//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias sociedad
Como parte do Plan de continxencia fronte á pandemia da covid 19, o Servizo Galego de Saúde está a aplicar, desde este luns, o aprazamento de determinados actos cirúrxicos que permitan demora. Trátase de cirurxía con ingreso complexas que poden requirir no post operatorio o uso de camas de críticos. Desta maneira, aquelas intervencións cirúrxicas cuxa reprogramación non xera complicación algunha de tipo clínico na natureza médica da mesma, aprazaranse a días próximos co obxectivo de garantir a dispoñibilidade do número de camas necesarias fronte á terceira onda da pandemia.
A directora xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, Carmen Durán Parrondo, compareceu hoxe, por petición propia, na Comisión 5ª de Sanidade, Política Social e Emprego do Parlamento de Galicia, para informar sobre o Plan galego de vacinación fronte ao Sars-Cov-2. A representante do departamento sanitario galego manifestou que o obxectivo da Xunta de Galicia é que, na segunda quincena do mes de febreiro, xa se terán administradas as dúas doses aos grupos de poboación prioritarios, é dicir, aos maiores e profesionais das residencias e, ademais, ao persoal sanitario da primeira liña, cumprindo así os obxectivos fixados.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 10.215 deles 2.469 son da área da Coruña, 945 da de Lugo, 1.348 da de Ourense, 867 da de Pontevedra, 1.893 da área de Vigo, 1.983 da de Santiago, e 710 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 82 están en UCI, 463 en unidades de hospitalización e 9.670 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 60.811 persoas curadas, rexistrándose 1.480 falecementos. O número de PCR realizadas é de 1.211.826. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 37.745.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 9.479 deles 2.260 son da área da Coruña, 890 da de Lugo, 1.232 da de Ourense, 832 da de Pontevedra, 1.720 da área de Vigo, 1.886 da de Santiago, e 659 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 73 están en UCI, 438 en unidades de hospitalización e 8.968 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 60.363 persoas curadas, rexistrándose 1.474 falecementos. O número de PCR realizadas é de 1.201.074. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 33.346.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, pediu hoxe aos galegos máxima prevención e anunciou que toda Galicia estará, desde o venres e, probablemente, ata mediados de febreiro, nos dous niveis máis altos de protección do protocolo contra a pandemia. Durante a súa comparecencia para dar conta das medidas acordadas no comité clínico, Feijóo explicou que, con carácter xeral, aplicarase o nivel medio-alto en toda a Comunidade, se ben, nas zonas de maior incidencia aplicarase o nivel de máxima restrición. E mantemos o peche da Comunidade que se decretou xa hai varias semanas, recordou.
A Dirección Xeral de Saúde Pública informa que o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 8.810 deles 2.064 son da área da Coruña, 810 da de Lugo, 1.140 da de Ourense, 809 da de Pontevedra, 1.579 da área de Vigo, 1.810 da de Santiago, e 598 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 70 están en UCI, 421 en unidades de hospitalización e 8.319 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 59.997 persoas curadas, rexistrándose 1.462 falecementos. O número de PCR realizadas é de 1.191.153. O numero de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 30.418.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 8.250 deles 1.944 son da área da Coruña, 778 da de Lugo, 1.040 da de Ourense, 758 da de Pontevedra, 1.484 da área de Vigo, 1.679 da de Santiago, e 567 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 71 están en UCI, 397 en unidades de hospitalización e 7.782 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 59.725 persoas curadas, rexistrándose 1.450 falecementos. O número de PCR realizadas é de 1.184.921. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 27.004.
Axentes da Policía Autonómica levaron a cabo a pasada fin de semana un total de 112 dispositivos en 44 concellos galegos, no marco do plan de actuacións específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas adoptadas polas autoridades competentes pola covid-19, nos que foron tramitadas un total de 38 denuncias. Ao abeiro destes controis, os axentes realizaron na provincia de A Coruña, 37 dispositivos nos concellos de Arteixo, Betanzos, Boiro, Cambre, Coirós, A Coruña, Culleredo, A Laracha, Rianxo, Santiago de Compostela e Val do Dubra.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 6.889, deles 1.557 son da área da Coruña, 626 da de Lugo, 818 da de Ourense, 717 da de Pontevedra, 1.222 da área de Vigo, 1.517 da de Santiago, e 432 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 63 están en UCI, 350 en unidades de hospitalización e 6.476 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 58.766 persoas curadas, rexistrándose 1.436 falecementos. O número de PCR realizadas é de 1.159.616.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 6.700, deles 1.470 son da área da Coruña, 619 da de Lugo, 764 da de Ourense, 735 da de Pontevedra, 1.260 da área de Vigo, 1.453 da de Santiago, e 399 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 57 están en UCI, 362 en unidades de hospitalización e 6.281 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 58.303 persoas curadas, rexistrándose 1.431 falecementos. O número de PCR realizadas é de 1.153.347.
A III Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería, Abanca Cimag-GandAgro, abrirá as súas portas dende mañá ata o sábado na Feira Internacional de Galicia ABANCA coa presenza de 544 firmas expositoras de 32 países, dos cales 188 son expositores directos e 356 son marcas representadas. En canto ás firmas expositoras, supoñen un 39% máis que en 2017, cando foran 392, e son dun 33% máis de países.
As razas autóctonas de Galicia en perigo de extinción conseguiron aumentar os seus censos entre un 1,4% e un 25,4% no último ano, segundo fontes consultadas pola III Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería, Abanca Cimag-GandAgro 2019. Así, as cinco razas bovinas rexistraron en conxunto un aumento de 164 animais, pasando de 11.274 exemplares en 2017 a 11.438 ao remate de 2018, un 1,4% máis.
Co cooperativismo agrogandeiro en Galicia como tema central, o Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia da USC (IDEGA) entregou este xoves a quinta edición dos premios Jesús García Calvo de investigación en desenvolvemento rural, que nesta quenda conmemorou ademais o 50 aniversario de Feiraco. Na mesma sesión tamén se entregou o Premio Valentín Paz Andrade de investigación en Economía de Galicia.
Ecoembes, entidade sen ánimo de lucro, e a Xunta de Galicia, destinarán un orzamento de case 1,5 millóns de euros ao Plan Galicia Recicla, unha iniciativa coa que se persegue mellorar as taxas de reciclaxe de envases lixeiros e papel cartón. As distintas iniciativas que se levarán a cabo ao longo do presente ano para mellorar as cifras actuais de reciclaxe resúmense nun incremento dun 11,4% máis de papel-cartón e nun 9,8%, de envases lixeiros respecto a 2017.
Presentouse na sede do CIAE 112 Galicia o novo proxecto didáctico cos Bolechas como protagonistas que formará aos máis pequenos no correcto uso do teléfono 112 de atención ás emerxencias. Os Bolechas explicáronlles aos escolares galegos que participaron no acto a necesidade de coñecer o teléfono pero tamén en que circunstancias pode, e debe, utilizarse.
Como cada ano, a Universidade de Santiago conmemora este luns 11 o Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia, proclamado en 2015 pola ONU co propósito de acadar o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, o seu empoderamento e avanzar na igualdade de xénero. Entre as actividades previstas, o Campus de Lugo acollerá as xornadas de debate Mulleres, ciencia e tecnoloxía.
O un de febreiro, na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago, inaugurouse a exposición IMAXE E PALABRA, organizada por Aspnais (Asociación lucense de pais e titores de persoas con discapacidade intelectual) con motivo do Cincuentenario desta entidade.
O un de febreiro, na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago, inaugúrase oficialmente a exposición IMAXE E PALABRA, organizada por Aspnais (Asociación lucense de pais e titores de persoas con discapacidade intelectual) con motivo do Cincuentenario desta entidade. Durante as celebracións do Cincuentenario, arredor de douscentos lucenses visitaron as instalacións da entidade, conviviron cos usuarios de Aspnais, e difundiron as súas vivencias.
Afundación, a Obra Social de ABANCA, no seu propósito de potenciar as experiencias interactivas dentro das súas actividades, presenta este mes de febreiro novas propostas lúdico-educativas vinculadas a «Sonoro empeño. A música nas coleccións ABANCA e Afundación», un proxecto expositivo que ilustra a relación entre as artes plásticas e a música, con obras de Picasso, Kandinsky ou Lugrís.
A Rede Galega de Praias sen Fume conta cun total de 79 areais pertencentes a 45 concellos. A evolución da rede dende a súa creación está a ser moi satisfactoria, pasando de 26 praias correspondentes a 19 concellos no ano 2016 a 46 praias pertencentes a 27 concellos no 2017 e ás 79 actuais; isto supón o 16% das praias censadas en Galicia. Ademais, os concellos de Baiona, Corcubión e Rianxo contan coa acreditación de ouro