Notas de prensa

Entregados os premios de investigación 'Valentín Paz Andrade' en economía de Galicia e 'Jesús García Calvo' en desenvolvemento rural

Co cooperativismo agrogandeiro en Galicia como tema central, o Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia da USC (IDEGA) entregou este xoves a quinta edición dos premios ‘Jesús García Calvo’ de investigación en desenvolvemento rural, que nesta quenda conmemorou ademais o 50 aniversario de Feiraco. Na mesma sesión tamén se entregou o Premio ‘Valentín Paz Andrade’ de investigación en Economía de Galicia.

O gañador foi Telmo Otero Rodríguez polo traballo ‘Orixe e consolidación da especialización láctea en Galicia. Unha análise de cara ao presente e ao futuro do rural galego (1930-2017)’.

Na mesma sesión tamén se entregou o Premio ‘Valentín Paz Andrade’ de investigación en Economía de Galicia, convocado conxuntamente polo IDEGA e o Consello Económico e Social con dúas modalidades: tese de doutoramento e traballos publicados en revistas científicas ou en editoriais recoñecidas. Na primeira resultou premiado Francisco Cebreiro Ares co traballo ‘Circulación monetaria e crédito en Galicia ao final do Antigo Réxime’. O xurado destacou “a relevancia do obxecto de estudo, a orixinalidade do enfoque e o rigor metodolóxico, abordando un tema escasamente analizado ata agora e sobre o que esta tese fai unha contribución sobresaliente”.

Na modalidade de traballos en revistas ou editoriais, recoñeceuse o traballo de Xosé A. Rodríguez, Fidel Martínez Roget e Pilar González-Murias, co artigo ‘Length of stay: evidence from Santiago de Compostela’ publicado na revista Annals of Tourism Research. Na concesión, o xurado destacou “o carácter novidoso do traballo e a súa exhaustividade, cunha rigorosa análise estatística que permite tirar conclusións relevantes para o deseño da política turística na área de Santiago de Compostela”.

Na entrega de premios, presidida polo reitor Antonio López, participaron a presidenta do Consello Económico e Social de Galicia, Corina Porro Martínez; o presidente da Fundación Feiraco, José Montes Pérez; e o director do IDEGA, Alberto Meixide Vecino.

Con anterioridade á entrega protocolaria de premios, o profesor Edelmiro López Iglesias presentou o relatorio ‘As transformacións socioeconómicas de Galicia nos último medio século: un proceso histórico á espera dun relato’. O profesor López advertiu da falta dunha interpretación do sucedido nas últimas décadas en Galicia en relación á súa realidade socio económica. Na súa opinión a falta dun relato global que sintetice os cambios acontecidos “aboa o terreo para que sigamos prisioneiros de relatos antigos e que perduren imaxes xa superadas que idealizan o pasado ou traen visións tópicas”. Para acadar ese relato o profesor Edelmiro López apelou á necesidade de “poñernos de acordo sobre os feitos”, en canto “un relato compartido sobre pasado e presente é a base dun proxecto colectivo de futuro”.

Universidade de Santiago de Compostela, 2018-02-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES