//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias economia
A Consellería do Mar destina este ano 7,5 millóns de euros a achegas para as empresas de comercialización ao por maior e de transformación dos produtos da pesca, o marisqueo e a acuicultura para compensar o impacto dos incrementos de prezos pola guerra en Ucraína de distintas materias primas que son fundamentais para o desenvolvemento da súa actividade. Así o recolle a orde pola que se aproban as bases reguladoras destas axudas, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, que sae publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG).
A economía galega medrou un 1,5 % no segundo trimestre de 2023 en relación ao mesmo período do ano anterior, como se desprende da información da contabilidade trimestral referente a este período, publicada hoxe polo Instituto Galego de Estatística (IGE). En canto á evolución intertrimestral, de abril a xuño de 2023 o PIB autonómico aumentou un 0,1 %. Desde o punto de vista da demanda, no último ano, o consumo público aumentou un 3,4 % e a formación bruta de capital medrou un 2,4 %. No que respecta á oferta, a construción medrou un 3,6 %; a industria un 1,8 % e os servizos un 1,4 %, cun maior incremento no apartado de actividades artísticas, recreativas e outros servizos (4,4 %).
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, confirmou a boa evolución do mercado laboral de Galicia tras coñecer os datos de paro rexistrado e afiliacións á Seguridade Social publicados hoxe. Destacou que estes datos, unidos aos coñecidos a semana pasada da Enquisa de Poboación Activa (EPA), constatan que en Galicia descende o paro e estase a crear emprego. De feito, a EPA reflectiu que a taxa de paro en Galicia caeu por debaixo dos 10 puntos -9,6- e que continúa a ser máis baixa que a do Estado -11,6-. No mes de xullo, a comunidade autónoma acadou o número de paro máis baixo de toda a serie histórica por cuarto mes consecutivo con 127.445 persoas sen emprego, a mellor cifra desde hai 27 anos.
O Goberno galego ten adxudicado xa no primeiro semestre o 70% dos 527 millóns de euros dos fondos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR) previstos no orzamento inicial para 2023, é dicir 370M. A isto hai que engadir 59 millóns adicionais en convocatorias ou licitacións adxudicadas, correspondentes aos vindeiros exercicios do período de vixencia dos fondos MRR que se estenden ata 2026. Con todo, desde a posta en marcha do Plan de Recuperación, a Xunta publicou convocatorias por máis de 893 millóns de euros, dos que se adxudicou preto do 69% (616 M). No que se refire aos beneficiarios, cómpre salientar que, ata o de agora, preto de 33.000 persoas físicas, 7.300 autónomos, máis de 2.700 empresas e 200 entidades locais favorecéronse dos fondos de recuperación xestionados pola Administración galega.
Os fogares galegos aforraron o ano pasado 216,2 millóns de euros grazas ás baixadas fiscais aprobadas pola Xunta de Galicia no Imposto sobre Sucesións e Doazóns (ISD) e no Imposto sobre Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados (ITP-AXD). Estes 216 millóns de euros son recursos que quedaron en mans das familias galegas co obxectivo de reactivar o consumo interno e a actividade económica, evitar o despoboamento nas zonas pouco poboadas, recuperar as terras agrarias e manter íntegro o patrimonio dos fogares en caso de perda dun familiar directo.
A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, sinalou no Parlamento que cómpre que o Executivo central achegue certezas para poder desenvolver os proxectos tractores estratéxicos cos que conta Galicia, e que rectifique o centralismo e a falta de planificación na xestión dos fondos europeos de recuperación. Lorenzana incidiu en que desde a Administración autonómica se seguirá traballando para facer de Galicia un foco de atracción de iniciativas no ámbito da economía verde e dixital, ofrecendo a máxima axilidade administrativa e ofrecendo ao tecido produtivo medidas de apoio para seguir crecendo e creando emprego de calidade no actual contexto de transición.
A cifra do desemprego descendeu por primeira vez en Galicia nos últimos 27 anos por debaixo das 130.000 persoas. O mes de xuño pechou con 129.024 persoas en desemprego, a cifra máis baixa de toda a serie histórica, desde o ano 1996. Así o destacou hoxe a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, na valoración que fixo dos datos de paro rexistrado e de afiliacións á Seguridade Social que se publicaron hoxe. A titular de Emprego sinalou que o desemprego baixou e as cotizacións aumentaron tanto na evolución anual como mensual e apuntou que a cifra do paro dos colectivos con máis dificultades para atopar un emprego é a mellor desde que hai rexistros destas variables (2005).
O Consello da Xunta ven de aprobar as bases para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións ao sector turístico para a promoción da dixitalización, por un importe de 1,5 M€.
As axudas teñen por obxecto promover o desenvolvemento tecnolóxico e a transformación dixital das empresas turísticas pola incorporación de solucións dixitais aos seus establecementos, servizos e procesos, co fin de mellorar a súa competitividade, adaptándose ás novas necesidades e tendencias do turismo.
O presidente da Xunta cualificou aos premiados pola D.O. O Ribeiro como baluartes da Galicia Calidade e do rural con oportunidades, e asegurou que os recoñecementos son proba do arraigo do sector, da excelencia dos viños galegos recoñecida dentro e fóra de Galicia e da confianza en que os produtos galegos poden conquistar o mundo.
Alfonso Rueda valorou a forza da viticultura en Galicia, asegurou que a Xunta traballa para dar resposta as súas demandas, e subliñou a aprobación da Lei de recuperación da terra agraria, os preto de 30 millóns en axudas para investimentos, exportacións e reconversións; a futura Lei de calidade alimentaria e a Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas.
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, reivindicou a necesidade de que as políticas pesqueiras de Bruxelas conten co maior rigor científico posible e aposten por unha implantación gradual para facilitar a adaptación da frota.
O titular de Mar salientou durante a clausura da X Conferencia Internacional ARVI sobre o futuro da pesca que o cariz medioambientalista que está a tomar a Comisión Europea nos últimos tempos é inaceptable e que non poden repetirse casos como o veto á pesca de fondo en 87 zonas de augas comunitarias.
O período medio de pago en Galicia baixou en outubro aos 6,1 días. Galicia é a quinta comunidade que mellor paga as súas facturas. A Xunta logrou reducir a débeda comercial un 43% no último ano.
Así lo destacó la directora general de Ganadería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, en la feria que ensalza este producto en la capital chairega. Belén do Campo destacó también que la de este año va a ser la primera feria que se celebre después de la inclusión de la IXP Capón de Vilalba en el registro de la UE.
Comisións Obreiras (CCOO) reuniu en Vigo as delegadas e delegados do sector do automóbil para analizar a situación actual, así como os retos e ameazas de futuro. A cuarta quenda en PSA, o esforzo para o lanzamento do modelo K9 e a competencia desleal sobre todo de Portugal centraron a reunión. O sindicato subliña a necesidade de potenciar as empresas galegas para garantir o futuro, sobre todo ante o reto da industria 4.0 e o futuro vehículo eléctrico.
O grupo parlamentario de En Marea considera inaceptable o acordo de cotas acadado en Bruxelas que demostra unha vez mais a nula capacidade negociadora e de presión da consellería de pesca de Galicia. Desde o grupo parlamentario reclaman máxima transparencia sobre o acontecido en Bruxelas, e firmeza na presión durante a negociación no reparto interior das cotas co goberno do Estado.
Prosigue el desarrollo del modelo integrado de tiendas físicas y online, con la implantación del same day delivery en seis capitales y el next day delivery en seis mercados, entre ellos España, Francia, Reino Unido o China. El grupo gallego alcanza las 7.504 tiendas en 94 mercados y sus ventas crecen un 6% por encima del las de 2016.
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, visitou as instalacións de Navantia na ría de Ferrol e comprobou o avance nos traballos de fabricación dos 42 jackets e salienta que se trata dun proxecto cun investimento de 150 millóns de euros e cunha carga de traballo dun millón de horas. Incide na necesidade de que haxa unión e diálogo entre Administración, sector naval e empresas auxiliares.
Ademáis, o PSdeG considera que a nova normativa invade competencias locais e advirte de que esta cláusula supón un paso máis na estratexia de recentralizar as competencias municipais na administración autonómica negando máis recursos para cumprir coas novas obrigas. Ademais, dixo, ofrece barra libre para as concesións das empresas privadas.
O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, advertiu que a OPE anunciada polo presidente da Xunta resulta insuficiente en cantidade e deficiente en calidade. Perdemos persoal, o pouco que incorporamos o facemos a un ritmo insuficiente e continuamos sen resolver o problema dos contratos miseria na sanidade.
A responsable de Turismo da Xunta apoiou na feira IBTM World a presentación dos recursos e infraestruturas galegas para este nicho de mercado, nunha clara aposta por mellorar a súa capacidade como destino do turismo de negocios. A estratexia turística do Goberno galego dedica unha liña específica a este tipo de viaxeiros, cunha alta capacidade de gasto.
Dentro da estratexia galega de Industria 4.0, o director do Igape sinalou que tamén se tenderán pontes entre o mundo Maker e a industria, mediante programas específicos relacionados co desenvolvemento de novos provedores e coa xeración de espazos de innovación aberta e colaborativa para makers, emprendedores e empresas que poidan traballar na creación de novos conceptos e produtos no tecido industrial galego.