
"Este evento que creamos hai uns anos, pero que está absolutamente consolidado e que é unha referencia de moitÃsima xente tanto de Rinlo, de Ribadeo e de moitos quilómetros á redonda, que non queren perder este evento de exaltación do percebe, e sobre todo de exaltación de Rinlo, esta parroquia pequeniña, pero dinámica ao mesmo tempo”.
O rexedor salientou que “a agrupación de percebeiras, que pertence á confrarÃa de pescadores de Ribadeo, están afanadas traballando e apañando o percebe nestes últimos dÃas nos que as mareas non son demasiado grandes, e nos que o mar que arrecia fortemente, pero están facendo todo o posible para ter todo canto percebe poidan vender e ofrecer ao público durante toda a xornada deste sábado 12. Será ao prezo do ano anterior, 13 euros a ración”.
Fernando Suárez quixo “convidar tanto desde a agrupación de percebeiras como desde o Concello de Ribadeo, desde a área de Turismo especialmente, a todas aquelas persoas que se pasen pola Mariña que non deixen de vir a Rinlo a degustar os percebes, que non deixen de participar nun dos eventos máis bonitos e fermosos de toda a tempada estival na Mariña de Lugo”.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.