//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias pesca
Esta edición do Business2Sea conta con preto de seiscentas persoas inscritas e ofrecerá entre hoxe e o vindeiro mércores un programa diversificado que incluirá conferencias, seminarios e talleres dedicados ás temáticas do evento, un programa de encontros de negocio e sesións de presentacións breves (pitches) organizadas no programa Curtas de Mar. O encontro conta ademais cunha compoñente expositiva e con actividades de divulgación e animación sobre cultura marítima e está dedicado a facilitar a interacción entre persoas e organizacións e a promover proxectos e negocios nos diferentes sectores da economía do mar.
Inaugurouse hoxe na sede da Fundación Galicia Europa unha nova reunión do Grupo Operativo Brexit da Comisión do Arco Atlántico (CAA). A décima cita deste grupo de traballo serviu para avaliar o estado actual do Brexit tras a prórroga concedida polo Consello Europeo ao Parlamento británico ata o 31 de xaneiro de 2020, así como para analizar o seu futuro impacto nas rexións atlánticas, concretamente, no sector pesqueiro. Durante a reunión tamén se debateron e definiron as mensaxes en materia de pesca que o grupo de traballo adoptará sobre o Brexit durante a próxima asemblea xeral da Comisión do Arco Atlántico que terá lugar en Porto o 14 de novembro.
O Business2Sea é un evento internacional dedicado a facilitar a interacción entre persoas e organizacións e a promover proxectos e negocios nos diferentes sectores da economía do mar, aberto á participación de todo tipo de organizacións. De feito, todos os axentes que teñan o mar e os seus recursos como elementos centrais da súa actividade teñen cabida nesta nova edición do evento. O Centro Tecnolóxico do Mar e o organismo luso Fórum Oceano organizan conxuntamente por segundo ano este encontro, que na edición de 2019 se celebrará no Centro de Congresos Alfândega do Porto (Portugal).
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, trasladou hoxe ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación en funcións, Luis Planas, a necesidade de seguir traballando ante a Unión Europea para facilitar o acceso das entidades asociativas do sector, como as confrarías de pescadores, ás axudas do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP). Neste sentido, Galicia defendeu dentro da delegación española que participou no Consello de Ministros de Pesca da Unión Europea a necesidade da coordinación deste regulamento do fondo con outras normativas europeas como a de control, xa que é o que marcará os criterios de concesións das axudas.
As empresas do sector pesqueiro e transformador galego exportan arredor de 5.500 toneladas anuais de produtos a Estados Unidos por importe duns 40 millóns de euros e trátase dun mercado no que o sector estaba a medrar, polo que se solicitan medidas para mitigar a posible incidencia dunha decisión que suporía aranceis do 25% para produtos como as conservas de polbo ou de mexillón. Outro asunto que preocupa a Galicia é a incerteza ante o brexit, e así trasládase a necesidade de que haxa unha coordinación forte entre o Goberno e as comunidades sobre todo o que ten que ver coa pesca, un dos sectores máis afectados polo divorcio entre o Reino Unido e a UE previsto para o 31 de outubro.
O sector de Pesca e Acuicultura aporta hoxe en día máis do 2% do produto interior bruto (PIB) da comunidade. O valor xerado por este sector está moi por enriba da media española e europea. De feito, Galicia concentra máis do 50% do emprego marítimo-pesqueiro de España e o 10% da Unión Europea coa xeración de preto de 40.000 postos de traballo directos entre mariscadores, tripulantes de pesqueiros, acuicultores, vendedores e profesionais do sector transformador, entre outros. A súa actividade supón máis de 550 millóns de euros só en salarios e ten un impacto económico de 1.770 millóns de euros noutras actividades relacionadas só pola adquisición de produtos para desenvolver o seu traballo.
O Presidente da Xunta, que visitou as instalacións da pesqueira Estrella Patagónica e da pesqueira Iberconsa de Argentina e viaxou a Rawson, para reunirse co gobernador da provincia de Chubut, Mariano Arcioni, avanzou tamén numerosas reunións cos responsables de pesca de Santa Cruz e de Bos Aires, co obxectivo de avaliar cos gobernos provinciais e co Goberno arxentino as circunstancias e a actividade das empresas pesqueiras galegas con presenza no país.
O seminario A paisaxe da mar celébrase en Guitiriz e está organizado pola Universidade de Santiago de Compostela. Ten como obxectivo remarcar o protagonismo da costa en Galicia coas súas diferentes configuracións morfolóxicas e ecolóxicas traducidas en cabos, rías, acantilados, praias, lagos, marismas e illas, ademais das propias profundidades mariñas, sen esquecer a extraordinaria riqueza dos océanos no ámbito biolóxico, económico e paisaxístico. Trátase de poñer en valor a importancia da paisaxe como recurso patrimonial que participa do interese xeral nos aspectos ecolóxicos, culturais, económicos e sociais. Nesta liña, destácase o gran valor natural das rías e da costa galega que conforman áreas dunha ecoloxía única.
Os hábitats mariños das Illas Cíes serán o laboratorio de probas para experimentar e levar a cabo o traballo de campo do proxecto Alganat2000, unha investigación pioneira a cargo dun equipo científico da Universidade de Vigo e que centra o seu estudo en cinco especies de macroalgas co fin de garantir a xestión sustentable e conservar a biodiversidade en áreas mariñas protexidas nas que se desenvolve unha actividade pesqueira. O obxectivo de Alganat é aportar unha ferramenta xeoespacial, innovadora e de baixo custo para facer unha cartografía e monitorización periódica das macroalgas no medio mariño e do seu estado fisiolóxico.
As actuacións desenvolvidas polos GALP buscan aumentar o emprego e a cohesión social nas comunidades pesqueiras. De feito, os oito grupos actuais agrupan a 361 entidades sociais -105 delas do sector pesqueiro- e representan a máis de 11.000 persoas de todo o litoral de Galicia. Entre os obxectivos dos proxectos están a atracción de xente nova ás zonas costeiras, a promoción da innovación, o apoio á diversificación dentro e fóra do sector pesqueiro, o impulso do patrimonio ambiental e cultural, o reforzo do papel das comunidades pesqueiras no desenvolvemento local e na cogobernanza dos recursos pesqueiros e a promoción das distintas actividades marítimas no ámbito local.
Pesca ten prevista a realización doutras dúas accións formativas nas localidades de Pontevedra e Santiago. O obxectivo destas tres actividades é actualizar, ordenar e harmonizar os coñecementos dos axentes en materia de inspección pesqueira.
Trátase dunha nova xuntanza da comisión de seguemento do Plan de Dinamización.
A Consellería de Innovación e Industria, a través do Plan Galego de I+D+i, achega para a posta en marcha deste proxecto máis de 1,1 millóns de euros co obxectivo de fortalecer o sector da acuicultura de moluscos bivalvos en Galicia e perfeccionar e innovar o sistema de control dos episodios tóxicos que sofren estas especies.
O novo regulamento pretende axustarse ás prescricións técnicas actuais publicadas no Diario Oficial da Unión Europea pola que se rexistra oficialmente a DOP deste molusco galego, e fixar o funcionamento interno do seu Consello Regulador.
Esta actividade cultural ten como obxectivo a posta en valor dos produtos da pesca artesanal e está dirixida ao persoal dos pósitos que conforman esta asociación e ao público en xeral.
A Consellería de Pesca dispón para estas adquisicións cun orzamento base de 605.000 para a adxudicación de dous contratos para a mellora dos medios marítimos de Gardacostas.
A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos achegou preto de medio millón de euros para a execución desta infraestrutura, que albergará a nova lonxa e as dependencias da Confraría de Pescadores da localidade.
Para a posta en marcha dos Grupos de Acción Costeira, o departamento que dirixe Carmen Gallego disporá dun orzamento total de 40 millóns de euros. Esta iniciativa, que se enmarca no Eixo prioritario nº 4 do Fondo Europeo da Pesca (FEP), ten como obxectivo primordial acadar o desenvolvemento sustentable das zonas do litoral.
O acordo asinado en Roma prevé a posta en marcha dun proxecto de acuicultura rural e a pequena escala en países de América Latina e do Caribe, no marco da colaboración pesqueira coa ONU en beneficio dos países en desenvolvemento.
A directora xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro participou na presentación dun catamarán-semilleiro da empresa Remagro que se fondeará en augas do Grove.