
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou na rolda de prensa do Consello a aprobación da sinatura do convenio coa Universidade de Santiago para financiar a redacción do proxecto do novo edificio da Facultade de Medicina e OdontoloxÃa, no que a Xunta investirá 430.000 euros.
Unha vez que finalice a redacción do proxecto, será a universidade a encargada de licitar e executar as obras correspondentes.
Feijóo aseverou que este convenio supón unha obriga para favorecer a integración da actividade docente, investigadora e clÃnica, posto que na zona da Choupana, onde se construirá a nova facultade, xa se sitúan algúns dos centros de investigación que se agrupan no bioclúster das ciencias da saúde Campus Vida.
Durante a súa intervención, o titular da Xunta lembrou que en abril de 2016 o Sergas apoiou o concurso de ideas para a redacción do proxecto do novo edificio e, neste mes de xuño, a Universidade rematou os trámites e formalizou a adxudicación do proxecto básico a unha proposta arquitectónica bautizada 'Enxebre'.
Polo tanto, o que hoxe se aproba é o cofinanciamento do proxecto básico, do que ten que saÃr posteriormente o proxecto construtivo e, a partir de aÃ, a construción da nova facultade de Medicina que, segundo asegurou o presidente da Xunta, obrigará a ampliar o hospital clÃnico, no que xa se está a traballar, dado que a facultade vai empregar instalacións hospitalarias que están en funcionamento na zona da Choupana.
Como asegurou Feijóo, trátase dunha obra “moi ambiciosa” posto que se trata de construÃr un novo edificio para unha facultade que leva séculos formando os profesionais sanitarios de Galicia.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.