Notas de prensa

O Goberno de Compostela interpón unha demanda contra Carmen Franco para reclamar as esculturas do Mestre Mateo

Acordouaw interpoñer unha demanda de xuízo ordinario contra Carmen Franco y Polo para reclamar as dúas esculturas do Mestre Mateo que están en mans da familia Franco malia a seren propiedade do Concello de Santiago. O alcalde deu conta desta decisión para que a herdeira do ditador proceda á devolución das pezas.

O alcalde explicou que a demanda se interpón ante o Xulgado de Primeira Instancia de Madrid, porque "este tipo de accións xudiciais que lle afectan a bens mobles é preciso formulalas no lugar de domicilio da persoa demandada". Na argumentación xurídica, o Concello "contrapón que as pezas foron compradas polo Concello de Santiago nunha acción perfectamente legal e documentada, mentres que non existe ningún documento que xustifique que as dúas esculturas acabaran no poder da familia Franco".

A demanda que se vai presentar tamén sinala que as dúas esculturas adquiridas polo Concello de Santiago pasaron a ser bens de dominio público "e polo tanto non se pode alegar a prescrición para que a herdeira da familia Franco non as devolva". Ademais, incídese en que as pezas do Mestre Mateo forman parte do patrimonio histórico-artístico nacional "que nin a Lei de 13 de maio de 1933 de Patrimonio Artístico Nacional, nin a posterior Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español permite vender nin ceder a ningún particular, se non tan só a outra administración pública".

A demanda xudicial vai acompañada de numerosa documentación, tanto relativa á compra das esculturas por parte do Concello de Santiago, como á autentificación das pezas, realizada polo catedrático de Historia da Arte da Universidade da Coruña Ramón Yzquierdo Perrín.

Prazos

Na demanda, pídeselle ao xulgado que se declare que as dúas esculturas pertencen ao Concello de Santiago e que se condene a Carmen Franco y Polo a que as devolva á Corporación para sexan obxecto de exposición permanente no Museo da Catedral de Santiago.

Unha vez presentada a demanda, a herdeira de Franco terá un prazo de 20 días para presentar as súas alegacións, antes de que se fixe a Audiencia Previa. A asesoría xurídica municipal estima que o caso se resolva, en primeira instancia, nun prazo máximo dun ano.

Gabinete de Comunicación do Concello de Santiago de Compostela, 2017-10-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES