Notas de prensa

En Marea cualifica os orzamentos de 2018 de restrititivos, antisociais e decepcionantes

“Ourense volve quedar á cola nos Orzamentos da Xunta para 2018”. Manifestouse o rexeitamento de En Marea ás contas da Xunta que volven deixar a provincia e a cidade de Ourense como a máis castigada polas contas do goberno galego en áreas fundamentais coma a Sanidade, a Xustiza ou as Infraestruturas.

Na rolda de prensa conxunta entre os deputados de En Marea pola provincia de Ourense e Ourense en Común, a concelleira Ledicia Piñeiro lembrou que viven na única cidade galega cos orzamentos prorrogados dende 2014, “polo que os únicos orzamentos que podemos ter de referencia son os da Xunta para a cidade”. Tamén considerou insuficientes os 300 mil euros que destina a Xunta en 2018 para a construción do CAPD, “unha reivindicación cidadá histórica pero tamén unha promesa electoral do PP para gañar as eleccións á Xunta”.

O centro de saúde do Vinteún e a Casa de Acollida para Mulleres foron outras das reivindicacións de Ourense en Común, que lle pediu ao Concello e á Xunta “que deixen de pasarse a pelota”. “É inaceptable que esta cidade non con conte con esta infraestrutura, unha necesidade de primeira magnitude para mulleres que sofren situacións de violencia ou que son vítimas de trata”.

A deputada Ánxeles Cuña, que defendeu o traballo interinstitucional entre os representantes locais e autonómicos, denunciou que se a Xunta cualifica estes orzamentos de expansivos, “para Ourense son restritivos, antisociais e decepcionantes”. E defendeu esta tese con “datos obxectivos”, pois Ourense é a provincia que menos investimento recibe en capítulos fundamentais coma o SERGAS (só o 5% do total de Galicia), xustiza (8%), o Instituto Galego de Vivenda e Solo (8%) ou a Axencia Galega de Infraestruturas (16%). Noutras áreas fundamentais coma Educación, só recibe o 14% do investimento global.

Ademais, Cuña lembrou que os orzamentos da Xunta se esquecen totalmente do emprego nunha provincia que acapara máis da metade do paro de toda Galicia e onde moitas economías familiares viven dos pensionistas, que tamén se atopan entre os que perceben as pensións máis baixas de todo o Estado.

Pola súa banda, Davide Rodríguez destacou que Ourense é a cidade que menos investimento real leva de todo o país, 13 millóns de euros “fronte aos 80 que leva Vigo” e apuntou que 5M€ van para o enlace de San Cibrao das Viñas coa A52, “que leva orzado máis de cinco anos sen executar e que conta coa oposición dunha plataforma cidadá e mesmo do sector dos transportistas”.

E, segundo Rodríguez, o Goberno de Feijóo volve esquecerse da que debería ser a súa principal preocupación na provincia de Ourense, a fixación de poboación”. “Non hai medidas para frear o despoboamento rural, con estas contas seguiremos pechando escolas e veremos reducida aínda máis a calidade da nosa sanidade e mobilidade”, denunciou, “ademais de non verse beneficiada malia ser a provincia cos máis graves problemas medioambientais e ecolóxicos”.

Gabinete de Comunicación de En Marea, 2017-11-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES