
Esta Lei contemplaba, entre outras medidas, a posta en marcha do programa Rexurbe, que procuraba a adquisición de inmobles abandonados e solares baleiros nos centros históricos das cidades galegas, para a súa rehabilitación co obxectivo de favorecer o alugueiro a prezos accesibles.
Outro dos elementos fundamentais da Lei de Rehabilitación era a figura das Áreas Rexurbe, un total de sete na nosa comunidade: Mondoñedo, Coruña e Ribadavia, aprobadas no ano 2020; Tui, en 2021; Ribadeo e Ferrol en 2022; e Betanzos en 2023. Con elas preténdese facilitar a recuperación dos conxuntos históricos declarados Bens de Interese Cultural (BIC), concentrando os recursos naqueles aspectos onde máis se necesiten, combinado instrumentos de financiamento públicos e privados.
Fondos Europeos destinados á vivenda
Galicia foi unha das comunidades que mellor aproveitou os fondos europeos do programa NextGenerationUE no eido da rehabilitación residencial. Desde 2022 o Instituto Galego de Vivenda e Solo vén convocando diversos liñas de incentivos, aos que xa destinou máis de 140 millóns de euros en axudas a particulares, comunidades de veciños e concellos, e cos que se puido mellorar a eficiencia enerxética de máis de 24.000 vivendas na nosa comunidade.
Dado o éxito destas axudas, a Xunta de Galicia publicará este ano unha nova convocatoria dos programas de rehabilitación enerxética de vivendas e edificios, e tamén para a redacción de proxectos e do libro do edificio, cun orzamento inicial de 37 millóns de euros.
Balance das últimas convocatorias dos diferentes programas de axudas á rehabilitación enerxética

Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.