
Gadis referenda o seu compromiso coa sociedade, a cultura e as tradicións de Galicia co concurso “O meu entroido é o mellor!”. A compañÃa de distribución galega anima aos 313 concellos da comunidade autónoma a participar nesta iniciativa que, ademais de designar á cidade, vila ou pobo que máis se distingue nesta celebración, busca poñer en valor a singularidade dun evento de gran calado na nosa terra.
A través dunha carta enviada aos 313 alcaldes e alcaldesas, Gadis trasladou a invitación para converter o concurso nunha sa competencia na que cada Concello terá que achegar vÃdeos e /ou reportaxes fotográficas que apoien a súa candidatura, mostrando os aspectos máis destacados do seu Entroido, desde a vertente cultural á participación dos veciños.
Nos últimos meses do 2019, os clientes de Gadis, cos seus votos online, serán os encargados de designar aos gañadores. Entregarase un primeiro premio, de 30.000 euros, e dous accésits de 5.000 euros cada un. A dotación económica, que deberá ser reinvestida na próxima edición do Entroido, abonarase en xaneiro de 2020.
A posta en marcha deste concurso ratifica a implicación de Gadis con Galicia, á que lle une un profundo arraigamento desde as súas orixes. O apoio da compañÃa ás diversas manifestacións culturais da comunidade entronca co seu apoio ás economÃas locais, plasmado na súa estreita colaboración con máis de 900 produtores de proximidade.
A adquisición continuada de produtos adquire unha importancia especial durante o Entroido, coa presenza nos lineais de artigos para elaborar menús tÃpicos desta festividade na que nunca falta o tradicional cocido galego: pataca, grelos, repolo ou garavanzos ou e a mellor carne de porco: lacón, costela, cacheira e chourizos. Ademais, dispoñemos de produtos máis exclusivos, como a androlla e o botelo. Os clientes de Gadis teñen ao seu alcance tamén unha ampla variedade dos ingredientes necesarios para preparar os clásicos doces do Entroido, que son a mellor escusa para prolongar a sobremesa: orellas, filloas, rosquillas.
A implicación de Gadis en promocionar as tradicións culturais e sociais galegas faise extensiva ao apoio que brinda a Concellos, asociacións, centros educativos e eventos como a Festa Choqueira da Coruña, a Festa da Filloa de Lestedo ou a Feira do Cocido de LalÃn, que marcou cifras récord na súa última edición.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.