//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias economia
A Xunta de Galicia recibiu unha carta do Ministerio de Facenda na que se confirma que o Goberno central non vai pagar máis da metade da débeda que mantén coas comunidades autónomas, e que no caso concreto de Galicia ascende a uns 700 millóns de euros, 530 dos cales están incluídos nos Orzamentos para 2019. Esta é a primeira vez que neste 2019 o Goberno central se dirixe á Comunidade Autónoma para explicar a situación dos impagos que mantén con Galicia polo bloqueo dos ingresos procedentes do sistema de financiamento autonómico, unha situación que non ten precedentes e que afecta directamente a todas as comunidades de réxime común.
O programa de Unidades Formativas na Empresa é unha iniciativa pioneira que se enmarca na Axenda 20, a folla de ruta coa que o Goberno galego está impulsando o emprego estable e de calidade. Desde a súa posta en marcha en 2018, leva destinado preto de 12,7M para formar a 7157 persoas desempregadas e ocupadas a través de 690 unidades formativas co obxectivo de mellorar a competitividade empresarial, a cualificación dos traballadores, e a empregabilidade dos galegos e galegas. Ademais, este programa ten permitido a inclusión de 41 novas especialidades, a proposta das empresas, no catálogo formativo do Servizo Público de Emprego Estatal.
Galicia pechou o primeiro semestre cun déficit do 0,59%, un dato por debaixo da media autonómica, que foi do 0,63%, segundo recollen os últimos datos do Ministerio de Facenda, correspondentes ao mes de xuño. A nosa comunidade rexistrou en xuño un déficit de 387 millóns de euros, mentres que o déficit rexistrado polo conxunto das administracións autonómicas situouse en 7.938 millóns. Todas as comunidades autónomas de réxime común rexistraron déficit ao peche do primerio semestre, e Galicia é a sexta comunidade con menor déficit contable. Neste dato repercuten negativamente medidas adoptadas polo Goberno central que afectan directamente ás finanzas autonómicas.
Galicia e Polonia acordaron estreitar lazos de colaboración para converter este país nun destino prioritario de investidores galegos, nunha xuntanza do presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo coa ministra de Ciencia e Tecnoloxía polaca, Jadwiga Emilewicz. Polonia foi o ano pasado o oitavo destino mundial para os produtos galegos, con exportacións que aumentaron un 13% en 2018. Tanto a industria galega como a Xunta estamos poñendo todos os nosos esforzos en potenciar a innovación; é dicir, a colaboración entre empresas, os 28 centros tecnolóxicos galegos e as tres universidades, precisou Feijoo, aseverando que o obxectivo é establecer unha ponte entre os resultados da investigación científico-tecnolóxica e a industria que se traduza en novos produtos e servizos para o mercado.
Galicia é a segunda Comunidade na que máis baixou o paro. Así, rexistrou no mes de agosto unha baixada do paro do -6,45% fronte ao -3,65% de España, é dicir, preto de tres puntos mellor. En Galicia, polo tanto, hai 10.604 desempregados menos que hai un ano, polo que o número de parados sitúa á Comunidade en niveis moi inferiores aos de hai unha década e próximos aos de antes do inicio da crise. Con respecto á evolución anual das afiliacións, con 1.036.900 de cotizantes, a Comunidade leva seis meses consecutivos por riba do millón e suma, no último ano, un total de 16.513 afiliados (+1,62%), o que supón unha media de 45 ao día.
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, presentaron hoxe un informe encargado á Asesoría Xurídica da Xunta, para aclarar se o Goberno central, pese a estar en funcións, ten que cumprir coas súas obrigas co financiamento autonómico e facer efectivas ás entregas a conta deste ano. Alfonso Rueda avanzou que a conclusión do informe dos avogados da Xunta é clara e sinala que o sistema de financiamento autonómico debe ser cumprido polo Goberno estatal con independencia de que estea ou non en funcións.
O Produto Interior Bruto (PIB) de Galicia medrou un 2% en taxa interanual no segundo trimestre do ano, ao tempo que se crearon neste período 12.400 novos empregos asalariados a tempo completo, segundo as Contas económicas trimestrais publicadas hoxe polo Instituto Galego de Estatística (IGE). Os datos da primeira estimación publicados polo organismo estatístico autonómico hoxe mostran que o PIB galego rexistrou no segundo trimestre un crecemento do 2% sobre o mesmo período de 2018, de xeito que acumula 23 trimestres consecutivos con taxas positivas. O crecemento trimestral sobre o trimestre anterior- foi do 0,3%, polo que a economía galega acumula 26 trimestres consecutivos con taxas positivas.
A Comunidade Autónoma de Galicia solicita que o Ministerio de Facenda convoque de xeito urxente e inmediato o Pleno do Consello de Política Fiscal e Financeira (CPFF), para solucionar os impagos que mantén o Goberno central coas administracións autonómicas, e que no caso de Galicia ascenden este ano a 700 millóns de euros. Galicia xa trasladou hai máis dun ano esta problemática á ministra de Facenda, e o Parlamento de Galicia cun amplo consenso e ningún voto en contra aprobou en xullo unha iniciativa para instar ao Goberno central a transferir estes recursos a Galicia.
132 empresas vanse beneficiar do programa de axudas á dixitalización da Industria 4.0. Este programa, cofinanciado entre o Igape e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, comprenderá un investimento de preto de 2,30 millóns de euros. Estas axudas servirán para apoiar a adquisición de equipos e software, así como as colaboracións necesarias para a súa implementación, financiando proxectos colectivos de agrupacións, pemes e iniciativas promovidas a nivel individual. O obxectivo primordial destas axudas é mellorar o traballo das pemes nos mercados rexionais, nacionais e internacionais.
Estas accións enmárcanse na aposta que a Xunta está realizando pola dixitalización empresarial a través do desenvolvemento da Axenda Industria 4.0, á que destinará 350 millóns de euros ata 2022 co obxectivo de anticiparse aos cambios do novo modelo, aumentar o tamaño das empresas, favorecer a aposta polo talento dixital e contribuír á reinvención do tecido industrial galego e á súa especialización desde o punto de vista tecnolóxico. Deste xeito, seguirase afondando no impulso á xeración dun novo tecido empresarial competitivo na economía global e conectada, facilitando ademais a creación de 13.500 empregos industriais e a mobilización de 900 millóns de euros nos próximos catro anos.
A Xunta recibe a expertos latinoamericanos en cooperación transfronteiriza que buscan coñecer o labor da Eurorrexión. Amosarase como Galicia foi pioneira no espazo ibérico en incluír unha política de cooperación transfronteiriza entre as prioridades institucionais dos gobernos.
O presidente da Xunta di que esta decisión afectará á deducción do 20% do IRPF para os que invistan ou financien novas empresas, á reducción do 95% do imposto de sucesións e doazóns de diñeiro para emprender e á bonificación do 75% do imposto de patrimonio.
Galicia Calidade promociona no V Salón Vinis Terrae de Ourense os produtos amparados polo selo de garantía. Os viños das 9 adegas que contan coa marca estarán presentes no Tunel do Viño que inclúe unha degustación agroalimentaria de produtos con este selo.
Subliña que, pese ao déficit tarifario millonario que encontrou o Goberno central en 2011 ,non podemos en ningún caso esquecer que é necesario un marco estable e razoable para poder seguir investindo no ámbito da enerxía.
Durante un encontro co ministro de Exteriores, Feijóo agradeceu o mantemento do Tax Leaxe na axenda comunitaria e urxiu á Unión Europea (UE) unha decisión favorable para que o sector naval galego teña certezas canto antes. Insistiu na necesidade de redobrar os esforzos das negociacións con Bruxelas sobre este modelo.
O Goberno galego mantivo un novo encontro co comité de empresa no que manifesta que o compromiso da Xunta para salvar a empresa segue intacto, e traslada aos traballadores de Alimentos Lácteos que é imprescindible aliñar todas as posturas para salvar o proxecto.
Ao abeiro do convenio asinado entre a Xunta e Peugeot Citroën, a compañía cederá vehículos de última xeración a 4 centros educativos que imparten estas ensinanzas. Ademais o alumnado de ciclos formativos poderá realizar prácticas nas instalacións da empresa, coa que tamén se cooperará para a formación de profesorado.
O titular de Economía e Industria da Xunta destaca a necesidade de inculcar a cultura emprendedora entre os estudantes. Conde defende a transferencia do coñecemento universitario ao mercado para que Galicia gañe competitividade e xere emprego, potenciando o traballo conxunto das empresas e os investigadores públicos
Destaca o investimento de 4,4 millóns de euros para as administracións locais que melloren os parques empresariais instalados nos seus termos municipais, o que supón duplicar o orzamento do exercicio anterior destinado a este fin. Investiranse 10,2 millóns de euros en obradoiros de emprego, que suporán a creación de 1.000 empregos.
O presidente do Banco Sabadell, Josep Oliu, presenta a Feijóo unha estratexia de crecemento en Galicia e trasládalle o compromiso co mantemento do nivel de emprego do Banco Gallego. Feijóo pide fluidez do crédito para familias e emprendedores.