Notas de prensa

O BNG denuncia que a familia Franco sexa propietaria de dúas esculturas do Pórtico da Gloria de Compostela

O BNG organiza un acto simbólico diante do Museo Xelmírez para reivindicar a devolución ao patrimonio público as esculturas de Abraham e Isaac expostas na mostra adicada o Mestre Mateo, no Museo da Catedral de Santiago e califica de "vergoña democrática que os Franco sexan propietarios de dúas esculturas do Pórtico da Gloria" da catedral compostelana.

No acto organizado hoxe polo BNG diante do Museo da Catedral de Santiago no que se expón a mostra adicada ao Mestre Mateo e que acolle dúas esculturas do Pórtico da Gloria de propiedade da familia Franco, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón reclamou a devolución das figuras de Abraham e Isaac ao patrimonio galego e afirmou que, “vergoña democrática é que dúas esculturas do Pórtico da Gloria formen parte da colección particular da familia Franco”.

Parafraseando á vicepresidenta, Soraya Sáenz de Santamaría que cualificou de vergoña democrática o proceso de independencia en Catalunya, Pontón afirmou que como galegos e galegas , “é unha vergoña democrática que permitamos que a familia Franco manteña bens que foron roubados ou espoliados ao pobo galego con total impunidade” e resulta vergoñento que dende as institucións públicas “non se mova un dedo” para restituír a propiedade das figuras do Pórtico da Gloria, o Pazo de Meirás e a Casa de Cornide ao pobo galego. Esta situación, recalcou a nacionalista, constata ata que punto a transición permitiu que os abusos do franquismo continuaran adiante.

A portavoz nacionalista anunciou que o BNG rexistrará iniciativas no Parlamento galego e no Consello de Santiago de Compostela para que as dúas figuras retornen ao patrimonio galego. A familia Franco parece que está por riba da lei, da dignidade e dos dereitos e dende o BNG seremos “tallantes e claros” para acadar a devolución dos ben incautados durante o período da ditadura de Franco.

Ademais, asegurou que as persoas que asisten a esta exposición descoñecen como estas dúas figuras foron obtidas pola familia do ditador e esta información é un labor de “hixiene democrática e de non permitir atropelos como os que se consentiron durante corenta anos”.

Pola súa parte, a vicepresidenta da Deputación da Coruña e concelleira do BNG no concello de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín explicou que as dúas tallas do Mestre Mateo foron mercadas no ano 1948 polo concello e por valor de 60.000 pesetas coa intención de que non saíran nunca do termo municipal de Compostela, como principal condición na venda. En 1961 as figuras aparecen como propiedade da familia Franco. Neste sentido, anunciou que o BNG presentará unha proposta no concello co fin de emprazar ao goberno de Santiago a iniciar os trámites necesarios para a devolución das tallas ao patrimonio público e “unha investigación” do que aconteceu. Sanmartín recalcou que as dúas figuras do Mestre Mateo deben volver a ser propiedade do concello de Santiago e non volver ao Pazo de Cornide, “outra propiedade roubada ao noso patrimonio pola familia do ditador”.

Gabinete de Comunicación do BNG, 2017-09-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES