//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias economia
O endebedamento da Comunidade Autónoma de Galicia ao peche do terceiro trimestre situouse no 17,8% do PIB, segundo os datos do Banco de España, que volve ratificar que Galicia é unha das comunidades autónomas a quinta con menor endebedamento, 6,3 puntos menos que a media estatal. Trátase da primeira vez, desde 2013, que esta ratio baixa do 18%. Galicia conseguiu reducir no período analizado en seis décimas o seu endebedamento sobre o terceiro trimestre de 2018, que era do 18,4%. En canto á comparativa sobre o segundo trimestre de 2019, a evolución é igualmente significativa, cunha diminución de cinco décimas, ao pasar a ratio do 18,3% ao 17,8% sinalado.
Por unha parte, esta alternativa céntrase na revisión da aplicación do Real Decreto que fixa o aumento de tarifas do 1 % acumulativo durante 20 anos para financiar a ampliación da autoestrada en Santiago e na ponte de Rande. Trátase de revisar o acordo pechado en 2011 coa concesionaria, eliminando os pagos inxustificados, xa que, de cumprirse nos seus termos, suporá que os galegos paguen a Audsasa mediante as peaxes un total de 1.400 millóns de euros por unhas obras que custaron preto de 230 millóns. Por outra parte, esta alternativa tamén plantexa a bonificación doutro 25 % a todos os usuarios que realicen traxectos de ida e volta no día pola AP-9.
Publicarase mañá esta emisión de bonos a tres anos cunha rendibilidade do -0,05%, xunto con outra de 200 millóns a catro anos e cun tipo de xuro cero. Ambas as dúas emisións está dirixidas por Abanca e permitirán amortizar anticipadamente o préstamo correspondente ao Fondo de Facilidade Financeira formalizado no ano 2015, e aforrar 4 millóns de euros en gastos financeiros. O Fondo de Facilidade Financeira é un mecanismo creado pola Administración do Estado para as comunidades autónomas cumpridoras dos obxectivos de estabilidade, o límite de débeda, a regra de gasto e o límite de pago a provedores. Este préstamo tiña un tipo de xuro do 0,83% e un prazo de amortización que vencía no ano 2025.
Os Premios do Comercio Galego 2019 distinguen os establecementos a nivel provincial e autonómico que na súa xestión comercial executan accións innovadoras que comporten unha clara diferenciación e unha mellora na fidelización e a personalización do servizo e do produto. Para iso, valórase a transformación dixital, os servizos engadidos á propia oferta comercial, accións promocionais especiais e utilización de ferramentas tales como a web e as redes sociais como canles de comunicación e venda e a integración entre as canles on line e off line. O Premio Comercio de Galicia está dotado cunha contía de 9.000 euros; o Premio Comercio Provincial, cunha contía de 4.000 euros por provincia; e o Premio Iniciativa Dixital para asociacións de comerciantes, cunha contía de 2.000 euros.
Os ingresos dos gandeiros galegos de vacún de leite superaron os 731 millóns de euros nos dez primeiros meses de 2019, o que supón un incremento do 3% respecto do mesmo período do exercicio anterior. Estes datos reflicten a situación de estabilidade que vive o sector lácteo galego e que se pon de manifesto co incremento progresivo de indicadores coma os prezos e a produción nos últimos meses. Cómpre ter en conta a suba de 0,6 céntimos/litro rexistrada en outubro pasado (última cifra oficial coñecida) en relación co mes de setembro, así como o incremento da produción en preto de 8.000 toneladas no último ano, o que supón un 3,4% máis.
A Xunta de Galicia ten como un dos seus principais obxectivos estratéxicos o correcto saneamento e abastecemento de auga na nosa comunidade, sen perder de vista en ningún momento a normativa europea na materia. Deste xeito, o goberno autonómico leva investidos nos últimos dez anos más de 1.100 millóns de euros en obras hidráulicas, que se traducen en 350 actuacións en 165 concellos, que reciben deste xeito apoio nas súas competencias de xestión do ciclo da auga. Nos últimos 30 anos, o número de depuradoras activas pasou de 5 (o resto das augas vertíanse directamente ou tras un pretratamento) ata as 148 que están operativas na actualidade.
Galicia pechou novembro de 2019 con 4710 parados menos que hai un ano, o que supón unha baixada do -2,76% e un nivel de desemprego moi inferior ao rexistrado hai once anos, xa que en novembro de 2008 había 180.820 parados fronte aos 165.659 actuais. Ademais, a caída de Galicia supera en algo máis dun punto á media estatal, situándose como a quinta Comunidade na que máis descende o desemprego. Por sétimo ano consecutivo redúcese o paro en Galicia nun mes de novembro, que tamén baixou nas catro provincias galegas e nas sete grandes cidades, así como en todos os sectores económicos.
O Produto Interior Bruto (PIB) de Galicia medrou un 1,7% en taxa interanual no terceiro trimestre do ano, ao tempo que se crearon neste período 8.118 novos empregos a tempo completo, segundo as Contas económicas trimestrais publicadas hoxe polo Instituto Galego de Estatística (IGE). Os datos da primeira estimación publicados polo organismo estatístico autonómico mostran que, co dato do terceiro trimestre, o PIB galego acumula seis anos (25 trimestres consecutivos) con taxas positivas. O crecemento trimestral sobre o trimestre anterior- foi do 0,3%, o mesmo que o anterior, polo que a economía galega acumula 27 trimestres consecutivos con taxas positivas.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reiterou hoxe que Galicia non renunciará á totalidade dos 700 millóns de euros que lle debe o Goberno central e avanzou que a Comunidade galega proporá varias solucións para que as comunidades e as entidades locais conten coa mensualidade do IVE de 2017 antes de que remate o ano. Durante a rolda de prensa do Consello, Feijóo reiterou que dos 700 millóns, ata o momento, Galicia tan só recibiu 167 millóns de euros. E o único que garante o Goberno central, a través dun Real Decreto Lei, son as entregas a conta: 334 millóns de euros que estaban comprometidos para este mes de novembro, rexeitando pagar os 200 millóns da mensualidade do IVE de 2017 e os 170 millóns dos incentivos.
Os viños galegos amparados con selos de calidade incrementan o valor das súas vendas no mercado español, na canle da alimentación. No último ano medrou arredor do 6% o valor das vendas do viño galego no mercado español, na canle da alimentación, o que implica unha revalorización do produto que chega aos fogares. Ademais, o viño con denominación de orixe sitúa a Galicia no terceiro posto por comunidades autónomas -só superada pola Rioxa e Castela e León- en termos de valor, con respecto á cota de mercado nacional. Na canle de alimentación, especificamente, os viños galegos melloran a súa cota de mercado nacional ata un 5,4% en volume e ata o 6,6% en valor, grazas á súa mellora en participación nos hipermercados e supermercados.
O conselleiro de Economía reuniuse en Madrid con directivos de General Dynamics para trasladarlles a necesidade de ter máis tempo para buscar alternativas para Santa Bárbara. A Xunta implícase cos traballadores na procura dunha solución de viabilidade.
O evento, que cumpre a súa decimocuarta edición, terá lugar no pazo de congresos Expourense do 6 ao 10 de marzo. Realizaranse catas e presentaranse aos visitantes os alimentos certificados co selo de garantía.
Alternativa Galega de Esquerda denuncia os silencios e evasivas do PP respecto dos casos que anegan a formación. O BNG insiste en que toda a oposición pide a comparecencia urxente de Feijóo para que explique o impacto da corrupción na economía galega. Os deputados do PPdeG rexistran as súas declaracións de bens.
Con este investimento reafírmase o compromiso de garantir a viabilidade de Navantia na área de reparacións e dase o primeiro paso para a creación do "pool" investidor no futuro do estaleiro que busca garantir os postos de traballo co contrato de Pemex.
Artesanía de Galicia e Galicia Calidade contan cun espazo propio en Inhorgenta, que se celebra na cidade alemá de Múnic ata o 25 de febreiro, para promover a comercialización da xoiería galega dos obradoiros artesáns Ardentia, Fink Orfebres, Ortega e Piropo Joyas.
A Xunta traballa na creación dun selo de promoción único baixo o que se ampararán todos os produtos agroalimentarios de calidade de Galicia, e tamén promove unha gran feira do viño en Galicia que sexa potente e que atraia a outras denominacións de orixe.
O presidente da Xunta avanzou que os autónomos galegos terán unha axuda de entre 4.000 e 6.000 euros para contratar ao primeiro traballador, e de entre 5.000 e 7.000 euros para o segundo e o terceiro empregados. A loita contra o paro segue a ser obxectivo prioritario, según Núñez Feijóo.
O certame turístico Reisen 2013, da cidade de Hamburgo, está especializado en campismo e autocaravaning, unha modalidade elexida polo 9.5% dos turistas internacionais que visitan Galicia desde Alemaña.
O Consello da Xunta aproba un convenio que suporá un importante osíxeno económico e destaca o efecto multiplicador que ten o diñeiro público na consecución da totalidade dos avais que os estaleiros galegos necesitan nesta situación.
Máis de 16.000 visitantes aproveitaron os mellores prezos ofrecidos polo comercio local. As estufas e sistemas de calefacción, os automóbiles e o téxtil volveron ser os sectores máis demandados.