O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, avanzou, durante a sesión de control no Parlamento, que o Goberno galego cumprirá o seu compromiso electoral de axudar a que os autónomos contraten ata o seu terceiro empregado. E, deste xeito, precisou unha axuda de entre 4.000 e 6.000 euros para os autónomos que contraten ao seu primeiro traballador e entre 5.000 e 7.000 euros para a contratación do segundo e do terceiro empregado.
Durante a súa intervención, Feijóo afirmou que a loita contra o paro sigue sendo unha das prioridades da Xunta e subliñou que o Goberno galego seguirá traballando por manter unha comunidade solvente e incluso por mellorar os servizos públicos, a pesares da crise económica.
Neste sentido, recordou que nos primeiros 70 días: Este Goberno presentou os presupostos da comunidade en 17 días hábiles desde que tomou posesión; ningún Goberno de España fora capaz de presentar as súas contas no primeiro mes no que tomou posesión. Garantimos o endebedamento da comunidade aos catro días de que o Consello de Ministros autorizase o endebedamento, é dicir, garantimos a solvencia da comunidade. Aportamos 8 millóns de euros máis aos nosos compromisos coa innovación. Puxemos a disposición diñeiro suficiente para mobilizar 60 millóns de euros máis no sector naval. Chegamos a un acordo no sector lácteo e o prezo do leite se incrementou nos últimos meses un 10%. E estamos pactando medidas en materia de desemprego como, por exemplo, 14.000 cursos para formación de parados e contrato de aprendizaxe cos axentes sociais.
Diante destas medidas, Feijóo subliñou que, en relación ao paro interanual, de xaneiro do ano 12 a xaneiro do ano 13, Galicia é a cuarta comunidade autónoma onde menos creceu o paro. Somos dixo- a segunda comunidade onde menos creceu o paro nos últimos catro anos e, en referencia á Enquisa de Poboación Activa, seguimos con cinco puntos por debaixo da media de España.
Así mesmo, reiterou que a Xunta seguirá a traballar polo sector naval; para que en Ferrol haxa carga de traballo. Non hai outra posibilidade que carga de traballo ou carga de traballo. Ou barcos ou dique. Non nos imos mover do que estamos plantexando para a ría de Ferrol ou para a ría de Vigo, sentenciou.
Unha nova Lei da Renda de Integración Social de Galicia
No eido social, Feijóo recordou que na pasada lexislatura creáronse 6.000 prazas de Benestar; e imos crear outras 5.000, adiantou, logo de precisar que en Galicia hai o cuádruplo de dependentes atendidos en plena crise económica que en época de bonanza, durante o bipartito. Estamos facendo e ampliando hospitais públicos e diminuímos as listas de espera, insistiu.
Consciente dos problemas que están a sufrir os máis débiles, Feijóo destacou que a Xunta incrementou o orzamento da RISGA nun 38% e un 29% os seus compromisos coa emerxencia social. E imos traer á Cámara unha nova Lei da Renda de Integración Social de Galicia, facendo tramos en función das necesidades e compatibilizando o emprego coa RISGA.
Feijóo asegurou que o Goberno galego seguirá traballando porque estamos ao lado das persoas que máis o necesitan, porque estas persoas nos deron a súa confianza; e seguirá dando a cara e facendo propostas e mirando cara a diante a pesares da herdanza que nos deixaron, dixo, en alusión ao Bipartito e ao Goberno de Zapatero.
Durante a sesión de control, o titular da Xunta pediu ao líder do PSdeG que reflexione sobre qué quere para si e para o seu partido: Se quere un partido que siga as algaradas dos demais; ou se quere un partido que faga unha proposta construtiva. Ten vostede unha oportunidade de colaborar fronte aos problemas que crearon ou ser un problema para o seu partido e para Galicia. Nós imos seguir polo mesmo vieiro, xestionar con responsabilidade, corrixir os erros do pasado, despexar o futuro e dedicarnos a Galicia.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.