
Jesús Gamallo lembrou o recente ditame do Comité das Rexións sobre a creación dun mecanismo de cooperación transfronteiriza, que permitiría flexibilizar a aplicación da normativa nacional ou ben aplicar a do país veciño en certos casos moi concretos nos que a lexislación nacional impide ou obstaculiza algún proxecto de cooperación transfronteiriza.
O director xeral defendeu a importancia de que este sexa voluntario para os Estados membros e gabou a decidida intención das autoridades comunitarias de apostar por este instrumento. Tamén destacou a importancia dos puntos de coordinación transfronteirizos, defendendo que non poden estar afastados das fronteiras. Galicia, que conta cunha Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal cunha ampla e consolidada experiencia, sería unha localización idónea para un punto de contacto destas características.
A cooperación territorial europea representa hoxe tan so un 2,5% do total da política de cohesión europea, cifrada en máis de 322.000 millóns de euros para o período 2021-2027. Jesús Gamallo, insta a reivindicar dende o Comité Europeo das Rexións unha maior dotación no debate que comeza agora sobre o orzamento europeo despois de 2027. A nivel europeo, está a haber unha profunda reflexión sobre cales deben ser as prioridades orzamentarias á vista da futura ampliación da UE", sinalou.
Precisamente Santiago de Compostela acolleu o pasado novembro a conferencia anual de Interreg, coa presenza da comisaria de Cohesión e Reformas, na que tamén se abordou esta cuestión.
O grupo interrexional de cooperación transfronteiriza
Ademais da súa actividade como asemblea consultiva, desenvolvida polos seus membros no marco das sesións plenarias e comisións, o Comité Europeo das Rexións (CdR) conta tamén con grupos interrexionais que permiten aos membros debater determinados temas de interese común. O grupo interrexional dedicado á cooperación transfronteiriza, foi creado en 2015 e está formado por 13 rexións, entre as que se atopa Galicia.
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.