Notas de prensa

A Mostra da Oportunidade supera un ano máis as expectativas dos expositores

Máis de 16.000 visitantes aproveitaron os mellores prezos ofrecidos polo comercio local. As estufas e sistemas de calefacción, os automóbiles e o téxtil volveron ser os sectores máis demandados.

A 20ª Mostra da Oportunidade, certame decano das feiras multisectoriais e de descontos en Galicia, pecha as súas portas tras tres días de intensa actividade nos que seguiu contando coa fidelidade do público e onde os 85 expositores viron superadas as súas expectativas de negocio. A falta de contabilizar as últimas visitas de hoxe domingo, o día de maior afluencia dos tres que durou a feira, a organización calcula que foron máis de 16.000 visitantes os que aproveitaron os mellores prezos en milleiros de artigos que ofrecía o comercio local. A Mostra converteuse esta fin de semana nunha cita para toda a familia á que contribuíu a zona de lecer pola que pasaron centos de nenos.

Facendo un percorrido pola Mostra na xornada de hoxe podíanse atopar xa numerosos carteis de “Vendido” en estufas, sofás, alfombras e tamén en automóviles, xa que os concesionarios presentes nesta edición pecharon varias vendas de vehículos. Destacou a ampla oferta de estufas e sistemas de calefacción, cuxos expositores contaron cunha importante afluencia de público. Outros artigos de menor tamaño e importe como os puffs, os colchóns ou as alfombras tamén rexistraron bos niveis de venda, ó igual que os electrodomésticos que presentaban ofertas especiais de feira de ata o 50%. Por outro lado, o téxtil volveu ser o sector máis solicitado polos visitantes que non deixaron pasar a oportunidade de mercar prendas de pel, abrigo, calzado ou festa con descontos de ata o 70%.

Todos que se decidiron á visitar a Mostra da Oportunidade pudieron atopar unha ampla oferta de máis dunha quincena de sectores sendo a maior parte dos expositores ourensáns, polo que esta cita se converte ademais nun dinamizador do comercio local grazas tamén a presenza de distintos centros comerciais como o de Ourense Centro, o Couto, Pontevella, e os de Verín, Xinzo e O Barco de Valdeorras, ademais do de Allariz que acudiu por primeira vez.

Un pouco antes do peche desta 20ª edición realizaranse os sorteos de numerosos premios. A Mostra quere premiar a fidelidade dos seus visitantes e sorteará artigos de fogar e complementos, ademais dun cheque de 100 euros para mercar nos establecementos asociados ó Centro Comercial Couto que expoñen na feira, un pack “Vive Ourense- One Day Elite Duo” cortesía do Centro Comercial Aberto Ourense Centro. Tamén se sorteará unha estancia para dúas persoas no Parador dos Reis Católicos e 15 subscrcións dun mes ó xornal La Región. Ademais, sortearanse varias ceas para dúas persoas para Xantar, o Salón Galego de Gastronomía e Turismo, que Expourense acolle entre os días 6 e 10 de marzo. Vencellado con isto e como unha das novidades desta edición, con cada entrada de acceso á Mostra (custo de 1 euro), a organización entregou unha invitación para
O balance da 20ª edición poderíase resumir así: maior calidade dos produtos ofrecidos, fidelidade do público, expectativas dos expositores superadas e o sector con máis éxito, o téxtil.

Expourense conclúe así a súa primeira cita do ano coa vista posta xa en Xantar, Salón Galego de Gastronomía e Turismo que celebrará s úa 14ª edición entre o 6 e o 10 de marzo de 2013.

Gabinete de Comunicación de Expourense, 2013-02-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES