
Pola súa banda, a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, indicou que Galicia é a primeira comunidade en poñer en marcha xa este ano unha liña de axudas para as empresas auxiliares da automoción. E ademais resaltou que estas achegas están incluídas no plan director do sector -deseñado co Clúster da automoción- e que forma parte dos compromisos dos 100 días adquiridos polo Goberno autonómico.
Deste xeito, este novo programa de axudas contribúe a facer fronte aos gastos das empresas este mesmo ano, cunha primeira liña de apoios destinada a atender tanto o gasto en equipamentos como o que respecta á elaboración de proxectos de futuro. Os apoios, en concorrencia non competitiva, cobren ata o 70% destes gastos subvencionables, executados dende o 1 de xaneiro ata a data de presentación da solicitude, cun máximo de 300.000 euros. Entre as iniciativa que poderán recibir achegas están a compra de maquinaria, as reformas das naves de produción ou os gastos de consultoría para avanzar neste proceso de transición, segundo indicou a conselleira.
Así mesmo, o programa inclúe unha segunda liña de apoios de entre o 35% e o 55% dos custos das actuacións das empresas cara ao desenvolvemento de proxectos de eficiencia enerxética e renovables ata un máximo de 700.000 . Neste caso para actuacións coma a implantación de enerxías térmicas ou eléctricas (paneis fotovoltaicos ou minieólicos) ou realizar melloras de eficiencia enerxética nas instalacións.
O sector da automoción está a afrontar unha das transformacións máis grandes da súa historia, na que a transición xusta ou a electrificación son puntos centrais do cambio de paradigma. Un escenario no que a Unión Europea fixou no 2035 a data para que os novos turismos e furgonetas no mercado sexan de cero emisións.
Sobre esta base, as empresas automobilísticas galegas están a dar os pasos necesarios cara unha mobilidade con máis infraestruturas; na que se impulsen os vehículos non contaminantes; máis intelixente; máis eficiente e segura; e más competitiva. Un contexto no que este novo programa de axudas busca facilitar esta transición, actuando como un primeiro escudo de apoio.
Deste xeito, a Xunta reforza a súa aposta por un sector declarado estratéxico para a economía de Galicia, que suma máis de 200 empresas e preto de 25.000 empregos, e que conforma unha das cadeas de valor máis completas de Europa. De feito, o Goberno galego xunto coas asociacións e organizacións máis representativas do sector está a traballar no seu plan director, un instrumento consensuado para dar resposta real ás necesidades da automoción galega.
Unha ferramenta, a dos plan directores que, xunto co Plan autonómico de impulso e aceleración de proxectos industriais, forman parte da planificación da política industrial da Xunta enmarcados nunha estratexia que ten como obxectivo facilitar o proceso de adaptación e transformación enerxética e dixital da industria galega.
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.