//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias sociedad
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 20.481, deles 5.389 son da área da Coruña, 1.798 da de Lugo, 2.866 da de Ourense, 1.940 da de Pontevedra, 3.630 da área de Vigo, 3.242 da de Santiago, e 1.616 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 170 están en UCI, 1.031 en unidades de hospitalización e 19.280 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 67.473 persoas curadas, rexistrándose 1.649 falecementos.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 19.768, deles 5.225 son da área da Coruña, 1.731 da de Lugo, 2.761 da de Ourense, 1.818 da de Pontevedra, 3.542 da área de Vigo, 3.118 da de Santiago, e 1.573 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 161 están en UCI, 993 en unidades de hospitalización e 18.614 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 66.800 persoas curadas, rexistrándose 1.622 falecementos. O número de PCR realizadas é de 1.334.415. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 66.899.
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe, tras a reunión do comité clínico, que toda Galicia estará desde o mércores 27 de xaneiro, e durante un mínimo de tres semanas, no nivel de restrición máxima. Todas as áreas sanitarias están a soportar unha presión importante e é necesario reducila; e iso implica a todos os galegos e a todos os concellos, aseverou, facendo fincapé na necesidade de limitar ao mínimo as interaccións, as relacións sociais e a mobilidade.
O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, informou hoxe de que as vías interurbanas de Galicia rexistraron en 2020 o menor número de falecidos por accidentes de tráfico desde que existen rexistros oficiais. Apuntou que 70 persoas perderon a vida nas estradas galegas, segundo o balance provisional de siniestralidade viaria da Dirección General de Tráfico: son 18 menos que no ano 2019, un 8% menos que no ano anterior (88 falecidos) e un 25% inferior á media dos últimos cinco anos. Engadiu que dez anos antes a cifra de falecidos chegou a 179 vítimas, e no 2000 perderon a vida 473 persoas nas estradas galegas.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 17.125, deles 4.414 son da área da Coruña, 1.449 da de Lugo, 2.413 da de Ourense, 1.485 da de Pontevedra, 3.153 da área de Vigo, 2.843 da de Santiago, e 1.368 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 137 están en UCI, 795 en unidades de hospitalización e 16.193 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 64.662 persoas curadas, rexistrándose 1.584 falecementos. O número de PCR realizadas é de 1.297.047. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 65.411.
A Xunta de Galicia vén de trasladarlle ao Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde a súa proposta de adianto do horario do toque de queda na comunidade galega, co obxectivo de frear a expansión da covid-19. O conselleiro de Sanidade volveu a insistir na conveniencia de que o Goberno central poña a disposición das comunidades autónomas todas as ferramentas posibles para o control da covid-19 segundo a situación epidemiolóxica de cada momento e que se poidan empregar a nivel de provincia, concello, área sanitaria e distrito sanitario.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 14.975, deles 3.839 son da área da Coruña, 1.273 da de Lugo, 2.107 da de Ourense, 1.195 da de Pontevedra, 2.776 da área de Vigo, 2.593, da de Santiago, e 1.192 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 132 están en UCI, 696 en unidades de hospitalización e 14.147 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 63.317 persoas curadas, rexistrándose 1.550 falecementos. O número de PCR realizadas é de 1.272.189. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 59.124.
O Comité clínico que fai seguimento da evolución da covid-19 en Galicia vén de acordar, na súa reunión de hoxe, elevar ao nivel máximo as restricións aos concellos de Vigo e Pontevedra, logo da revisión da evolución epidemiolóxica da covid-19 en toda Galicia. Así mesmo, o Comité clínico decidiu tamén subir ao nivel máis alto de restricións outros 54 concellos da nosa comunidade autónoma dos que 11 están na área sanitaria da Coruña e Cee; 3 na de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos; 5 na de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras; 5 na de Pontevedra e O Salnés; 10 na de Vigo; 10 na de Santiago de Compostela e Barbanza e 9 na de Ferrol.
O Servizo Galego de Saúde acadou, no pasado ano, unha cifra de 110 doazóns de órganos e mantivo en 328 a cifra de transplantes de órganos nos seus hospitais, uns datos moi destacables, tendo en conta a actual pandemia de Covid. Así mesmo, resulta especialmente salientable o feito de que o número de transplantes de corazón feitos en Galicia foi o máis alto a nivel nacional, e o número de transplantes de pulmón foi o mais alto en Galicia desde que comezou o programa no ano 1999 e o segundo do Estado. Estes datos foron dados a coñecer hoxe, en rolda de prensa, na que estivo presente o director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal Viñas; a directora da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), Marisa López García; e a coordinadora autonómica de transplantes, Encarnación Bouzas Caamaño.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 13.252, deles 3.346 son da área da Coruña, 1.146 da de Lugo, 1.830 da de Ourense, 1.088 da de Pontevedra, 2.452 da área de Vigo, 2.341 da de Santiago, e 1.049 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 104 están en UCI, 635 en unidades de hospitalización e 12.513 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 62.523 persoas curadas, rexistrándose 1.512 falecementos. O número de PCR realizadas é de 1.250.540.
Persentouse no Gaiás o libro Feminismos. A historia cóntana as vencedoras, que contou coa presenza do director da Editorial Galaxia, Francisco Castro; da autora do libro, Anna R. Figueirido, da directora-xerente da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez Reboredo, e da secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella. O libro fai un percorrido da situación das mulleres dende a prehistoria ata o día de hoxe.
A primeira edición da Conference on Transfer between Mathematics & Industry (CTMI 2019) celebrarase o vindeiro mes de xullo na Facultade de Matemáticas da USC. Colaboran na súa organización o Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI) e a Rede Española para Matemáticas e Industria (math-in), coa colaboración do European Service Network of Mathematics for Industry and Innovation (EU-MATHS-IN).
Importante reunión el viernes 1 de marzo en la Facultad de Económicas de Santiago de Compostela entre tres profesores de la USC - Facultad de la Escuela Politécnica Superior de Ingeniería y dirigentes de la Asociación Castaño y Nogal para facilitad el trabajo de campo a tres grupos de alumnos en núcleos de Cancelada, con relación al proyecto y materias que luego se reseñan:
A valoración media dos servizos sanitarios que realiza a poboación galega é bastante positiva, segundo se desprende dos datos do Barómetro Sanitario que vén de publicar o Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social cos datos referidos a 2018. O conxunto dos galegos enquisados valoran a atención primaria de Galicia con 7,47 puntos sobre 10 (7,31 no Sistema Nacional de Saúde), sendo especialmente apreciados a confianza e a seguridade que transmite o persoal médico (7,70) e enfermería (7,57).
Trátase de premiar as boas prácticas respecto dun tratamento axeitado de asuntos de cobertura informativa diaria como poden ser o sexismo na publicidade, outros modelos de masculinidade, a violencia machista, a trata de seres humanos con fins de explotación sexual, a violencia de xénero en colectivos especialmente vulnerables, a situación da muller nos diferentes ámbitos, así como os temas relacionados en xeral coa perspectiva de xénero.
A compañía de distribución galega anima aos concellos da comunidade a participar nesta iniciativa que, ademais de designar á cidade, vila ou pobo que máis se distingue nesta celebración, busca poñer en valor a singularidade dun evento de gran calado na nosa terra. A través dunha carta enviada aos alcaldes e alcaldesas, Gadis trasladou a invitación para converter o concurso nunha sa competencia na que cada Concello terá que achegar vídeos e fotografías.
Por segundo fin de semana consecutivo el Mercado de Abastos de Santiago de Compostela acoge la iniciativa "Espacios Efímeros de Emprendimiento de Economía Social POP UP donde seis entidades de economía social, cinco de ellas cooperativas vinculadas con la alimentación, dispondrán de espacios itinerantes para presentar sus marcas y productos a los visitantes al tiempo que testean las apreciaciones.
El Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) como titular, a través de la Misión Biológica de Galicia (MBG), de la variedad de judía de enrame Galaica, ha dado cuenta esta mañana en un acto en Santiago de Compostela de los términos por los cuales se inicia la explotación comercial de dicha variedad en el marco del contrato de transferencia de material y licencia de explotación que ha suscrito con Terras da Mariña Sociedad Cooperativa Galega.
Presentouse no Museo Provincial de Lugo a II Xornada de divulgación científica do patrimonio arqueolóxico lucense. A cita será o vindeiro 22 de marzo no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, e analizaranse as covas paleolíticas de Eirós en Triacastela, a de Valdavara en Becerreá e a da Valiña en Castroverde, entre outras. Neste encontro que leva por titulo, As Covas: portas a outros mundos, participarán catedráticos, profesores, arqueólogos, e expertos en patrimonio.
Este venres celebrouse no Centro Sociocultural de Paradela, a Cata de Cualificación da colleita 2018 na D.O. Ribeira Sacra, co obxectivo de establecer unha valoración media desta última colleita. O panel de cata valorou 10 referencias, representativas das 5 subzonas (Amandi, Chantada, Quiroga- Bibei, Ribeiras do Miño e Ribeiras do Sil), catando mostras de pequenas e grandes adegas, e mostras de depósito e xa no mercado.