
Nesta décima edición de Santiago(é)tapas, evento xa consolidado tanto entre o público como entre o propio sector da restauración da cidade, introdúcense dúas novidades que pretenden facer máis sinxela a participación no concurso. ModifÃcase o Tapasporte, que pasa de ser un libriño a ser un despregable similar á credencial do Camiño. E amplÃase o número de rutas de tapas de cinco a seis, de tal xeito que sexa máis sinxelo rematar unha ruta, ao contar con menos locais.
Ademais, nesta décima edición, as rutas noméanse cos diferentes Camiños de Santiago: Camiño Portugués, Camiño Sueste, Camiño Primitivo, Camiño de Fisterra-MuxÃa, Camiño Inglés e Camiño Francés. Deste xeito faise máis patente o vÃnculo orixinario de Santiago(é)tapas entre a peregrinación a Santiago e unha peregrinación gastronómica polos locais da cidade.
A décima edición do concurso continúa mantendo un número moi elevado de locais participantes. Neste caso participan 70 locais, que ofertarán 101 tapas distintas, todas a un prezo único de dous euros e medio. O público participante poderá puntuar as tapas que probe, asà como a experiencia global no local. Entregaranse premios ao público en función do número de rutas completadas.
Por terceira edición consecutiva, Santiago(é)tapas está organizado de modo conxunto por Turismo de Santiago e a Asociación HostalerÃa Compostela, nun modelo de coparticipación entre o Concello e o sector privado da cidade. Este ano conta por primeira vez con Mahou como patrocinador principal e co patrocinio xa tradicional de Cash Récord, Coca Cola. Conta tamén coa colaboración institucional da Deputación da Coruña.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.