Noticias

Galicia propón no Consello Interterritorial de Saúde o adianto do horario do toque de queda para frear a expansión da covid-19

A Xunta de Galicia vén de trasladarlle ao Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde a súa proposta de adianto do horario do toque de queda na comunidade galega, co obxectivo de frear a expansión da covid-19. O conselleiro de Sanidade volveu a insistir na conveniencia de que o Goberno central poña a disposición das comunidades autónomas todas as ferramentas posibles para o control da covid-19 segundo a situación epidemiolóxica de cada momento e que se poidan empregar a nivel de provincia, concello, área sanitaria e distrito sanitario.

No transcurso da xuntanza mantida esta tarde cos responsables sanitarios do conxunto de comunidades autónomas españolas e o Ministerio de Sanidade, o titular do departamento sanitario da Xunta, Julio García Comesaña, informou que o Executivo galego considera axeitada a posibilidade de que os gobernos autonómicos poidan modificar e adiantar a restrición de mobilidade horaria, así como implantar confinamentos segundo as necesidades epidemiolóxicas que presente cadanseu territorio.

A Xunta de Galicia forma parte do conxunto de gobernos autonómicos que lle trasladaron a súa petición ao Goberno central para que este permita flexibilizar as limitacións de mobilidade nocturna ou implantar confinamentos, e así poder combater o incremento de novos casos positivos rexistrados nas últimas datas.

Plan de vacinación

No que atinxe ao Plan de vacinación, e unha vez restablecido o subministro a niveis semellantes aos envíos iniciais, aínda que algo por debaixo destes, recuperase a programación establecida. Así, na comunidade galega, e malia o descenso no envío destas doses ata o 57% esta semana, seguiuse a manter a cadencia de vacinación.

Así mesmo, García Comesaña apuntou que a Consellería de Sanidade segue a traballar co Ministerio na definición dos vindeiros grupos de vacinación. Neste senso, subliñou que de establecerse como prioritarios os grupo de poboación de maior idade, é preciso que se teña en conta a realidade demográfica de cada territorio á hora de definir os criterios de reparto das vindeiras doses. Nomeadamente, referiuse a maior porcentaxe de poboación con máis 65 anos coa que conta Galicia respecto do conxunto do Estado.

R., 2021-01-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES