Notas de prensa

Un curso de tenis de mesa é unha das novas propostas gratuítas de Xuventude para a mocidade lucense

Esta actividade enmárcanse na programación do +XTi, coa que o Executivo Municipal busca ofrecer alternativas de ocio saudables e didácticas aos mozos e mozas da cidade. Jorge Bustos: 'Buscamos fomentar a socialización entre a mocidade lucense, o traballo en equipo e a adquisición de habilidades que lles poidan ser útiles no seu futuro'.

Toda a información pode atoparse en: https://www.lugomasxti.org/actividades-xti-2024/.

A actividade de tenis de mesa, que se desenvolverá na Casa da Xuventude, é unha iniciativa que se leva realizando dende hai varios anos con gran éxito, dirixida a mozos e mozas de entre 12 e 35 anos. Terá lugar os venres pola tarde, de 18:00 a 21:00 horas; e os sábados en horario de mañá, de 10:00 a 13:00 horas, durante os meses de marzo, abril e maio, cun total de 15 prazas por día. As inscricións para participar na mesma poderán realizarse nas propias instalacións, cos responsables de impartir as clases. Este ano, a actividade estará dirixida por un membro titulado do Clube Dez Portas Tenis de Mesa.

Toda a información sobre a programación do +XTi pode atoparse na páxina web: https://www.lugomasxti.org/actividades-xti-2024/.

Club Deportivo Dez Portas Lugo, 2024-02-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES