//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias cultura
Celebrouse na Facultade de Linguas Modernas da Universidade de Varsovia o acto de inauguración do XIII Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG) 'Abrindo rutas, expandindo camiños. Novas perspectivas e interseccións nos estudos galegos'. O obxectivo deste congreso, que se levará a cabo do 21 ao 24 de setembro, é explorar como os traballos de investigación innovadores na área dos estudos galegos están a fomentar o diálogo entre disciplinas académicas e entre representantes da cultura. Para iso contará con distintas sesións de comunicacións, paneis temáticos, obradoiros, mesas redondas, entrevistas e sesións culturais.
O Centro Dramático Galego e Ainé Producións estrearán o 29 de setembro no Salón Teatro de Santiago de Compostela 'Recortes, caneos e outras formas de driblar', espectáculo que abordará tanto a dimensión visible como a cara oculta do mundo do fútbol. O espectáculo mestura xornalismo, deporte e teatro nunha proposta escénica que xorde dun libro inédito de Nacho Carretero, dirixida por Tito Asorey, e que conta coa dramaturxia de José L. Prieto.
A Cidade da Cultura programa tres novos concertos do ciclo Matinais Musicais para este outono que achegan ao público as últimas creacións musicais de vangarda, o jazz e impulsan o diálogo entre Xapón e Galicia a través da música. Serán tres actuacións nas mañás dos domingos o 25 setembro, o 23 de outubro e o 27 de novembro e as entradas pódense adquirir xa a través de Ataquilla. As Matinais Musicais arrincan con Aruku Camiñar e a cantante Ryoko Aoki, figura internacional do teatro Noh, unha das manifestacións máis antigas do drama musical xaponés.
O ciclo de conferencias 'María Casares. Do exilio ao escenario' organizado pola Xunta co gallo do centenario da actriz continúa este mércores 21 coas intervencións de Tina Sainz, grande amiga da artista coa que compartiu proxectos escénicos, e José Luis Méndez Romeu, que ten investigado sobre a súa figura. Este ciclo prolóngase ata finais de ano en distintas xornadas cunha ducia de intervencións protagonizadas por personalidades relevantes do mundo das artes e da cultura que coñeceron desde a proximidade o traballo e o legado da artista homenaxeada.
Con carácter informativo e didáctico, a mostra divídese en 15 paneis explicativos que percorren a vida e a obra do autor valdeorrés. Todos eles repasan a súa traxectoria vital e biográfica nunha rápida viaxe, rigorosa e amena, para comprender quen foi, que nos deixou e que implica a figura de Delgado Gurriarán. A exposición compleméntase cunha selección de obxectos persoais do escritor, expostos en mesas-vitrina, como cartas con persoeiros do seu tempo como Otero Pedrayo e Castelao, borradores de poemas que logo remataron nos seus libros e publicacións orixinais que facilitarán un achegamento máis completo para comprender a súa figura e obra.
A Sala Ártika ofrecerá até final de ano 50 funcións a cargo de 23 compañías diferentes, tanto de procedencia galega coma do exterior. O recinto situado na rúa Beiramar da cidade olívica incluirá, ademais, actuacións enmarcadas en tres festivais e ciclos diferentes: o III Comediátriko, o XX Circuíto da Rede Alternativa de Teatros e o VIII Festival Pequeártiko de Nadal.
No serán do sábado, faleceu na cidade da Coruña, Saleta Goy, a viúva do escritor Manuel María e Presidenta da Fundación que acolle o legado do poeta na Casa-Museo Manuel María en Outeiro de Rei (Lugo). Os seus restos serán velados no tanatorio de Servisa da Coruña e o luns realizarase na Casa-Museo en Outeiro de Rei, unha despedida civil, ás 17 hrs, previo a recibiren sepultura, ás 18 hrs, no cemiterio de San Xoán de Outeiro de Rei. Os seus restos repousarán xunto aos do escritor Manuel María falecido no ano 2004, con quen compartiu 45 anos de vida e de intensa actividade cultural.
Saleta Goy García cumpriu 90 anos o 6 de xuño e vivía na cidade da Coruña desde que en 1998 se trasladou alí, xunto a Manuel María, cando chegou á idade de xubilación.
Recibiron a "Navalla do Manuel" Pilar García Negro e (a título póstumo) Francisco Pillado Mayor, recitáronse poemas do poeta da Terra Chá á beira das Penas de Rodas e diante da súa tumba no cemiterio de Outeiro de Rei.
Estes actos celébranse desde o primeiro cabodano da morte de Manuel María, organizados pola Asociación Xermolos e a Irmandade Manuel María da Terra Chá.
Comezou a celebración cun xantar no Restaurante Río Ladra para, a continuación, desplazarse ao paraxe das Penas de Rodas, onde se celebrou o primeiro dos recitais de poesía de Manuel María a cargo de amigos do Manuel, e cancións do cantautor monfortino Antón Valcárce que lembrou que xa que foi en Monforte onde Manuel María escribíu boa parte da súa obra, o escritor é tan monfortino como chairego.
A 70ª Temporada Lírica da Coruña ofrecerá unha quincena de citas ata o mes de decembro, entre recitais, galas e actividades formativas. Ademais de Asmik Grigorian, premio á mellor cantante feminina nos International Opera Awards de 2019, esta mesma semana o Teatro Colón acolle a versión concerto de A forza do destino, de Guiseppe Verdi, con dirección de Guiseppe Finzi e con Angela Meade, Alejandro Roy e Borja Quiza nos papeis principais. Tras a celebración da Gran Gala Lírica o 10 de setembro baixo a batuta de Pérez Sierra, os días 22 e 24 deste mes chegará outro dos pratos fortes da programación coa escenificación no Teatro Colón da ópera Norma, de Bellini, título emblemático do repertorio universal.
O EAN ofrece a oportunidade de participar nunha estancia de catro días no Gaiás nun foro aberto ao intercambio de ideas, experiencias e procesos creativos e aprender de artistas consolidados que participan no encontro como relatores. Nesta ocasión cóntase coa presenza do fotógrafo Tono Arias, dos creadores visuais Beatriz Lobo e Miguel Scheroff e da artista multidisciplinar Ana Esmith, coñecida no eido da performance como Miss Beige, nome co que ten colleitado o aplauso de crítica e público.
O Festival Internacional de Cinema Play-Doc, que terá lugar na cidade de Tui do 22 ao 26 de setembro, presentará unha atractiva programación paralela para a súa décimo séptima edición. Baixo o nome Cinema Percorridos II: Visións Nocturnas, Play-Doc aposta de novo por unha experiencia única onde o cinema transformará o espazo público e dialogará cos espectadores a través dun percorrido nocturno pola cidade.
O Festival Internacional de Curtas FIC Vía XIV de Verín anunciou a programación completa da súa sexta edición, que terá lugar do 4 ao 12 de setembro no Auditorio Municipal. Máis de 30 curtametraxes dunha ducia de países competirán este ano no concurso oficial do encontro, que acollerá tamén outra serie de proxeccións paralelas, así como unha homenaxe ao actor e comunicador Sergio Pazos.
A base de datos de recursos académicos, científicos e didácticos do Camiño de Santiago 'Rede Xacobea' é unha ferramenta que alberga datos dos investigadores vivos, institucións, actividades académicas e revistas dedicadas ao estudo do mundo xacobeo e as peregrinacións. Realizada por Paula Pita Galán, veu a luz como froito dos proxectos de investigación financiados en 2020 ao abeiro da Cátedra do Camiño.
A organización dos Premios Martín Códax da Música anunciou hoxe a posta en marcha da súa oitava edición, que abre o vindeiro luns día 23 de agosto o período de inscrición de propostas para as 17 categorías musicais convocadas, a través das que se porá o foco nos 51 proxectos que pasen á fase final. Mantéñense respecto da edición de 2000 as 17 categorías musicais, e en cada cada unha delas elixiranse tres propostas finalistas.
Foi presentada na Biblioteca pública municipal de Miño (A Coruña) a exposición 'Aquela nena de Sarria', na honra de Xela Arias, por térselle dedicado este ano o Día das Letras. No acto participaron o Alcalde de Miño, Manuel Vázquez Faraldo; Pura Galán Voutureira, en representación da Secretaría Xeral de Política Lingüística; a pintora e ilustradora lucense Sabela Arias, e o presidente de Egeria, Xulio Xiz.
O festival inclúe cinco concertos e a entrega do Premio Galimusic, o primeiro terá lugar o 22 de agosto no Consorcio Local Os Peares con Alejandro Gómez e Miguel Ángel Ortega Chavaldas, o segundo, o 27 de agosto no Mosteiro do Divino Salvador de Ferreira de Pantón, denominado 'Nacionalismo: Folclore e Tradición', e o seguinte o 28 de agosto na Igrexa do Parador de Santo Estevo de Ribas de Sil, co concerto A onde as negras ramas se estenden.
O ciclo O país das bandas, promovido pola Xunta e a Federación Galega de Bandas de Música Populares no marco da programación cultural do Xacobeo 21-22, chega o martes a Melide cun concerto da Unión Musical Ponteledesma. A actuación será ás 12,30 horas na Praza do Cantón. Ese mesmo día chegará a Triacastela e a Cervo con concertos da Banda Filarmónica de Lugo e da Banda de Música O Landro de Viveiro, respectivamente.
O Salón Teatro acolle a partir de mañá os últimos ensaios da nova produción do Centro Dramático Galego (CDG) Serva me, servabo te (axúdame e axudareite, en latín) para a súa representación neste espazo do 9 ao 26 de setembro. A estrea está prevista para o 5 de setembro no marco do Festival de Teatro Galego (FETEGA) do Carballiño, onde será espectáculo inaugural.
O 20 de agosto, cadrando coa data do pasamento de Avelino Pousa Antelo, na Casa do Concello de Teo (A Coruña), no auditorio Constante Liste, ás 12:00 horas, a Irmandade Avelino Pousa, xunto coa Irmandade Manuel María e a AC Xermolos, farán recoñecemento do VIII Caxado de Avelino ás irmás Marica e Tereixa Campo, pola íntima afectividade, amizade e lealdade a Avelino Pousa Antelo. Este recoñecemento cada ano baséase precisamente na valoración de afecto, relación limpa e lealdade á persoa de AVELINO POUSA.
'Hai unha cita que di que a historia comeza onde acaba a memoria da última xeración viva, e Ian Gibson é aí onde traballa, nun lugar onde conflúen os mitos, as lendas, a memoria da xente que vai entrevistando, que son memorias mediatizadas polo seus recordos, son historias con minúscula, individuais e subxectivas, e Ian ten, ou autoimponse, a tarefa de convertelas en historias con maiúscula'.