
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.
O número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais de Galicia supoñen o 0,6% do total das persoas residentes.
Na xornada de onte non se rexistraron falecementos en centros residenciais.
Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.
Uso do 061 para casos graves e emerxencias e o 900 400 116 para dúbidas
A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.
Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía unha páxina web coronavirus.sergas.gal, na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.
Así mesmo, o departamento sanitario galego ten a disposición da poboación o teléfono 900 400 116, para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número pódense resolver todas asa dúbidas dos cidadáns ao respecto e tamén consultar sintomatoloxía leve.
Recomendacións
Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven a reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe. Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara internado cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, denunciou hoxe no Parlamento galego a situación xeral na que se atopa a prestación do servizo de transporte ferroviario en Galicia, motivada polos problemas acumulados nas últimas semanas con máis incidencias das habituais que dificultan a mobilidade da poboación galega. Nunha comparecencia a petición propia criticou que, como sempre, falta por parte do Goberno central 'información directa, clara e transparente do que pasa, as causas e as medidas que hai que adoptar'. Tamén achacou a 'falta de previsión, mantemento e planificación', así como a necesidade de investimentos para dotar a Galicia dun sistema ferroviario moderno e competitivo con tempos de viaxe razoables e frecuencias suficientes.
O Centro Tecnolóxico do Mar traballará nos vindeiros dous anos no proxecto 'Esparde-Efectos do Desprazamento Espacial de Flotas Pesqueiras Artesanais e Costeiras Derivados da Conservación e a Planificación do Medio Marino', unha iniciativa que analiza como as medidas de protección e ordenación do medio mariño inflúen nos desprazamentos da pesca artesanal e costeira, así como na sostibilidade das comunidades pesqueiras. Enmarcado no Programa Pleamar 2025, Esparde ten como obxectivo comprender mellor os efectos derivados da reubicación das flotas de pequena escala como consecuencia das restricións espaciais nos caladoiros. 'Esparde' pon o foco en embarcacións con porto base en Galicia, Asturias e Cantabria, especialmente naquelas que operan en zonas suxeitas a limitacións actuais ou futuras.