//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias sociedad
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 834, deles 207 son da área da Coruña, 58 da de Lugo, 121 da de Ourense, 36 da de Pontevedra, 250 da área de Vigo, 137 da de Santiago, e 25 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 7 permanecen en UCI, 52 están en unidades de hospitalización e 775 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.764 persoas curadas, rexistrándose 614 falecementos. O número de PCR realizadas é de 136.059.
219 dos 313 concellos galegos, é dicir, o 70%, quedan libres xa na súa totalidade de franxas horarias para pasear e facer deporte en base aos novos criterios establecidos hoxe polo Goberno central. Tamén poden abrir os espazos interiores de bares e restaurantes. Trátase de concellos de menos de 10.000 habitantes que teñen unha densidade poboacional inferior a 100 habitantes por quilómetro cadrado. A gran maioría deles xa tiñan parroquias libres de franxas pero agora amplían esa potestade a todo o seu termo municipal e tamén ven reducidas as medidas de confinamento.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 854, deles 207 son da área da Coruña, 58 da de Lugo, 127 da de Ourense, 36 da de Pontevedra, 255 da área de Vigo, 145 da de Santiago, e 26 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 11 permanecen en UCI, 60 están en unidades de hospitalización e 783 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.740 persoas curadas, rexistrándose 614 falecementos. O número de PCR realizadas é de 135.464.
Alberto Núñez Feijóo insistiu novamente na petición de que se permita a mobilidade entre as catro provincias galegas. Durante a undécima videoconferencia co Goberno central e os outros presidentes autonómicos, Feijóo considerou que a mobilidade provincial debería estar autorizada desde xa, en todo caso, para visitar a familiares de segundo grao, para as visitas aos menores tutelados e para visitar aos maiores que estean nunha residencia dunha provincia distinta á que viven os seus fillos ou netos. E tamén entendemos que se debe permitir aos estudantes ir a recoller as súas pertenzas aos pisos ou residencias que están nunha provincia distinta á dos seus domicilios.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 920, deles 225 son da área da Coruña, 60 da de Lugo, 141 da de Ourense, 40 da de Pontevedra, 265 da área de Vigo, 161 da de Santiago, e 28 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 12 permanecen en UCI, 72 están en unidades de hospitalización e 836 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.607 persoas curadas, rexistrándose 610 falecementos. O último falecemento rexistrado en Galicia por coronavirus correspóndese cunha muller de 65 anos que estaba ingresada no CHUS e presentaba patoloxía previas. O número de PCR realizadas é de 131.948.
Arredor de 30.000 persoas están inmunizadas fronte ao COVID-19 en Galicia, o que supón un 1,15% da poboación. Estas son algunhas das conclusións do Estudo de seroprevalencia fronte ao COVID-19 que está realizando o Sergas e que se presentou esta mañá en rolda de prensa. Da base de datos de tarxeta sanitaria, por mostraxe aleatoria simple, seleccionouse unha mostra, estratificada en seis estratos, definidos polo sexo e os tres grupos de idade de 0 a 18, de 19 a 64 e 65 a máis anos, para cada un dos sete concellos con maior poboación de Galicia e para outras 38 comarcas ou agrupacións de comarcas. En total son 45 mostras independentes. Polo de agora levouse a cabo a primeira das fases do estudo.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 990, deles 252 son da área da Coruña, 63 da de Lugo, 160 da de Ourense, 50 da de Pontevedra, 273 da área de Vigo, 161 da de Santiago, e 31 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 13 permanecen en UCI, 72 están en unidades de hospitalización e 905 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.505 persoas curadas, rexistrándose 608 falecementos. O número de PCR realizadas é de 130.424.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.063, deles 285 son da área da Coruña, 69 da de Lugo, 171 da de Ourense, 51 da de Pontevedra, 290 da área de Vigo, 168 da de Santiago, e 29 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 16 permanecen en UCI, 79 están en unidades de hospitalización e 968 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.411 persoas curadas, rexistrándose 607 falecementos. O número de PCR realizadas é de 128.856.
O Conselleiro de Sanidade compareceu en rolda de prensa telemática para informar que o Sergas xa lle trasladou un informe ao Ministerio de Sanidade no que solicita o pase da comunidade galega á segunda fase da desescalada. Na compaña do director xeral de Asistencia Sanitaria, Jorge Aboal, e máis o subdirector de Información sobre Saúde e Epidemioloxía, Xurxo Hervada, Almuíña destacou as medidas de fortalecemento que incorporou nas últimas semanas o Sergas á hora de detectar e diagnosticar novos casos sospeitosos de infección por COVID-19, como a nova plataforma de seguimento de contactos de persoas infectadas ou o reforzo dos laboratorios de microbioloxía cos que xa se poden realizar 6.500 probas ao día.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 1.136, deles 283 son da área da Coruña, 72 da de Lugo, 190 da de Ourense, 56 da de Pontevedra, 328 da área de Vigo, 176 da de Santiago, e 31 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 15 permanecen en UCI, 92 están en unidades de hospitalización e 1.029 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.281 persoas curadas, rexistrándose 607 falecementos. O número de PCR realizadas é de 127.359.
O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, avogou hoxe porque na Comisión parlamentaria de estudo sobre a política forestal e os incendios forestais, que mañá proporemos na Xunta de Portavoces, sexamos capaces de facer un plan a longo prazo, asumido por todas as forzas políticas e coa implicación de todas as administracións.
InquEDU está dirixida a toda a comunidade escolar; mestres, estudantes e familias que se reunirán en torno ao debate sobre a divulgación e a reflexión en torno á innovación educativa. A diversidade sexual, a cuestión de xénero, a música, os idiomas e a afectividade nas aulas protagonizan as presentacións e charlas que se celebrarán o 1 de decembro no Gaiás.
El showroom previsto para el 14 de noviembre está impulsado por el Consejo Regulador de la Denominación de Origen Ribeiro. Los profesionales de la hostelería y el público general podrán acceder al showroom de forma gratuita para conocer y degustar los vinos de las once bodegas ourensanas que contarán con expositores en el evento de la capital gallega.
Está dirixido a moz@s desempregad@s e inscrit@s no Sistema de Garantía Xuvenil, que non están integrados en ningún itinerario educativo.
A deputada socialista Noela Blanco sinala que a declaración da Festa do Polbo como de Interese Turístico remóntase a 1972, e conta dende 2012 coa declaración de Interese Turístico Nacional, co que tan só resta a súa declaración como de Interese Turístico Internacional.
O titular do Goberno galego avanza que a Xunta investirá 430.000 euros no proxecto e indica que este convenio supón unha obriga para favorecer a integración da actividade docente, investigadora e clínica. Lembra que en abril de 2016 o Sergas apoiou o concurso de ideas para a redacción do proxecto. Feijóo considera que se trata dunha obra "moi ambiciosa".
O cociñeiro Jorge Gago, do restaurante A Maceta, preparou en directo na praza Roxa a tapa gañadora do Premio do xurado da edición de Santiago(e)tapas 2016, "Xurelo San Simón". Con esta acción na rúa, no que participou a concelleira de Turismo, Marta Lois, anunciouse o comezo da décima edición do concurso de tapas de Santiago, do 2 ao 19 de novembro.
Acordouaw interpoñer unha demanda de xuízo ordinario contra Carmen Franco y Polo para reclamar as dúas esculturas do Mestre Mateo que están en mans da familia Franco malia a seren propiedade do Concello de Santiago. O alcalde deu conta desta decisión para que a herdeira do ditador proceda á devolución das pezas.
A conservación do patrimonio natural e a loita contra o cambio climático serán materias prioritarias nas contas de Medio Ambiente para o 2018, que se elevan a máis de 280 M. A conselleira presenta o orzamento do departamento que dirixe, co que tamén se mantén o compromiso coa mellora da calidade das rías galegas e darase un novo pulo á paisaxe.
O conselleiro de Cultura e Educación participa na xornada "Robótica en primaria", na que os alumnos amosan os proxectos que poden desenvolver nas aulas con este tipo de ferramentas. Sinálase a oportunidade que a introdución destas tecnoloxías nos colexios e institutos supón para construír un mundo mellor.