
Respecto da nova plataforma de seguimento de contactos, o conselleiro de Sanidade sinalou que nas últimas horas se detectaron 3 novos casos e que a taxa de contactos contaxiados por positivo é do 2,2%. En canto á realización de probas aos profesionais sanitarios, apuntou que durante a presente semana completarase o 100% das probas do primeiro cribado.
O informe enviado por Sanidade, está composto por 107 páxinas e inclúe un total de 55 indicadores que miden a evolución da pandemia da COVID-19 en Galicia, e que atenden a criterios asistenciais, recursos e equipamentos de protección, recursos de laboratorio, control das fontes de infección, recursos humanos ou o control da situación nas residencias da terceira idade e de persoas con discapacidade.
O titular de Sanidade, tamén anunciou que desde a comunidade galega presentarase unha alegación respecto das visitas ás residencias de maiores e persoas con discapacidade, unha cuestión para a que dende a Xunta se deseñara un estrito protocolo e que agora, de acordo, á confirmación do Ministerio de Sanidade, poderá ser incluído por cadansúa comunidade autónoma na fase 2.
Así mesmo, o informe trasladado polo departamento sanitario galego pón o foco nas limitacións de mobilidade existentes nas catro provincias galegas e subliña, que 306 dos 313 concellos da nosas comunidade, non teñen casos de transmisión comunitaria durante os últimos tres días. Nesta mesma liña, tamén se solicitan menores limitacións para aqueles concellos con menos de 10.000 habitantes.
Pola súa banda, o director xeral de Asistencia Sanitaria, Jorge Aboal, informou que desde a Atención Primaria se identificaron 2.453 casos sospeitosos de COVID-19 e que, tras realizárllelas probas ao 100% destes pacientes, un total de 40 persoas deron positivo.
Sobre o informe que se lle trasladou ao Ministerio de Sanidade, Aboal, destacou que este xa incorpora os datos actualizados do seguimento de casos que se está facendo desde Galicia, a mellora da capacidade de resposta que mantén o sistema sanitario galego á hora de realizar PCR, así como o amplo número de probas realizadas aos profesionais sanitarios.
Finalmente, o subdirector de Información sobre Saúde e Epidemioloxía, Xurxo Hervada, puxo o foco no descenso da curva de contaxios en Galicia, e en que, a maior parte dos concellos galegos están libres de transmisión comunitaria.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.