Noticias

Galicia presenta a candidatura de Teresa Portela ao Princesa de Asturias con preto de 3.500 votos populares e 175 cartas de apoio

A Xunta de Galicia vén de entregar á Fundación Princesa de Asturias a candidatura de María Teresa Portela Rivas para o Premio Princesa de Asturias dos Deportes 2022 que serán entregados na segunda quincena do mes de outubro. A candidatura da padexeira galega céntrase no seu “brillante currículo deportivo con 15 medallas mundiais e 17 europeas”. En Toquío converteuse na muller española con maior número de participacións olímpicas, cun total de seis, e acadou unha medalla de prata aos seus 39 anos despois de xuntar cinco diplomas olímpicos.

No momento actual prepara no Complexo de Regatas de Verducido a súa clasificación os seus sétimos Xogos. Cómpre salientar asemade, a súa carreira académica coa diplomatura en Maxisterio de Educación Física, o grado en Fisioterapia e o grado de Ciencias dos alimentos que está a cursar na actualidade. Ademais, “o xeito en que compatibiliza a maternidade co deporte de alto nivel serve a moitos e moitas como motivación para loitar polo que se quere acadar e manda unha mensaxe á sociedade na que o deporte é un compañeiro indisociable en calquera etapa da vida”.

A candidatura de Teresa Portela presentada pola Xunta vén avalada por preto de 3.500 votos populares e 175 cartas de apoio. Neste sentido, a Secretaría Xeral para o Deporte quere agradecer a colaboración prestado polos cidadáns, cidadás e institucións que prestaron o seu apoio e colaboraron na candidatura, nomeadamente, a International Canoe Federation, o Consejo Superior de Deportes, a Delegación do Goberno en Galicia, as tres universidades galegas, as catro deputacións provinciais, o Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar e ás súas empresas asociadas, a AGAXEDE, a FEGAMP, oito federacións deportivas nacionais (Real Federación Española de Piragüismo, Real Federación Española de Hockey, Real Federación Española de Karate y D.A., Real Federación Española de Motonáutica, Real Federación Española de Tenis, Real Federación Española de Vela, Federación Española de Orientación e Federación Esapñola de Pesca y Casting), 56 federacións deportivas galegas (a práctica totalidade), seis agrupacións deportivas (14, A Estrada, Baixo Miño, Terra de Montes, Val do Salnés, Xoga DXT Escolar), 48 concellos galegos (A Laracha, As Pontes, Aranga, Arteixo, Boqueixón, Boiro, Irixoa, Laxe, Melide, Noia, Santiso, Vedra, A Pontenova, Becerreá, Begonte, Folgoso do Courel, Lugo, Monforte, Ourol, Outeiro de Rei, Riotorto, Sober, Viveiro, Allariz, A Rúa, Lobios, Muíños, Nogueira de Ramuín, Ourense, Riós, San Cristovo de Cea, A Estrada, Baiona, Cangas, Cerdedo-Cotobade, Moaña, Mondariz Balneario, Mos, O Porriño, Poio, Ponte Caldelas Pontevedra, Ribadumia, Silleda, Tomiño, Vilaboa), 28 clubs deportivos (Altruán, As Xubias, Breogán, Cabanas KDM, Cambados, Cidade de Lugo, Cobres, Copacabana, Escola Ourensana, Escola Cidade de Pontevedra, Firrete, Fluvial Allariz, Kayak de Mar Ría de Muros-Noia, Kayak Vigo, Marítimo de Redes, Naval de Pontevedra, CP Portonovo, Ribeiras do Tambre, Río Verdugo, Rodeira, San Ciprián, Tambo Marín, Umia, Verducido, Vilagarcía, Totelum-Kayak, Esgrima Coruña) e 11 medios de comunicación (CRTVG, La Voz de Galicia, Faro de Vigo, DXT, El Correo Gallego, La Región, Atlántico Diario, COPE Vigo, Radio Vigo, Radio Pontevedra, e O Dez e Zona Press).

R., 2022-03-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES