Notas de prensa

Expertos latinoamericanos coñecen en Galicia o traballo da Eurorrexión pioneira

A Xunta recibe a expertos latinoamericanos en cooperación transfronteiriza que buscan coñecer o labor da Eurorrexión. Amosarase como Galicia foi pioneira no espazo ibérico en incluír unha política de cooperación transfronteiriza entre as prioridades institucionais dos gobernos.

O vicepresidencia da Xunta, Alfonso Rueda, recibiu en Vigo a un grupo de expertos en cooperación transfronteiriza latinoamericanos que chegaron a Galicia para coñecer de primeira man o traballo desenvolvido pola nosa comunidade e o Norte de Portugal na Eurorrexión.

En concreto tratase de dez persoas, entre profesores, xestores e políticos locais de Brasil, Perú, Colombia e Venezuela; todos eles vinculados á cooperación transfronteiriza nos seus países de orixe. Estarán de visita ata o 5 de xuño, acompañados de varios representantes da Asociación de Rexións Fronteirizas de Europa (ARFE), organizadora da iniciativa, en colaboración coa Comunidade de Traballo Galicia-Norte.

O obxectivo da visita é que o grupo de expertos acaden un coñecemento amplo do traballo da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal; que saiban que fomos pioneiros no espazo ibérico en incluír unha política de cooperación transfronteiriza entre as prioridades institucionais dos nosos gobernos; e que grazas a ese traballo conseguimos crear, nesta área de fronteira, unha das máis fecundas integracións de entre tódalas fronteiras interiores do seo da UE.

Na recepción, Rueda incidiu que dende a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal estase a buscar na actualidade novos instrumentos, actores, espazos e tarefas que permitan conservar o noso liderazgo na cooperación transfronteiriza en Europa; mantendo a austeridade na xestión de recursos que a actualidade nos impón, así como a eficiencia na ratio entre eses recursos e os resultados alcanzados.

Pola súa banda, o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, explicou a evolución da Comunidade de Traballo Galicia-Norte desde a súa creación, en outubro de 1991, e destacou que neste período que agora remata, a Eurorrexión participou en 70 proxectos financiados co Programa Operativo de Cooperación Transfronteriza España Portugal; que supuxeron unha inversión total de máis de 135 millóns de euros.

Axenda en Vigo, Braga e Oporto

Durante os tres días da visita, do 3 ao 5 de xuño, os participantes poderán coñecer os lugares e organismos máis relevantes da Eurorrexión en termos de cooperación transfronteiriza. Así, ademais da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal (GNP AECT), onde foron recibidos por Rueda, os expertos tamén visitará as sedes viguesas do Eixo Atlántico e o Centro de Cooperación Transfronteiriza dos empresarios (CECOTRAN).

Posteriormente, desprazaranse a Braga para coñecer as instalacións do Laboratorio Ibérico Internacional de Nanotecnoloxía e rematarán a visita en Oporto, onde coñecerán o traballo desenvolvido na Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte de Portugal (CCDR-N) e ao Parque de Ciencia e Tecnoloxía UPTEC da Universidade do Porto.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2013-06-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES