Noticias

A Xunta de Galicia pon en marcha unha campaña informativa con recomendacións ante a reapertura do comercio

A reapertura do comercio galego o 4 de maio (con cita previa e en establecementos de menos de 400 metros cuadrados) xerou dúbidas e inquedanzas na poboación galega, e por iso o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA), dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria, ven de desenvolver unha campaña informativa, coa entrega de recomendacións para a prevención ante o coronavirus. Esta información foi consensuada co sector a antes de ser enviada. A campaña de divulgación contempla o envío de elementos informativos, en forma de carteis ou folletos, que incluirán as recomendacións da Xunta, e se distribuirán en todos os establecementos para que os teñan nos mostradores ao dispor do público, ademais dunha acción en redes sociais empregando a etiqueta #SeguimosAdiante.

Esta campaña fai especial fincapé nos consellos para identificar a persoas sensibles, e en indicacións como quedar na casa en caso de ter síntomas de infección (febre, síntomas respiratorios, etc.) ou facer desprazamentos de xeito individual sempre que sexa posible.

Outras medidas refírense á distancia de seguridade recomendada (dous metros, que se debe manter en todo momento entre persoal, produtos e clientes), medidas de barreira nas zonas onde se vai atender ao público, e control de aforo (por cita previa, entrada por quendas e horarios de atención preferente para os maiores de 65 anos).

No tocante á limpeza e hixiene, hai unha serie de puntos fundamentais para transmitir a toda a poboación, como son o lavado frecuente de mans, os riscos de tocar nariz, ollos e boca se as mans non están debidamente desinfectadas, usar máscaras hixiénicas ou cirúrxicas no interior dos comercios, e en xeral cubrir as vías respiratorias con panos desbotables ao tusir ou esbirrar.

Falando do persoal dos comercios, é moi importante transmitirlles a importancia de ventilar frecuentemente, protexer axeitadamente os produtos expostos, e limpar e desinfectar a miúdo aqueles elementos que poden estar máis expostos ao contacto, como son mostradores, pomos, probadores, etc. Ademais, deberán procurar organizar de forma óptima o tránsito dos clientes polo establecemento, sinalizando no chan distancias e camiños, reforzar a desinfeccións de probadores no caso de que estean abertos ao público, fomentar os pagos electrónicos e vendas online, e empregar materiais recomendados polas autoridades sanitarias (non o é, por exemplo, o ozono).

R., 2020-05-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES