
Estamos ante un novo ataque á frota artesanal, a mais afectada polos recortes de cota, sobre todo nas rías baixas, que continúa na liña de ataques contra a un segmento de frota que o Goberno pretende expulsar do noso mar asegurou a vicevoceira no Parlamento e responsable de Pesca, Carmen Santos.
Desde o grupo parlamentario reclaman máxima transparencia sobre o acontecido en Bruxelas, e firmeza na presión durante a negociación no reparto interior das cotas co goberno do Estado. As deputadas e deputados de En Marea consideran que estamos ante un auténtico proceso de reconversión que afecta sobre todos as nosas frotas de baixura, ao cerco e a frota artesanal. Por este motivo, esixen cambios nos mecanismos de representación dos intereses da nosa frota perante as autoridades europeas.
O resultado destas negociacións demostra a necesidade de implantar mecanismos de negociación que primen o número de postos de traballo creados por tonelada descargada de forma que se prime o emprego fronte o beneficio empresarial.
Dende en Marea lamentan ademais as declaración de Conselleira que asume como unha vitoria o que en realidade é un novo recorte nas capacidades de pesca de Galicia, utilizando o vello truco de amosar como un logro unha mellora sobre a proposta inicial, que xa foi presentada polas autoridades de forma moi restritiva, para poder vender calquera mellora sobre esa posición inicial que coñecían irreal.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.