
No momento actual, as áreas sanitarias que reprogramaron a súa actividade cirúrxica son as de Ferrol, Santiago e A Coruña. Nas áreas de Santiago e A Coruña os quirófanos reprogramados serán usados para facer procedementos de cirurxía maior ambulatoria, podendo aumentar incluso o número de pacientes operados.
O resto da actividade cirúrxica continuará desenvolvéndose con total normalidade, dando cobertura a todos os procesos cirúrxicos de natureza oncolóxica, a toda a cirurxía urxente, cirurxía ambulatoria e resto de procesos contemplados na Lei de garantías.
En Galicia, como no resto das comunidades autónomas, a situación derivada da pandemia causada pola covid, fixo que a actividade asistencial tivese que ser orientada á atención dos pacientes afectados por esta enfermidade. Desde o mes de maio do ano 2020, o Sergas estivo en proceso continuo de adaptación e reorganización do sistema sanitario no que respecta á súa actividade asistencial programada, en recursos humanos e recursos materiais definidos no Plan de reactivación asistencial no ámbito hospitalario.
O Sergas destaca o esforzo de todos os profesionais por conseguir, neste momento epidemiolóxico da pandemia mundial, que todos os pacientes que teñen asignado polo seu médico unha prioridade 1 para a súa intervención cirúrxica foi garantido en todo este período extraordinario de pandemia; e o mesmo pódese dicir para todos aqueles pacientes naquelas prestacións incluídas no decreto de tempos máximos. E así mesmo, por suposto, toda a actividade urxente.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.