Notas de prensa

Apoios á industria 4.0 e os proxectos innovadores dos emprendedores na Maker Faire

Dentro da estratexia galega de Industria 4.0, o director do Igape sinalou que tamén se tenderán pontes entre o mundo Maker e a industria, mediante programas específicos relacionados co desenvolvemento de novos provedores e coa xeración de espazos de innovación aberta e colaborativa para makers, emprendedores e empresas que poidan traballar na creación de novos conceptos e produtos no tecido industrial galego.

O director do Igape, Juan Cividanes, participou na inauguración do Foro industria 4.0 sobre retos e oportunidades do movemento maker, celebrado na Cidade da Cultura, no marco da Maker Faire Galicia, onde sinalou que desde a Xunta estase a apostar polo investimento en sentido amplo, pero poñendo o foco na necesaria transformación da industria galega cara a extensión da fábrica intelixente e conectada.

Cividanes apuntou que, mediante premios e axudas aos investimentos no ámbito 4.0, a Xunta promove os proxectos innovadores neste eido. Salientou que, deste xeito, estanse facilitado os investimentos a 70 empresas a través da liña específica para o desenvolvemento de proxectos demostrativos industria 4.0 en sectores tan variados como os de automoción, aeronáutico, madeira, agroalimentario ou naval.

O director do Igape lembrou que a Xunta de Galicia está sendo pioneira na divulgación e a promoción dos avances na Industria 4.0 co desenvolvemento da Axenda, que ten como gran reto crear 50.000 novos empregos na industria ata 2020. O primeiro plan bienal da Axenda facilitou a creación de 11.500 empregos industriais e impulsáronse accións que beneficiaron a 4.200 empresas. Cividanes concretou que se destina un orzamento un 22% maior ao segundo plan bienal, en marcha, polo que se prevé incrementar o investimento e mobilización no ámbito 4.0.

Cividanes referiuse á activación dos novos instrumentos financeiros innovadores (IFIs), con liñas que priorizan os investimentos 4.0 das empresas e os proxectos innovadores de emprendedores e makers. Avanzou tamén que, para o próximo ano, o Igape prevé dar un novo pulo aos investimentos en dixitalización empresarial como clave para acelerar a implantación da Industria 4.0 en Galicia. Promoverase a dixitalización para estender a máis empresas as vantaxes das novas tecnoloxías, dixo.

Dentro da estratexia galega de Industria 4.0, o director do Igape sinalou que tamén se tenderán pontes entre o mundo Maker e a industria, mediante programas específicos relacionados co desenvolvemento de novos provedores e coa xeración de espazos de innovación aberta e colaborativa para makers, emprendedores e empresas que poidan traballar na creación de novos conceptos e produtos no tecido industrial galego.

O director do Igape subliñou que estamos inmersos na cuarta revolución industrial, a industria 4.0, e salientou que, sexa como inventores, desenvolvedores ou provedores de servizos e tecnoloxías avanzadas, como emprendedores ou impulsores de start-ups, os makers teñen reservado un papel crucial nos avances da Industria 4.0. Neste sentido, celebrou que Galicia conte cun movemento maker forte e dinámico chamado a xerar sinerxías que nos permitan avanzar en cabeza da nova revolución industrial.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2017-11-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES