao Goberno central a paralizar a suba dos prezos da AP-9 para 2027 e que os conxele como a Xunta fará coas autoestradas de titularidade autonómica. Allegue respondeu a unha interpelación sobre a situación da autoestrada no Parlamento autonómico, e apuntou que a suba prevista para AP-9 e AP-53 é dun 5% e un 4% respectivamente, o que as converte nas máis caras de España. Incidiu en que nesta lexislatura houbo un incremento dun 20% nos prezos mentres que nas da Xunta non houbo ningún aumento.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reclamou en Bruxelas 'financiamento suficiente, estabilidade e seguridade' para a nova PAC. Foi durante a súa intervención no evento da Coalición Agriregions, no Comité Europeo das Rexións, no que estivo acompañada polo director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño. Na organización da xornada tomou parte a Fundación Galicia Europa, que prestou apoio técnico á delegación galega na capital comunitaria para participar nesta reunión conxunta con membros do Parlamento Europeo e do devandito Comité das Rexións.