//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias deportes
O valor engadido bruto xerado polo sector do deporte en Galicia no ano 2022 ascendeu a máis de 620 millóns de euros, segundo a Conta Satélite do Deporte de Galicia feita hoxe pública polo Instituto Galego de Estatística (IGE). Este dato representa o 0,9 % do Produto Interior Bruto xerado na Comunidade autónoma nese exercicio. En termos de emprego, e segundo o mesmo estudo, o sector deportivo é responsable directo de 16.436 postos de traballo, o que representa o 1,4 % do total da economía galega. A meirande parte é asalariado, cunha remuneración próxima aos 515 millóns de euros.
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se recoñece as persoas deportistas de alto nivel, alto rendemento e rendemento deportivo de base, persoas adestradoras ou técnicas, xuízas e árbitras recoñecidas de alto nivel, así como as solicitudes desestimadas e a causa. En total, das 124 novas solicitudes presentadas, son 91 as admitidas, e delas, máis da metade -un total de 53- son deportistas de alto nivel. Ademais dos 53 novos deportistas de alto nivel recoñecidos, na publicación de hoxe inclúense 11 deportistas de alto rendemento e 23 de alto rendemento de base, así como 1 técnico de alto nivel e 3 árbitros.
Neste sentido, dos 1.009 deportistas galegos recoñecidos (381 mulleres e 628 homes), o 80% (808) son deportistas galegos de alto nivel (299 mulleres e 509 homes). Ademais, hai 101 deportistas de rendemento deportivo de base (39 mulleres e 62 homes); 64 deportistas de alto rendemento (25 mulleres e 39 homes); 15 técnicos de alto nivel (catro mulleres e 11 homes); sete árbitras (cinco mulleres e dous homes); cinco xuízas (catro mulleres e un home) e nove deportistas galegos de alto nivel vitalicios (cinco mulleres e catro homes). Entre eles atópanse algúns dos mellores deportistas de Galicia.
A Xunta de Galicia vén de entregar á Fundación Princesa de Asturias a candidatura de María Teresa Portela Rivas para o Premio Princesa de Asturias dos Deportes 2022 que serán entregados na segunda quincena do mes de outubro. A candidatura da padexeira galega céntrase no seu brillante currículo deportivo con 15 medallas mundiais e 17 europeas. En Toquío converteuse na muller española con maior número de participacións olímpicas, cun total de seis, e acadou unha medalla de prata aos seus 39 anos despois de xuntar cinco diplomas olímpicos.
O líder de La Vuelta 21 recibirá unha Cunchiña ao final de cada etapa; é dicir, un boneco de peluche que representa á mascota virtual do Xacobeo 21-22. Deste xeito, o portador do maillot vermello colaborará na difusión do dobre Ano Santo no percorrido da competición desde este sábado 21 de agosto ata a chegada á meta na praza do Obradoiro o 5 de setembro. A mascota virtual do Xacobeo foi ideada inicialmente para o seu uso nas redes sociais, onde acadou unha grande difusión cos seus 32 stikers e con case un centenar de gifs para o seu uso a través de WhatsAp, Facebook, Instagram e Telegram.
Tivo lugar a presentación dos vinte e un deportistas galegos preseleccionados no equipo español de cara aos Xogos Paralímpicos de Toquio que terán lugar entre o 24 de agosto e o 5 de setembro. No acto participaron, entre outros, a triatleta Susana Rodríguez, o tirador Juan Saavedra, a atleta Adiaratou Iglesias, o taekwondista Alex Vidal e o piragüista Adrián Mosquera. O 15% da delegación española ten acento galego, un feito que responde a un traballo intenso realizado por todo o tecido deportivo en prol dos deportistas con discapacidade. Do último recoñecemento de deportistas galegos de alto nivel, 17 teñen algunha discapacidade.
Nesta edición de 2021 a proba atravesará na súa antepenúltima etapa o 3 de setembro os concellos de Monforte, Lugo e Sarria para continuar polas Rías Baixas desde Sanxenxo a Mos pasando por Pontevedra, Redondela, O Porriño e Baiona deixando para a contrarreloxo individual do domingo 5 de setembro o tramo de Padrón a Santiago de Compostela, para chegar como tódolos peregrinos á porta da Catedral compostelá. Por iso, estiveron presentes os alcaldes de Santiago de Compostela, Padrón, Sanxenxo, Mos, e Monforte de Lemos, municipios de saída e chegada das tres etapas pola comunidade.
A Unión de Federacións Deportivas Galegas (UFEDEGA) ven de lanzar a campaña #ForteCoDeporte, unha iniciativa para fomentar o deporte federado seguro en tempos de pandemia. O obxectivo é impulsar a práctica deportiva federada durante a situación de pandemia na que nos atopamos. Con esta acción, trasládase á sociedade que o deporte federado é garantía de cumprimento de todas as medidas de seguridade. Todas as federacións deportivas de Galicia contan cun protocolo para o establecemento das medidas de prevención necesarias para facer fronte para facer fronte á crise sanitaria.
A Sociedade Iberoamericana de Psicoloxía do Deporte co apoio da Universidad Liberquaré e da Xunta, puxo en marcha a iniciativa Píldoras Solidarias. Entrenamiento Mental cunha primeira entrega a cargo do presidente da SIPD, Joaquín Dosil, baixo o título Deportista: ganar a competición persoal durante o confinamento. Esta primeira pílula solidaria, contou coa participación de 1.780 inscritos, dos que 887 foron deportistas e adestradores galegos e galegas, o 50%. Dos 18 países participantes, España (1.054) contou coa maior participación seguida de Arxentina (195), México (105), Colombia (98), Chile (78), Perú (56), Guatemala (38), Costa Rica (30), Brasil (28), Uruguai (27), Porto Rico (14), Portugal (11), Venezuela (11), Ecuador (9), Reública Dominicana (7), Bolivia (6), Paraguai (5) e outros países (8).
A Semana Europea do Deporte é unha iniciativa do Parlamento Europeo para a promoción da practica deportiva saudable nos cidadáns da Unión Europea. Os preto de 60 centros educativos responderon a esta iniciativa, programando diferentes actividades durante esta semana e celebrando o Día do Deporte Escolar con alomenos 120 minutos de actividade física dentro do horario lectivo. Galicia aposta así polo incremento da actividade física de calidade que se realiza nos centros educativos galegos, para loitar contra a inactividade física, o sedentarismo e consecuentemente, contra o sobrepeso e a obesidade, promovendo hábitos de vida activa que perduren dende a infancia ata a vellez, vinculados aos Proxectos de Vida Activa en centros educativos escolares.
O CD DEZ PORTAS GALICIADIGITAL proclámase matematicamente campión da primeira división galega de Tenis de Mesa, a falta dunha xornada por disputarse, despois da súa última vitoria por 5-0 fronte a SD Hípica da Coruña.
Desde este martes, o campus de Ourense acolleu a celebración dos XXXV Xogos Galaico Durienses. A cita reuniu a case 200 deportistas e persoal técnico das universidades lusas de Porto, Tras os Montes e Alto Douro (UTAD) e Minho e das universidades galegas de Vigo e Santiago de Compostela (USC). Nun ambiente de sa competición e convivencia, alumnas e alumnos competiron en cinco modalidades deportivas.
Esta actividade enmárcanse na programación do +XTi, coa que o Executivo Municipal busca ofrecer alternativas de ocio saudables e didácticas aos mozos e mozas da cidade. Jorge Bustos: 'Buscamos fomentar a socialización entre a mocidade lucense, o traballo en equipo e a adquisición de habilidades que lles poidan ser útiles no seu futuro'.
O acto tivo lugar esta mañá na Praza do Obradoiro, no que participaron o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, a deputada provincial de Deportes, Cristina Capelán, a concelleira de Deportes de Santiago, Esther Pedrosa, o presidente da Federación Galega de Atletismo, Iván Sanmartín e o padriño da carreira, Juan Carlos Higuero.
Os XXV Campionatos Galegos Universitarios de Deportes Colectivos reunirán os vindeiros días 7 e 8 de marzo na capital luguesa máis de 600 estudantes das tres universidades públicas galegas, que competirán en seis disciplinas deportivas diferentes: fútbol, fútbol sala, baloncesto, balonmán, rugby e voleibol, na modalidade masculina e feminina, segundo adiantou este xoves o reitor da USC, Antonio López, na presentación do evento.
Vense de constituír o Foro de Reactivación do Deporte Galego como espazo de deliberación, análise e proposta de actuacións para o sector deportivo de Galicia no contexto posterior á crise sanitaria do COVID-19. O obxectivo do foro será a análise das medidas de actuación que, desde os distintos ámbitos materiais afectados, poidan formularse para establecer un marco de recuperación sostible do sector deportivo galego.
No escenario excepcional da praia de Pantín, o certame celebra a súa 33 edición ata o día 23 de agosto atraendo a un importante número de profesionais de alto nivel e os datos sobresaíntes a nivel de competición e de asistencia de anos anteriores repercuten de xeito directo non só no concello de Valdoviño, senón en todos os concellos de Ferrolterra e na imaxe de Galicia o que contribúe a internacionalizar e a posicionar a nosa terra no exterior.
A Xunta de Galicia vén de publicar o segundo número das Guías DXT Galego Volvendo con sentidiño elaboradas pola Secretaría Xeral para o Deporte e expertos das tres universidades galegas que xa foi enviado a todos os clubs e federacións deportivas de Galicia e pode ser consultado na páxina web do Deporte Galego. Este segundo manual versa sobre as Recomendacións para a aceleración da reactivación e readaptación técnico/táctica do deportista para a súa motivación e achegamento progresivo ás esixencias do partido.
O secretario xeral para o Deporte participou nunha reunión virtual convocada pola Unión de Federacións Deportivas Galegas (Ufedega) e na que participaron un total de 42 das 58 entidades federativas do deporte galego. Nas súas verbas, o secretario xeral para o Deporte lembrou aos presidentes que a Xunta traballa nun Plan de Continxencias en coordinación coas federacións e coa participación de expertos, para planificar o futuro da actividade física e o deporte en Galicia.
A iniciativa Adestra #NaCasa ofrece un espazo no que as federacións deportivas de Galicia amosan o seu traballo cos deportistas no período de confinamento. Deste xeito configúrase un repositorio de arquivos, documentos, ligazóns e material de diversa índole orientado ao adestramento na casa en tempos de confinamento. O obxecto deste espazo é axudar a todos os deportistas galegos neste período.