
A deputada socialista Noela Blanco presentou unha serie de iniciativas parlamentarias para solicitarlle á Xunta de Galicia que comece e axilice os trámites para a declaración da Festa do Polbo de O Carballiño como de Interese TurÃstico Internacional. Sinalou a relevancia socioeconómica deste certame que se celebra na localidade ourensá no segundo domingo de agosto.
A responsable socialista sinala que a declaración da Festa do Polbo como de Interese TurÃstico remóntase a 1972, e conta dende 2012 coa declaración de Interese TurÃstico Nacional, co que tan só resta a súa declaración como de Interese TurÃstico Internacional, de acordo coas bases que figuran na Orde ITC/1763/2006.
Blanco insta á Xunta a “impulsar e apoiar todas as actuacións necesarias para axilizar a declaración da Festa do Polbo do Carballiño de Interese TurÃstico Internacional”. Sinala que esta declaración está “máis que xustificada” para un encontro que este ano, no que celebrou a súa 55 edición, reuniu a máis de 100.000 persoas que consumiron aproximadamente 50 toneladas de polbo, sen ter en conta os actos gastronómicos e culturais que rodean á celebración.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.