Noticias

Galicia e Portugal organizan a edición deste ano do encontro Business2sea centrada na sustentabilidade dos océanos

O Business2Sea é un evento internacional dedicado a facilitar a interacción entre persoas e organizacións e a promover proxectos e negocios nos diferentes sectores da economía do mar, aberto á participación de todo tipo de organizacións. De feito, todos os axentes que teñan o mar e os seus recursos como elementos centrais da súa actividade teñen cabida nesta nova edición do evento. O Centro Tecnolóxico do Mar e o organismo luso Fórum Oceano organizan conxuntamente por segundo ano este encontro, que na edición de 2019 se celebrará no Centro de Congresos Alfândega do Porto (Portugal).

O Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar)-Fundación Cetmar, dependente da Consellería do Mar, e o organismo luso Fórum Oceano organizan conxuntamente por segundo ano o encontro Business2Sea, que na edición de 2019 se celebrará no Centro de Congresos Alfândega do Porto (Portugal) entre os días 11 e 13 de novembro e que terá como tema central a conservación dos océanos e o uso sustentable dos recursos mariños.

A elección da temática fundaméntase no papel crucial que o océano e a súa conservación desempeña como condición indispensable para a preservación da vida no planeta, e cumpre co Obxectivo número 14 de Desenvolvemento Sustentable establecido pola Organización de Nacións Unidas para protexer a vida mariña.

O Business2Sea 2019 acollerá tamén dúas importantes iniciativas, como son a 6ª Conferencia de Stakeholders do Atlántico, que abordará a nova Estratexia do Atlántico para o vindeiro período de programación de fondos europeos, e o evento anual do programa Interreg Espazo Atlántico.

O Business2Sea, ao igual que en edicións anteriores, ofrecerá un programa diversificado que incluirá conferencias, seminarios e talleres dedicados ás temáticas do evento, un programa de encontros de negocio e sesións de presentacións breves organizadas no programa Curtas de Mar. O encontro conta ademais cunha compoñente expositiva e con actividades de divulgación e animación sobre cultura marítima.

O Business2Sea

O Business2Sea é un evento internacional dedicado a facilitar a interacción entre persoas e organizacións e a promover proxectos e negocios nos diferentes sectores da economía do mar, aberto á participación de todo tipo de organizacións. De feito, todos os axentes que teñan o mar e os seus recursos como elementos centrais da súa actividade -empresas, asociacións, centros de investigación, universidades, ou administracións públicas- teñen cabida nesta nova edición do evento. A inscrición está aberta ata o vindeiro 5 de novembro a través da páxina web do Business2Sea.

R., 2019-11-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES