
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella participou esta mañá na presentación do libro “Feminismos. A historia cóntana as vencedoras”, que contou coa presenza do director da Editorial Galaxia, Francisco Castro; da autora do libro, Anna R. Figueirido, e da directora-xerente da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez Reboredo, e que fai un percorrido da situación das mulleres dende a prehistoria ata o dÃa de hoxe.
A titular de Igualdade indicou que o libro é un viaxe pola historia da humanidade que da a entender a historia do feminismo, como movemento onde as mulleres buscan ter os mesmos dereitos que os homes, que establece o dereito das mulleres a ser donas da súa propia vida, sen que esa vida sexa un reflexo ou tome como modelo a vida dun home.
Susana López Abella explicou na presentación que este é un libro para entender dun xeito ameno e cercano a loita das mulleres por conseguir un mundo onde a igualdade sexa a norma e non a excepción. Unha historia do feminismo que nos explica que un universo en igualdade é unha realidade boa para todas e para todos. A autora detense, tamén, no feminismo galego, vangarda, en moitos sentidos, da loita polo empoderamento da muller no resto de España. Ademais, o libro visibiliza e pon en valor a todas aquelas mulleres que foron invisibilizadas ao longo da historia ou que non se lles concedeu a importancia merecida polos seus logros.
Esta iniciativa corresponde ao desenvolvemento do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, concretamente á medida 10: "Introducir nos libros de Historia a orixe, desenvolvemento e logros do Movemento Feminista".
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.