//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias economia
Galicia acadou, con 122.036 persoas en situación de desemprego no mes de maio, a cifra máis baixa de paro de toda a serie histórica desde hai que rexistros (1996), é dicir, é a primeira vez en 28 anos que o paro cae por debaixo das 123.000 persoas na comunidade autónoma. Galicia, ademais, lidera a caída do paro en termos relativos con respecto a hai un ano (terceiro lugar en termos absolutos) e en comparación co mes anterior ocupa a terceira posición na baixada do desemprego, tamén en termos relativos. Caeu o paro na evolución anual (-9,22%) e mensual (3,40%) e nas dúas comparativas descendeu nas sete grandes cidades, nas catro provincias galegas e en todos os sectores de actividade, liderando a caída o primario con respecto a hai un ano e a abril de 2024.
A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) celebrou en Santiago de Compostela a 36ª edición da súa Asemblea Xeral Ordinaria. No evento, que transcorreu con total normalidade, aprobáronse as Contas Anuais e o Informe de Xestión do exercicio 2023. Ademais, presentouse a Memoria Anual de Actividades de 2023 e informouse sobre o Plan Anual de Actividades previsto para 2024. Segundo o rexistro oficial, en Galicia existen 180 cooperativas agroalimentarias, que en 2022 contaban con aproximadamente 34.000 socios.
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, solicitou ao Goberno central que non permita a deslocalización das compras en economías emerxentes a través do reparto dos fondos dos PERTE. Así o manifestou logo do encontro celebrado hoxe co Clúster de Automoción e Mobilidade de Galicia (Ceaga), onde tamén avanzou que a Xunta estuda posibles modificacións no orzamento dos fondos Feder que lle corresponden a Galicia para favorecer a industria galega da automoción.
Os apoios, que poden chegar aos 3 millóns de euros por proxecto, son de ata o 45% do investimento subvencionable no caso dos proxectos de grandes empresas, mentres que no caso das pemes serán do 45% ou do 55% en función da porcentaxe de redución de emisións xustificada. Con estas axudas que xestiona o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) búscase incentivar a transformación ecolóxica da actividade industrial de cara a unha economía baixa en carbono e a súa competitividade nun mercado global, diminuíndo o consumo de enerxía e promovendo a introdución da mellor tecnoloxía dispoñible. Ao mesmo tempo, estas axudas que se enmarcan na Estratexia Galega de Cambio Climático e Enerxía 2050 e na Axenda Enerxética de Galicia 2030 contribúen a reactivar e dinamizar a economía da provincia tras o peche das centrais térmicas.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que o Consello aprobou hoxe lanzar unha nova liña de achegas, dotada de 18 millóns de euros, para axudar 'ás empresas auxiliares do sector da automoción a ser máis competitivas' e adaptarse ao proceso de transición que vive esta industria cara unha mobilidade máis sustentable, marcada pola extensión do vehículo eléctrico. Rueda, que lembrou a importancia dun sector -o das empresas auxiliares ou de compoñentes do automóvil- que xera '25.000 empregos' na comunidade, fixo fincapé en que se trata dunha industria 'que ten por diante un gran reto' para adaptarse á normativa europea que establece 2035 como data límite para que haxa vehículos contaminantes no mercado.
A Xunta de Galicia está xa a tramitar os decretos que permitirán, a partir do vindeiro curso, que o alumnado de grao das universidades públicas galegas e os de ensinanzas artísticas superiores teñan a matrícula gratuíta. A media será aprobada no Consello a principios de verán, a tempo para o inicio do período de matriculación. Así o explicou hoxe no Parlamento o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, que recalcou que Galicia será a primeira Comunidade na que todo o ensino será gratuíto, desde a escola infantil ata a universidade.
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, representou a Galicia na reunión celebrada hoxe na rexión croata de Dalmacia para abordar o futuro do programa Interreg, que financia a cooperación entre rexións e municipios da Unión Europea, e debater os avances que favorecen a cooperación transfronteiriza en Europa. A conferencia permitiu facer balance da experiencia adquirida ata a data nas tres modalidades de cooperación territorial existentes -transfronteiriza, transnacional e interrexional-, así como da súa aplicación durante o período 2021-2027. Os participantes coincidiron na importancia da cooperación territorial, pois permite aos diferentes territorios intercambiar experiencias e traballar xuntos en igualdade de condicións.
Galicia pechou o mes de abril cun dato histórico na cifra de persoas en situación de desemprego. Rexistrou 126.334 persoas en paro, o menor dato de toda a serie histórica (1996), é dicir, desde hai 28 anos. Galicia sitúase como a primeira comunidade autónoma na que máis baixou o paro en termos relativos con respecto a hai un ano e a terceira en absolutos. A caída nun -9,34 % supera en máis do dobre ao descenso rexistrado no Estado (-4,37 %). O paro caeu tamén na evolución mensual (-2,08 %), e, ademais, o descenso reflectido tanto na comparativa anual como mensual tivo lugar nas catro provincias galegas, nas sete grandes cidades e en todos os sectores de actividade.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, salientou hoxe que o Goberno galego xa adxudicou 985M de fondos do Mecanismo de recuperación e resiliencia (MRR) desde a posta en marcha do plan de recuperación. Así, o Executivo autonómico autorizou a publicación de convocatorias por importe de 1.097M e adxudicou o 90%, o que supón 'un grado de execución moi razoable', tal e como sinalou o titular da Administración. Segundo o informe analizado hoxe na reunión do Consello, na actualidade, a suma dos recursos do MRR asignados polo Goberno central á Administración galega ascenden a 1.545 M, o 5,8 % do distribuído entre as comunidades autónomas, o que supón menos recursos dos que corresponderían á comunidade por PIB per cápita.
A Xunta de Galicia vén apostando durante os últimos anos pola rehabilitación de inmobles residenciais, ofrecendo medidas directas para reforzar o parque público de vivendas, pero tamén concedendo diversas axudas económicas, tanto a particulares como a comunidades de veciños e entidades promotoras. Dentro destas liñas de actuación, en abril de 2019 aprobouse a que foi a primeira Lei de rehabilitación e rexeneración e renovación urbanas de Galicia, que promovía a recuperación e rehabilitación do patrimonio xa construído.
O grupo parlamentario de En Marea considera inaceptable o acordo de cotas acadado en Bruxelas que demostra unha vez mais a nula capacidade negociadora e de presión da consellería de pesca de Galicia. Desde o grupo parlamentario reclaman máxima transparencia sobre o acontecido en Bruxelas, e firmeza na presión durante a negociación no reparto interior das cotas co goberno do Estado.
Prosigue el desarrollo del modelo integrado de tiendas físicas y online, con la implantación del same day delivery en seis capitales y el next day delivery en seis mercados, entre ellos España, Francia, Reino Unido o China. El grupo gallego alcanza las 7.504 tiendas en 94 mercados y sus ventas crecen un 6% por encima del las de 2016.
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, visitou as instalacións de Navantia na ría de Ferrol e comprobou o avance nos traballos de fabricación dos 42 jackets e salienta que se trata dun proxecto cun investimento de 150 millóns de euros e cunha carga de traballo dun millón de horas. Incide na necesidade de que haxa unión e diálogo entre Administración, sector naval e empresas auxiliares.
Ademáis, o PSdeG considera que a nova normativa invade competencias locais e advirte de que esta cláusula supón un paso máis na estratexia de recentralizar as competencias municipais na administración autonómica negando máis recursos para cumprir coas novas obrigas. Ademais, dixo, ofrece barra libre para as concesións das empresas privadas.
O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, advertiu que a OPE anunciada polo presidente da Xunta resulta insuficiente en cantidade e deficiente en calidade. Perdemos persoal, o pouco que incorporamos o facemos a un ritmo insuficiente e continuamos sen resolver o problema dos contratos miseria na sanidade.
A responsable de Turismo da Xunta apoiou na feira IBTM World a presentación dos recursos e infraestruturas galegas para este nicho de mercado, nunha clara aposta por mellorar a súa capacidade como destino do turismo de negocios. A estratexia turística do Goberno galego dedica unha liña específica a este tipo de viaxeiros, cunha alta capacidade de gasto.
Dentro da estratexia galega de Industria 4.0, o director do Igape sinalou que tamén se tenderán pontes entre o mundo Maker e a industria, mediante programas específicos relacionados co desenvolvemento de novos provedores e coa xeración de espazos de innovación aberta e colaborativa para makers, emprendedores e empresas que poidan traballar na creación de novos conceptos e produtos no tecido industrial galego.
O BNG demanda para Galiza un novo modelo de financiamento e propón un concerto económico similar ao que ten o País Vasco, cuxa actualización do seu sistema de cupo para o quinquenio 2017-2020 conta co apoio e os votos favorables do PP no Congreso: O PP apoia en Madrid o cupo vasco, pero ese mesmo PP impide un cupo galego".
Ourense volve quedar á cola nos Orzamentos da Xunta para 2018. Manifestouse o rexeitamento de En Marea ás contas da Xunta que volven deixar a provincia e a cidade de Ourense como a máis castigada polas contas do goberno galego en áreas fundamentais coma a Sanidade, a Xustiza ou as Infraestruturas.
Cos premios Exceleite a Xunta e o Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite recoñecen ás 20 mellores explotacións no ámbito hixiénico-sanitario. A conselleira do Medio Rural destacou que o lácteo da nosa comunidade se consolida como líder nacional, concentrando preto do 40% da produción e o 56% dos gandeiros.